
Homofobia.
Pan por pan 12 xuño
Xa teño confesado aquí que en cuestións como o cine (sobre todo clásico), unha parte da música contemporánea, algúns grandes escritores e artistas USA e as series de televisión non son nada antinorteamericano. Prefiro os orixinais ás copias: gústame máis “Anatomía de Grey” que as versións españolizadas por aquí. Pois ben, Isaiah Washington, actor negro e doctor Preston Burke en “Anatomía de Grey”, foi despedido da serie por chamar “marica” a un compañeiro, o actor T.R. Knight, quen logo recoñeceu a súa homosexualidade. Os propios compañeiros de Washington non querían xa traballar con el. Nestas cousas os norteamericanos sonche moi seus: lembren a historia da novela “A mancha humana” de Philip Roth (logo levada ó cine con Anthony Hopkins e Nicole Kidman) onde un profesor de Universidade cae en desgraza tras chamar “negro” a un alumno das súas aulas.
A terminoloxía sempre dá problemas, e á hora da verdade o que se debe cuestionar é o trato: se é despectivo ou non contra esa persoa.
ResponderEliminarUSA monta líos ás veces por cuestións de moral absurda e innecesaria, e nos se cuestiona o que realmente está a provocar na meirande parte do mundo: mísiles mortais (auto)destrutivos contra a especie humana, vexetal e animal: o planeta terra. Unha auténtica bomba esquizofrénica de reloxería.
Os prexuizos contra os homosexuais seguen ahí,no subconscente colectivo.Un sector (fácilmente identificable) do noso querido PP acaba de vetar a Pepe Araujo como portavoz no concello,por esa condición.Lóxicamente,negaran-o rotundamente si alguién o insinúa...
ResponderEliminarO Troll ágrafo
Pois eu creo que se pasan un egg.
ResponderEliminarSe lle chama a un tipo "maricón" ou "burro" ou "fillo de puta", son cousas que aí están. Na linguaxe. Un pode compatibilizar iso con non ter nada contra os homosexuais, contra o gando asnal ou contra as traballadoras do sexo.
Suprimamos palabras como "xudiada", "coñazo" -ai esa referencia ao sexo feminino"- "carallazo" -ai esa referencia ao sexo masculino "putada", "conachada", etc.
Si me din que o actor negro este é un cabrón, paréceme ben que non quieran traballar con el. Agora ben, que a xustifiación sexa que lle chamou marica a un tipo, paréceme alucionoxenizante.
Por que se cadra inda o era... E a moito orgullo. Como os impresionistas, ou outros tantos quew asumiron o insulto como forma de afirmación "black power" non sería o mesmo que "afro-american power" ou "subsaharian power".
Con perdón, mariconadas.
Completamente de acordo co señor Etxe. O negro ese (ui, perdón) debe ser de armas tomar. Pero se é un tipo tratable e o botaron só por iso, daquela non estaríamos máis que diante dunha nova manifestación de idiocia e reunidade politicamente correctas.
ResponderEliminarXa sabedes que canta máis atención lle presta o poder á liguaxe máis fodidas están as cousas.Canto millor falados queren facer ós cibdadáns máis,mais os están fodendo...(Nos campos de concentración nazis había que ser moi ben falado)
ResponderEliminarA mín os eufemismos sempre me poñen en garda...
O Troll ágrafo