26 jun 2007



O díaño no corpo.


Andoliña 27 xuño (Imaxe de Sophie Anderson, Moza rezando)



A literatura presentou múltiples veces o amor como vehículo idóneo para exhibir condutas irracionais, ás veces moi próximas á loucura, dende o Romeo e Xulieta de Shakespeare ó Werther de Goethe, gran fecundador este de suicidios románticos na Europa do XIX.

Velaí a Doce Ferida que dicían os clásicos grecolatinos cando describían o aguillón de Eros, tan doce el como amargo a un tempo. Esa amargura impregna tamén obras mestras como O diaño no corpo, de Raymond Radiguet, escrita cando o autor contaba só vinte anos: por certo, unha carreira ben acelerada, o francés non viviu máis deses vinte anos e só deixou dúas novelas e algúns libros de versos. O protagonista de O diaño no corpo, novela seica tamén abondo autobiográfica (levada ó cine en 1947 por Claude Autant-Lara), é un mozo cínico, mentireiro, inmaturo, irresponsable, mesmo cruel. Case un neno, seduce unha muller casada, cando o seu home está na guerra do 14, e ela entrégase en corpo e alma a ese delirio: “Prefiro ser desgraciada contigo que feliz con el”, dille ó seu amante. É unha historia de amor paixón, sentida en carne viva por dous adolescentes: unha gran historia, perturbadora quizais pola súa mesma autenticidade.

25 comentarios:

  1. O amor é pureza, non desgraza.
    Preciosísimo cuadro, encántame!
    Bicos
    Yoli :-)

    ResponderEliminar
  2. ¡Qué sabrá usted del amor! ¿Pureza dice? ¡No! Dolor, desgracia y placer: si nos los siente, no sabe de que está hablando.

    ResponderEliminar
  3. O comentarista anónimo concorda con Bécquer e con Lope de Vega: "huir el rostro al claro desengaño,
    beber veneno por licor suave,
    olvidar el provecho, amar el daño;

    creer que un cielo en un infierno cabe,
    dar la vida y el alma a un desengaño;
    esto es amor, quien lo probó lo sabe."

    ResponderEliminar
  4. "Pero todo é inútil, vano esforzo,
    porque non poden roubar nada dise corpo
    que abrazan, nin penetrarse nin afundirse
    íntegramente, corpo con corpo,
    que é o único que realmente desexan.
    Tanta paixón inútil poñen en achegarse
    aos fíos de Venus, mentres os seus membros
    semellan confundirse, sometidos ao pracer.
    E despois, cando o desexo, nas veas, esvaece, o seu lume
    interrumpe a súa chama por un instante e logo volve un novo furor e renace a fogueira con máis forza ca antes.
    É que eles mesmos saben que non saben
    o que desexan e ao tempo procuran como saciaren ise desexo que os consume sen que poidan achar remedio para a súa enfermidade mortal: ata tal punto ignoran onde se agocha a secreta ferida que os corrompe.
    Lucrecio, De rerum natura, libro IV.

    ResponderEliminar
  5. Iso de que o amor é pureza tan só o din os do OPUS.

    Agora ben, se Moralla quere esperar ata o matrimonio, ela verá o que fai.

    ResponderEliminar
  6. O amor é unha goma elástica da que tiran dous,collida polos dentes.O primeiro que a solta,dalle ó outro nos morros.

    Jardiel Poncela

    ResponderEliminar
  7. O comentario do último anónimo parece insinuar que o sexo é impureza, o cal sí é un concepto opusiano. A pureza ou impureza do amor é independiente da súa consumación física.
    Seña pracer ou desgraza, o amor é embriagador:
    Mi pobre corazón de angustia herido
    y de locura, no podrá curarse
    de esta embriaguez de amor, ni libertarse
    de la prisión donde quedó sumido.
    Omar Khayyam

    ResponderEliminar
  8. ¡Que dulce esta inmensa trama!
    Tu cuerpo con mi alma, amor,
    y mi cuerpo con tu alma.
    JRJ

    ResponderEliminar
  9. "Víbora en rosicler, áspid en flor"

    ResponderEliminar
  10. Escribir de memoria é sempre motivo de erro: o poeta urdiu outro verso:
    Víbora en rosicler, áspid en lirio.

    ResponderEliminar
  11. "Es tan corto el amor y tan largo el olvido" ( Pablo Neruda )

    ResponderEliminar
  12. Citas todos interesantes e que complementan o espírito do fío. Supoño que alguén máis lería a novela de Radiguet. Algunha opinión? Eu lina hai bastantes anos e encantoume. Onte mesmo relina (é breve) para este post e non perdera o seu engado. Pero quizais outros non llo vexan...

    ResponderEliminar
  13. Eu como parezo ser maís mundano,recomendo un estupendo ensayo sobre o amor,en realidade:

    "Enamoramiento y amor"
    de Francesco Alberoni,italiano

    Fai unha análise sociolóxica do amor coma Instutución que afecta a dúas persoas somentes,eso sí,pero intitución o fin e o cabo.Identifica enamoramento con revolución e amor con institucionalización.Non ten desperdicio.

    O Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  14. En cuanto ó sexo,vou recomendar outro.A mín aclaróume moitísimas cousas.
    "Batallas en la cama" de Robin Baker.

    O título parece frívolo,pero en realidade é un estudo profundo da sexualidade humán.

    O Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  15. Home, sobre sexo máis que recomendar un libro, o que eu recomendaría... máis e mellor.

    ResponderEliminar
  16. Por qué será que en todalas tertulias diurnas acábase falando do sexo,e nas nocturnas de apariciós de mortos...
    O Troll

    ResponderEliminar
  17. Non sei por que falar de aparicións de mortos (ou de cousas que se crían mortas) non é tamén sexo. A resurrección da carne ten que ver con esto. Ou non?

    ResponderEliminar
  18. A min que me rexistren. O que quitou "o tema" foi vostede, amigo Troll.

    ResponderEliminar
  19. Eros e tánatos, efectivamente. La petite mort.
    Pero hai outras teorías sobre o amor. A que di que en moitas parellas hai un xogo de dous roles: o do Amante e o do Amado. Non é para espantarse, esta teoría?
    Unha outra teoría sobre o amor (o real, non o romántico ou o enfermizo) poderana ler nunha novela de Gustave Flaubert: "A educación sentimental" (supoño que nin traducida está ao galego). Tamén é a novela da desilusión e o fracaso, naturalment.

    ResponderEliminar
  20. Boeno senhor arume eu línlhe unha reflexión parecida a Saramago en..."Memorial do Convento",creo que era...
    O Troll

    ResponderEliminar
  21. Moi ben senhor swann,moi freudiano.Tamén lhe lín a algún prestixioso biólogo que o orgasmo e as súas emociós eran un residuo atávico do noso pasado celular,da morte por fusión con outra célula..
    O Troll

    ResponderEliminar
  22. Nas próximas vacacións haberá que ler "O díaño no corpo", e xa que vai de recomendacións vou facer a miña ,a pesar de ser moi coñecida."El último encuentro" unha novela preciosa , moi fácil de ler , curta , que describe perfectamente o valor da verdadeira amistade, situándoa incluso por riba do amor. Moito me gustou.

    ResponderEliminar
  23. Doniha,a mín non ma pegas.A tí págache o autor pra que andes polos blogs decindo que é boa,coma esas empresas que mandan a actores a manter unha conversa aparentemente natural acerca das bondades do produto nun metro abarrotado de xente...
    Boeno,a mín convencícheme.Xa o leo...

    O Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  24. Doniha,a mín non ma pegas.A tí págache o autor pra que andes polos blogs decindo que é boa,coma esas empresas que mandan a actores a manter unha conversa aparentemente natural acerca das bondades do produto nun metro abarrotado de xente...
    Boeno,a mín convencícheme.Xa o leo...

    O Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  25. Non lle ha pesar,xa mo dirá.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.