1 jul 2007


Aquele mover d´olhos excelente...

Pan por Pan domingo 1 xullo. Foto J.Simon.


“Aquele mover d’ olhos excelente,/ aquele vivo espírito inflamado/ do cristalino roto transparente…” cantaba Luís de Camoes nunha das súas elexías. E noutro poema o gran poeta portugués fala de “um mover d´olhos, brando e piadoso” e aínda noutra cantiga: “Ûa Dama, de malvada,/ tomou seus olhos na mâo/ e tirou-me û apedrada/ com eles ao coraçâo”. Os ollos da amada, a raíz da fascinación en centos de poemas de amor.

“Ojos garços ha la niña” cantaba Juan de la Encina: “Son tan bellos y tan bivos/ que a todos nos tienen cativos,/ mas muéstralos tan esquivos/ que roban el alegría”. Todo o mundo quere mirar eses ollos, de día e de noite, e o mesmo pasaba cos “Ojos claros, serenos” de Gutierre de Cetina. Noutro poema deste autor, o poeta canta á dama que se cobre os ollos coa man e logra así, igual que co astro rei, que o seu resplandor sexa máis levadeiro para o amado.

25 comentarios:

  1. Sempre adorei "Les yeux d'Elsa" de L. Aragon:
    Tes yeux sont si profonds qu'en me penchant pour boire
    J'ai vu tous les soleils y venir se mirer
    S'y jeter à mourir tous les désespérés
    Tes yeux sont si profonds que j'y perds la mémoire

    Poema enteiro e traducción

    ResponderEliminar
  2. Je te touche et je vois ton corps et tu respires
    Ce ne sont plus les jours du vivre séparés
    C’est toi tu vas-tu viens et je suis ton empire
    Pour le meilleur et le pire
    Et jamais tu ne fus si lointaine à mon gré

    Ensemble nous trouvons au pays des merveilles
    Le plaisir sérieux couleur de l’absolu
    Mais lorsque je reviens à nous que je m’éveille
    Si je soupire à ton oreille
    Comme des mots d’adieu tu ne les entends plus (...)

    Louis Aragon
    Cantique à Elsa

    ResponderEliminar
  3. Tom Jobim

    Quando a luz dos olhos meus
    E a luz dos olhos teus
    Resolvem se encontrar
    Ai que bom
    Que isso é meu Deus
    Que frio que me dá
    O encontro desse olhar
    Mas se a luz dos olhos teus
    Resiste aos olhos meus
    Só pra me provocar
    Meu amor, juro por Deus
    Me sinto incendiar
    Meu amor, juro por Deus
    Que a luz dos olhos meus
    Já não pode esperar
    Quero a luz dos olhos meus
    Na luz dos olhos teus
    Sem mais lá rá rá rá
    Pela luz dos olhos teus
    Eu acho, meu amor
    E só se pode achar
    Que a luz dos olhos meus
    Precisa se casar
    Quando a luz dos olhos meus
    E a luz dos olhos teus
    Resolvem se encontrar
    Ai que bom
    Que isso é meu Deus
    Que frio que me dá
    O encontro desse olhar
    Mas se a luz dos olhos teus
    Resiste aos olhos meus
    Só prá me provocar
    Meu amor juro por Deus
    Me sinto incendiar
    Meu amor juro por Deus
    Que a luz dos olhos meus
    Já não pode esperar
    Quero a luz dos olhos meus
    Na luz dos olhos teus
    Sem mais lá rá rá rá
    Pela luz dos olhos teus
    Eu acho, meu amor
    E só se pode achar
    Que a luz dos olhos meus
    Precisa se casar
    Precisa se casar
    Precisa se casar
    Precisa se casar
    Precisa se casar

    ResponderEliminar
  4. ARUME DOS PIÑEIROS
    Sinto aguar a festa, pero Lope ten o seu puntiño. Ando de reivindicador e divulgador seu:

    Esta cabeza, cuando viva, tuvo
    sobre la arquitectura destos huesos
    carne y cabellos, por quien fueron presos
    los ojos que mirándola detuvo.

    Aquí la rosa de la boca estuvo,
    marchita ya con tan helados besos,
    aquí los ojos de esmeralda impresos,
    color que tantas almas entretuvo.

    Aquí la estimativa en que tenía
    el principio de todo el movimiento,
    aquí de las potencias la armonía.

    ¡Oh hermosura mortal, cometa al viento!,
    ¿donde tan alta presunción vivía,
    desprecian los gusanos aposento?

    ResponderEliminar
  5. Sen dúbida vostedes coñecen a copla popular "Ollos verdes son traidores..." (quen non, que demande continuación sen reparo). O motivo desa tonalidade virá de vello, se lles damos forza testemuñal ás dúas cantigas de amor de Johan Garcia de Guilhade:

    Amigos, non poss' eu negar
    a gran coyta que d' amor ey,
    ca me vejo sandeu andar,
    e con sandece o direy:
    os olhos verdes que eu vi
    me fazen ora andar assí.

    Pero quen quer x' entenderá
    aquestes olhos quaes son,
    e d' est' alguen se queyxará;
    mays eu ja quer moyra quer non:
    os olhos verdes que eu vi
    me fazen ora andar assí.

    Pero non devia a perder
    ome que ja o sen non á
    de con sandece ren dizer,
    e con sandece digu' eu ja:
    os olhos verdes que eu vi
    me fazen ora andar assí.



    Por Deus! amigas, que será,
    poys que o mundo non é ren
    nen quer amig' a senhor ben?
    E este mundo que é ja,
    poys i amor non á poder?
    Que presta seu bon parecer
    nen seu bon talh' a quÊ-no á?

    Vedes por que o dig' assí:
    porque non á no mundo rey
    que viss' o talho que eu ey,
    que xe non morresse por mí
    (si quer meus olhos verdes son),
    e meu amig' agora non
    me viu, e passou per aquí!

    Mays dona que amig' ouver
    des oje mays (crea per Deus!)
    non s' esforç' Ê-nos olhos seus;
    ca des oy mays non lh' é mester:
    ca ja meus olhos viu alguen
    e meu bon talh', e ora ven
    e vay-se tanto que s' ir quer!

    E, poys que non á de valer
    bon talho nen bon parecer,
    parescamos ja como quer.



    Que terán o seu contrafactum no escarnio de Johan de Gaia:

    Eu convidei un prelado a jantar, se ben me venha.
    Diz el en est': -E meus narizes de color de berengenha?
    Vós avede-los alhos verdes, e matar-m'-íades con eles!

    -O jantar está guisado e, por Deus, amigo, trei-nos.
    Diz el en est': -E meus narizes color de figos çofeinos?
    Vós avedes os alhos verdes, e matar-m'-íades con eles!

    -Comede migu', e diran-nos cantares de Martin Moxa.
    Diz el en est': -E meus narizes color d' escarlata roxa?
    Vós avedes os alhos verdes, e matar-m'-íades con eles!

    -Comede migu', e dar-vos-ei Ûa gorda garça parda.
    Diz el en est': -E meus narizes color de rosa bastarda?
    Vós avedes os alhos verdes, e matar-m'-íades con eles!

    -Comede migu', e dar-vos-ei temporÂo figo maduro.
    Diz el en est': -E meus narizes color de môrece 'scuro?
    Vós avedes os alhos verdes e matar-m'-íades con eles!

    -Treides migu', e comeredes muitas boas assaduras.
    Diz el en est': -E meus narizes color de moras maduras?
    Vós avedes os alhos verdes, e matar-m'-íades con eles!


    E desculpen o brutal contraste temático, talvez xustificado pola graza incontestable (en criterio de quen remite).

    ResponderEliminar
  6. É máis que obvio que vostede, amigo González, ten un coñecemento das Cantigas medievais xa non exhaustivo, senón totalmente completo.

    ResponderEliminar
  7. Sieur swann,fáltanhle unhos poucos acordes a ritmo bossa-nova a súa última intervenÇao:

    IIm7 VIIdis Imaj7 I9 IVm7 Imaj9

    Asim,melhor..

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  8. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  9. Qué bonitos ojos tienes
    delante de tus orejas
    delante de tus orejas
    que bonitos ojos tienes
    Malagueeeeeeñaaa salerooosaaa

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  10. Tamén se podía falar do "Terceiro olho",punto importante na filosofía tibetana...

    E tamén hai un relato de Quevedo acerca de outro olho,que se enfadóu có resto das`partes do corpo...

    ResponderEliminar
  11. ¿Tenhen escoitado falar da "mirada copulatoria"? é un concepto etolóxico importante.Venho de comprobar que hai varias entradas en google...

    ResponderEliminar
  12. A importancia dos ollos na poesía amorosa debe ao neoplatonismo un dos seus fundamentos. A lectura de Marsilio Ficino ou de Leon Hebreo permite explicar como entenden os poetas do renacimento e posteriores o enamoramento a través dos ollos, vehículo exclusivo para a fusión das almas. Na versión vulgar dese neoplatonismo que os poetas formulan as almas dos amantes comunícanse polos ollos e con este sinxelo planteamento son capaces de urdir miles de versos amorosos.
    Por suposto, non todos os poetas son neoplatónicos e ás veces o poeta gusta de visitar de forma ocasional ese modo de ver o amor do neoplatonismo, sen abrazar siquera o cerne de tal philosophia amoris. Podemos dicir que máis ca poetas neoplatónicos, hai poemas neoplatónicos ou mesmo versos, en contradicción ou diálogo con outros. Pero sempre esa idea da transmisión do amor está latente na mentalidade de tales poetas. Nos románticos (clasizantes, que son case todos) tamén, pero sen saberen de onde ven a fórmula.

    E para complicar máis este asunto, un poema entre amoroso e satírico A una dama bizca y hermosa, de Quevedo,

    Si a una parte miraran solamente
    vuestros ojos, ¿cuál parte no abrasaran?
    Y si a diversas partes no miraran,
    se helaran el ocaso o el Oriente.

    El mirar zambo y zurdo es delincuente;
    vuestras luces izquierdas lo declaran,
    pues con mira engañosa nos disparan
    facinerosa luz, dulce y ardiente.

    Lo que no miran ven, y son despojos
    suyos cuantos los ven, y su conquista
    da a l'alma tantos premios como enojos.

    ¿Qué ley, pues, pudo mover al mal jurista
    a que, siendo monarcas los dos ojos,
    los llamase vizcondes de la vista?

    ResponderEliminar
  13. Moi ben,moi ben.Pro toda xente fa la dos olhos abertos,esquenÇendo o simbolismo dos olhos pechados...

    Mr Troll ágrafo

    (¿De qué cor sería o olho que segu
    ía a Caín ó este do Edén.Xa o discutirían en Bizancio...?)

    ResponderEliminar
  14. Estrañoume un tanto, Arume, que -quizá por evitar o fastío da reiteración- non trouxese vde. aquí a Petrarca, segundo agardaba eu desde onte. Recupero eu logo, após consulta rápida de certo traballo académico e persoal, a tirada inicial da canción LXXI e mailo soneto XCIV, en versión primixenia e tradución galega do de sempre (Darío Xohán Cabana).

    LXXI
    Perché la vita è breve
    e l’ingegno paventa a l’alta impresa,
    né di lui né di lei molto mi fido;
    ma spero che sia intesa
    là dov’io bramo e là dov’esser deve
    la doglia mia, la qual tacendo i’ grido.
    Occhi leggiadri dove Amor fa nido,
    a voi rivolgo il mio debile stile,
    pigro da sé, ma ’l gran piacer lo sprona;
    e chi di voi ragiona
    tien dal soggetto un abito gentile,
    che con l’ale amorose
    levando il parte d’ogni pensier vile;
    con queste alzato vengo a dir or cose,
    c’ho portate nel cor gran tempo ascose.
    ...

    ---

    LXXI
    Posto que a vida é breve
    e o enxeño se espaventa da alta lida,
    nin nel nin nela moito me confío:
    mais espero que oída
    sexa de quen eu quero e onde debe
    a miña dor, que inda calando chío.
    Ollos u Amor fai niño, pra vós guío
    o meu estilo débil, e anque é lento
    de seu xorne, o gran gozo mo aguilloa:
    e o que de vós razoa,
    obtén do tema un nobre sentimento
    que erguéndoo en ás de amor
    quítao de todo baixo pensamento;
    nelas alzado quero agora expor
    o que gardei gran tempo no meu cór.


    XCIV
    Quando giugne per gli occhi al cor profondo
    l’imagin donna, ogni altra indi si parte,
    e le vertù che l’anima comparte,
    lascian le membra, quasi immobil pondo.
    E del primo miracolo il secondo
    nasce talor, che la scacciata parte
    da sé stessa fuggendo arriva in parte
    che fa vendetta e ’l suo essilio giocondo.
    Quinci in duo vólti in color morto appare;
    perché ’ vigor che vivi gli mostrava
    da nessun lato è più là dove stava.
    E di questo in quel dì mi ricordava
    ch’i’ vidi duo amanti trasformare,
    e far qual io mi soglio in vista fare.

    ---

    XCIV
    Se polos ollos chega ó cór profundo
    a imaxe dona, calquera outra parte,
    e as virtudes que a ialma nos reparte
    deixan o corpo case moribundo.

    Do primeiro milagre outro segundo
    nace ás vegadas, e a expulsada parte,
    de si mesma fuxindo, chega a parte
    que o seu exilio vinga e fai xucundo.

    Así dous rostros pódense murchar,
    porque o vigor que vivos os mostraba
    non se encontra xa máis por onde estaba.

    E eu desto naquel día me lembraba
    no que vin dous amantes demudar
    e iguais ca min no aspecto semellar.


    Non discutirei, xaora, a xinea neoplatónica do motivo ocular como fonte, vehículo e tránsito amoroso. Ora ben, entendo sensato estimar outros camiños que discorren paralelos e, nalgún momento, probablemente se encontran con aquel. O popular, por exemplo.

    ResponderEliminar
  15. Nos olhos do novo arde o lume
    Nos olhos do velho brila a luz

    Victor Hugo

    (Qué cantidá de frases sobor dos olhos hai na rede)

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  16. O Sr González esqueceu esta cantiga anónima dos "séculos escuros":
    Tales ollos como los vosos
    non os hai en Portugal.
    Todo Portugal andei
    nunca taes ollos hachei.

    ResponderEliminar
  17. Ou esa cantiga portuguesa:

    Non olhes pra mín non olhes
    que eu non son o teu amor...

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  18. O sr. González vaille contar agora unha anécdota, pedindo de novo desculpa pro romper o engado deste fío (e que o amo da casa me chame á orde se o estima oportuno) con materia máis groseira.

    O caso é que un servidor, segundo xa quedou dito, foi corrector n' "A Nosa Terra" cando remataba a década dos setenta e comezaba a seguinte. En número que non lembro publicouse un poema do Millán Picouto que contiña os seguintes versos, non sendo que a memoria traizoe algo a literalidade:

    unha ollada só, longa e amante,
    pra comprendernos basta.

    Non sei que mala aura, xunto coa miña deficiente vixía, fixo que en vez do orixinal se publicase, canto ao primeiro verso, esta horrible variación:

    unha follada só, longa e amente...

    Supoño que o Millán debeu montar en cólera ben alta. Ora ben, marca da casa, enviou ao periódico solicitude de restitución, clásica, medida e digna dunha lectura se alguén atopa e indica aquí o número. No que lembro, direi que, logo de considerar "inhóspitos" os versos por min consentidos, ponderaba as indubidables capacidades "fecundatorias" pero escasamente "cognoscitivas" do moi malaventurado substantivo. Todo iso sen aludirme nin mencionarme persoalmente, cousa que non andaría lonxe de merecer.


    P.D.: AP-C, esquecíame: o cancioneiro trobadoresco é para min obxecto de traballo e devoción. Pero quen me dera facerme acredor da súa hipérbole.

    ResponderEliminar
  19. "basta" quere dicir "abonda" ou "chega", non?
    O de "follada" non queda mal nese contexto, o que pasa é que habería que encontar o substantivo normativo:

    un canivete só, longo e amante,
    para comprendernos chega.

    Sinónimos: foguete, ferrete, casquete (non polar), unha cancaneta, un polvo (españolismo recalcitrante), quen-vive, quique (pero non Henrique)...

    ResponderEliminar
  20. Gústame moito cando González (ou calquera outro) se pon a contar anécdotas, que, máis que desentoar, o que fan é darlle viveza ao fío. Pois, á fin e á postre, a vida está feita dunha suma de historias miúdas.

    (E, entre nós, esa variación ou gralla mellorou substancialmente o orixinal, xaora)

    ResponderEliminar
  21. unha aguilhada longa e amante...
    Mr Troll

    ResponderEliminar
  22. Bien sûr, Swann, aí "basta" é verbo e leva tal valor. Se chega a ser adxectivo, e "áspera", a mutación do verso quedaría completa, e nun sentido xa propio de fabliau.

    ResponderEliminar
  23. Un poco de pasta, basta, Giorrrrrrr.

    ResponderEliminar
  24. Basta,bestias bastardas,con vuestras vastas bostas,vistos vestigios y bastos bustos...

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  25. Obvio xa, supoño, para moitos, debo a destempo corrixir a miña mensaxe inicial neste fío: das dúas cantigas de Joan Garcia de Guilhade transcritas, a primeira é de amor e a segunda de amigo; non de amor as dúas, e é dato relevante.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.