31 jul 2007


CASA DE CITAS (remexendo no arquivo)


A esquerda perde a alma cando ten que gobernar

Cando a esquerda chega ó Goberno esquece calquera tipo de mobilizacións. Por iso fai falla seguir mobilizándose para dar sinais de vida. A subversión en democracia pasa por facer a revolución sen tomar o palacio de Inverno. Moitas das iniciativas de Zapatero teñen forza porque ten detrás o mundo latinoamericano. Por iso, as accións críticas teñen sentido: revelan que non se poden tomar decisións sen contar coa xente. A esquerda perde a alma cando goberna. Fan falla iniciativas que lle lembren que fai falla loitar por unha igualdade social efectiva.

Gianni Vattimo, filósofo italiano, nunha entrevista de El País, 20-I-2006.

3 comentarios:

  1. Agora lembro un relato de Alfred Polgar do seu libro A vida en minuscula ( editorial Acantilado) na que unha persoa que necesita axuda dende unha cabina intenta chamar a razon de estado. Ese relato serviume para entender o mundo e a politica.

    Lectura recomendada:

    Leonardo Sciascia " Candido o un soño siciliano".

    Fdo: Gustavo Peaguda

    ResponderEliminar
  2. Obviamente, ninguén se mobiliza contra si mesmo. Por iso o militante, sensu latu, non debería quedar en mero apoiante.

    ResponderEliminar
  3. Hai unhos señores,creo que lle chaman maltratadores,que dicen que queren moito á muller.Ö mellor hasta eles mesmos o creen.Quérenna moito no mundo da súa cabeza,por que logo no mundo real danlle cada paliza de medo.E as veces á muller segue sen xuzgar polos ACTOS durante anos...
    Moitas veces os políticos pórtanse coa mesma esquizofrenia.Parecen querer moito ó electorado cando falan,a veces parece que eles mesmos o creen.Aman moito á "Humanidade" ,pero os ACTOS desde o poder delatan que lles importa pouco a XENTE.E os ciudadáns,có Síndrome de Estocolmo...
    (Se non lles gostóu a parábola,teño outras.Por exemplo:
    y=x2+2x+1.Váise enfadar comigo XM Glz.)

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.