1 jul 2007







CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL





1972: XENTE AO LONXE

12 comentarios:

  1. Tiña Beiras que estar pondo a punto "O atraso económico de Galicia". O 72, a máis das mobilizacións obreiras de Ferrol e Vigo, foi tamén o ano da segunda gran folga universitaria, cunha intensidade descoñecida desde o 68. Algúns chegamos daquela á política, e anos despois andabamos a cantar cousas de Heriberto Bens, entre outros: "Conto", "Espranza xorda", "Hespaña"... Ningunha do meu repertorio, pero sabidas e entoadas como expresión dunha vivencia e empuxe novo que chegaba no país.

    ResponderEliminar
  2. Ai,que bunito o principiño...por certo ,non séi se existe traduzón ó galego de Xan Salvador Gaivota...

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  3. Ben bonito O Principiño, sen ningunha ironía, por suposto. Carlos Casares tiña (e ten a súa familia) unha longa colección de edicións do libro en todos os idiomas, que se expuxo en varias vilas ourensás. Habería que preparar algo importante arredor de O PRINCIPIÑO e pasealo por todo o país, polo seu significado en varias xeracións de galegos/as.

    ResponderEliminar
  4. A vostede,Marcos,de seguro que lho fixeron lér en FranÇais,coma min...XDD
    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  5. Lín varias veces o principiho na miha adolescéncia,pero sigo sendo de Jonathan Livingston Seagull
    Mr Troll

    ResponderEliminar
  6. ¿Será casualidade que os autores de ambos libros foran aviadores?
    Mr Troll

    ResponderEliminar
  7. Pois si, creo que o lin antes en francés que en galego, se non falla a memoria.

    ResponderEliminar
  8. O primeiro libro que lin en galego. Custoume moito pasar da primeira liña porque non entendía a palabra "año". Nin mirando para os debuxos.
    Sintomático, non?

    ResponderEliminar
  9. Boeno,sr swann,nótase que é vostede "de capital..."

    Mr Troll

    ResponderEliminar
  10. No debuxo,se non lembro mal,non estaba o agnus,había que imaxinalo dentro da caixa con buratos

    Mr Troll

    ResponderEliminar
  11. Recordo que a nosa profesora de francés puña tanto empeño en que léramos o Principiño en francés qué, está claro, ningún o lemos.
    Anos, moitos anos mais tarde, cando tiven fillos, linlles O PRINCIPIÑO en galego para durmilos e rematei cando o souberon de memoria.
    Lembreime de Aida - recordas X.M.GONZALEZ, a nai de Pedro Vila, compañeiro do Carro de Antón Campelo- e linllo en francés e, desgracidado de min, ¡xa non se durmían, senon, -coma dicía Uxio o máis novo- soñaban

    ResponderEliminar
  12. Non sei como non se lhe ocorréu a algún esrbir algúnha continuación do Principiño.Cando un persoaxe literario se fai famoso,outros autores o usan...Hay novelas de Sherlock Holmes que non foron escritas por Conan Doyle,por poñer un dos miles de exemplos...

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.