10 jul 2007


Máis paxaros e niños.

Pan por Pan martes 10 xullo
(Pagou a pena escribir este breve artigo só por encontrar en Internet o fermoso xilgueiro de C. Fabritius, pintor holandés da Escola de Delft, do s. XVII, que utilizo para ilustralo)

Algúns exemplos máis, no ronsel dos citados o domingo, sobre as imaxes sexuais dos paxaros nas coplas populares. Velaí: “Ai, que demo de paxaro/ onde foi facer o niño;/ entre as pernas dunha nena/ naquel mesmo buratiño”.
Ou esta recomendación do antroido: “Moito ollo rapazas,/ as que andades na farula,/ coidadiño con deixar/ tocar nos niños de rula”.
Mariño Ferro engade unha cantiga que xoga coa polisemia do niño nas tellas. Se hai paxaros que fan os seus niños nos tellados, estes móllanse cando chove, obvia connotación sexual: “Mari Pepa ten un niño/ entre as tellas do tellado,/ o niño de Mari Pepa/ cando chove está mollado”. Os poetas do pobo, con todo, só seguen os vellos esquemas da mitoloxía e das letras clásicas: pensen no mito de Leda e o cisne, por exemplo; no galo como símbolo da luxuria ou na soberbia que representa o pavo real.

23 comentarios:

  1. Eu penso que temos que cambiar ese concepto que temos dos mitos.

    No caso de valorar en exceso, ou non valorar, a algunha xente:
    (non)mitificación=prexuízo=descoñecemento real.

    En relación ao que escribes aquí (fermoso texto por certo). Os mitos clásicos son conservadores e machistas (Leda e o cine, Tetis e Zeus). Valoro a maxia, a fantaxía e a imaxinación que proxectan. Agora ben, cada persoa, cada escritor de ficción, teatro ou poesía pode REINTERPRETALOS ao seu xeito, (RE)aportando novos significados persoais e simbólicos ás personaxes de certas lendas mitolóxicas. A REcreación tamén contribúe á creación e ao enriquecemento da literatura.
    Outra opción xa é a creación COMPPLETA de mundos interiores. Grandes autores ao longo da historia así o fixeron.
    Bicos
    Yoli

    ResponderEliminar
  2. Outro día tén que falar dos corvos e as súas conotaciós mitolóxicas.Tamén son paxaros no senso ornitolóxico(é o passeriforme máis grande).Son moi intelixentes.Asegún a mitoloxía grega eran brancos ó prencipio,hastra que Apolo se cabreóu con él,pro aparecen en todalas mitoloxías.OS da torre de London sónlhe bén senhoritos...
    Non lembro arastora cantiga galega sobor dos corvos...
    Mr Troll córax

    ResponderEliminar
  3. Falaremos dos corvos en calquera momento, por suposto. Seguro que aparecen exemplos na poesía popular. E na culta aí está a presenza xigantesca de PONDAL e os seus FEROS CORVOS DE XALLAS... Do seu simbolismo escribiu páxinas ben sabias M.FORCADELA en "A harpan e a terra" (Xerais).

    ResponderEliminar
  4. E tantos e tantos galegos que acabaron de bichiños por non iren a San Andrés de Teixido de vivos...

    ResponderEliminar
  5. Eu xa non,je je.Que fun de vivo,é botéi o pan na fonte,o colhín a erba de namorar,e comín persebes no restoránte que hai a carón do santuario.
    Claro que,eso xa foi antes do prestige.Creo que os que fomos antes do do prestige,xa non contan pro de volverse bichiño.Hai qie volver.Esa é a nova versión da lenda,que mo dixo en sonhos o S.Andrés...

    Mr Troll teixugo

    ResponderEliminar
  6. E de cáns e gatos,que non me era raro que andivera por aquí a Sra.Pallarés,e podería decir alguma coisa...

    Pola ponte de San Xoan
    vintecinco cegos van,


    Cada cego coa sua moza
    cada moza co seu can,

    Cada can co seu gato
    cada gato co seu rato,

    Cada rato coa sua espiga
    cada espiga co seu grao

    (Tr-adicional)

    ResponderEliminar
  7. Un pode usar un símbolo con varios significados, xogar con eles como ironía, co obxectivo de denunciar algo e ao mesmo tempo defender outra cousa: duplicidade de alegorías.
    A literatura é saber ler moito entre liñas.
    Ás veces os escritores nos vemos obrigados a usar a cursiva, e aínda así custa transmitir o que desexamos. Eu enténdeo ata certo punto. Sempre hai unha distancia entre o pensamento do que escribe e o do lector: entrando aquí diferenzas de xénero, culturais, xeracionais, persoais, incluso de prexuízos - isto é o que me cabrea, o lector lánzase á piscina sen ter a seguridade do que o escritor pretende transmitir e prexulga sen coñecer en profundidade, e xeralmente faino en público, coas consecuencias negativas para o escritor, que puxo os seus esforzos e paixóns para elaborar os seus escritos-.
    A min pásame con algunha xente, que interpreta mal o que escribo.
    De acordo, no caso da poesía, hai algúnha tipoloxía na que o marabilloso é que cada un interprete libremente o que os versos lle suxiren. Mais na poesía social o autor sempre ten inxustizas concretas que devece por reivindicar. E o que non podemos é renunciar á nosa linguaxe persoal e metafórica que levamos dentro e que desexamos botar campo ou ceo a través.
    Apertas

    ResponderEliminar
  8. Hai que lembrar tamén os poemas ás tórtoras, símbolo de fidelidade ata e despois da morte, ou aos papagaios, coma aquel de Marcial que aínda non escoitara a ninguén para imitar e xa sabía dicir "Ave César". Para que vexan que espontáneas e naturais saen a adulación e a preitesía.

    ResponderEliminar
  9. Non vou entrar ao trapo máis, respeto a súa opinión.
    Eu recomendaríalle contemplar o vaso medio cheo, e non medio baleiro, con máis frecuencia.
    Non o saudarei estilo Ave César, non vai coa miña personalidade.
    Desfrute do día, compañeiro
    :-)

    ResponderEliminar
  10. Moralla: Optimizar o grao de identificación entre o que o lector interpreta e o que o escritor quere dicir é resposabilidade fundamental,na minha ágrafa opinión, de quen escribe,non de quen lée.
    Non entendo,sinceiramente,que se enfade có lector por que non entende o que quere dicir.Lóxicamente,os conhcementos previos,a cultura,a edade,a ideoloxía etc...do lector van a influir tanto no que interpreta él coma o que escriba vostede,pero iso é o dereito qie lhe asiste coma lector.O escritor tén que contar con iso,son as reglas do xogo.
    Claro que todos os escritores adoecen por lectores exquisitos.Xa decía Borges que é máis difícil ser bó lector que escritor,non séi se lho lín ó Marcos nalgún dos seus artigos...

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  11. Estóu totalmente de acordo con Mr. Troll Agrafo. Se un lector non percibe o que o escritor quixo decir, o escritor non está a altura. E xa queda por debaixo do betún si ademáis se cabrea. Querer facer entender o séu adentro pola forza ante quen se expón e mala política (forma de facer).
    Outra cousa Moralla: Menos academicismo.

    Nónima Picalleira.

    ResponderEliminar
  12. Àmiga Moralla: non o dirá por mín. Eu escribín o meu post no mesmo instante, simultáneamente ao seu, como pode comprobar se mira a hora en que foi escrito 9,32. Se le ben, non ten nada que ver, pero nada nada. Eu seguín o fío dos paxaros. Creo que hai un monumental malentendido. Se é que son eu o aludido.

    ResponderEliminar
  13. Haxa paz, se me desculpan, e celebrémola con esta pastorela de Don Denís:

    Unha pastor bem talhada
    cuidava em seu amigo,
    e estava, bem vos digo,
    per quant' eu vi, mui coitada;
    e diss': oi mais nom é nada
    de fiar per namorado
    nunca molher namorada,
    pois que mi o meu a errado.

    Ela tragia na mão
    um papagai mui fremoso,
    cantando mui saboroso,
    ca entrava o verão;
    e diss': "Amigo loução,
    que faria per amores,
    pois m' errastes tam em vão?"
    E caeu antr' unhas flores.

    Unha gram peça do dia
    jouv' ali, que nom falava,
    e a vezes acordava
    e a vezes esmorecia;
    e diss': "Ai Santa Maria!
    que será de mim agora?"
    E o papagai dizia:
    "Bem, por quant' eu sei, senhora".

    "Se me queres dar guarida",
    diss' a pastor, "di verdade,
    papagai, por caridade,
    ca morte m' é esta vida".
    Diss' el: "Senhora comprida
    de bem, e nom vos queixedes,
    ca o que vos a servida,
    erged' olho e vee-lo-edes".

    ResponderEliminar
  14. Moralla ten un problema: é demasiado susceptible e insegura, por iso sempre se cabrea aínda que non aludan a ela.

    ResponderEliminar
  15. Os artigos que fai, en plan desbarre seudopoético, son indixestos a máis non poder. E logo queixase de que os lectores non a entenden. Se non se entende nin ela mesma.

    ResponderEliminar
  16. Paxariño ,pena verde
    que cantas no meu xardín
    tódalas penas se acaban
    sólo a miña non ten fin.

    (Foliada de Allariz)

    Caralho pra ésta:

    Éiche de mercar un porco
    que sexa gordo e rabelo
    non precisas de mercalo
    métete tí no cortello.
    (Foliada do porco)

    De ónde ves María
    veño da verdura
    qué lindos repolos
    ten o señor cura
    (Estrofa de "señor cura")

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  17. Continuación da do señor cura:

    Ten o señor cura
    debaixo da saia.
    De onde vés, María?
    Veño da ensalada.

    ResponderEliminar
  18. Porco porquiño
    qué porco és
    enlarafuzado
    así como vés.

    Metín a cabeza
    onde a hai que meter
    e polo gusto
    sóupome ben.

    E ónde a metiches
    si se pode saber?
    Métina no pote
    só pra comer.

    (Fervores de verán)
    Concello de Merlín.

    Nónima Picatola.

    ResponderEliminar
  19. Pica tola na galha
    facendo ruído
    por qué non te calas
    e fágoche un filho

    Inventado por Trolh ágrapho pra Nónima según o prometido."Pica" é o nome latino de "pega" ("urraca")
    Mr Trolh

    ResponderEliminar
  20. O Troll monstruoso
    que vai de Herudito
    non é máis cun stolidus
    con egocentrismo.

    Padece Agrafía
    xa che fai ben anos
    o que pasa e que agrávase
    como todo si é malo.

    Estírese un pouco
    e non sexa estreñido
    si todo o fai así
    mal vai saír o fillo.

    E pra facerme calar
    terá que dar moitas voltas
    non sabe bastante latín
    pra que lle salgan as contas.

    E deixe xa o diccionario
    pra rimar algo con xeito
    non sexa tan estreñido
    e faga algo o dereito.

    E agora que é tan chulapo
    ¡dedíqueme outra o advenedizo!
    e non me explique a éstas alturas
    o nome co que me bautizo.

    Nónima Picasacoios.

    ResponderEliminar
  21. ¡Nónima pica-saca-piolhos!
    Aínda venho de ler agora mesmo esta resposta súa ó encendido i romántico poema que lhe dediquéi.
    Estaba afundido no blog e non o vira.¡É un poema-pecio-precioso!

    Xa lho contexto tan pronto podia.Tenho de mercar un dicionario de rimas en galego.Non séi se hai algún...

    ResponderEliminar
  22. En troll,como en óso,
    mostruoso é bunito
    pro quedéi doído
    co eso de expedito.

    A Heterografía
    coa que fago estragos
    xa vai téndo un pase,
    aprendo de estranos.

    Estiro o que podo
    pouquiño a pouquiño
    axúdeme,así,así...
    (eu sonlle moi pillo)

    Pra facela calar
    héille de dar volta
    pro pasa que a mín
    góstanme esas loitas

    O confesionario
    xa non me da medo
    por iso,o do filho,
    por mín xa está feito

    Se o neno sae guapo,
    como garantizo,
    disfrutará o cura
    moito no bautizo...

    ResponderEliminar
  23. (En honor ó seu fermoso poema,riméi as minhas estrofas coas súas.¿Non lhe parece romántico?)

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.