4 jul 2007


Mulleres activas.

Pan por Pan 5 xullo. Imaxe: Maternidade, de Arturo Souto.

De todo hai, insisto, no noso cancioneiro popular: por exemplo, mulleres de todos os tipos. Velaí esta irónica defensa da muller casada, pero só por horas: “Quen me dera poder sempre/ ó deitarme ser casada/ e á mañán, ó erguerme, / estar como antes estaba”.
Ou esta valente reivindicación da muller activa, mesmo no plano sexual: “Anque che son piquiniña,/ redonda como unha noz,/ teño de darche combate/ tres horas polo relós”.
Non falta a visión tradicional, máis convencional na denuncia das “liberdades” das féminas: “As rapaciñas de agora/ son pequenas como ratos;/ andan no medio dos toxos/ con barrigas como sapos”.
E hai tamén coplas que falan do maltrato ás mulleres, mesmo xustificándoo. Pero esta sería doutra fasquía ben diferente: “A muller pegoulle ó home/ cunhas cestas dun sarillo;/ xa que pode, está ben feito/ que castigue ó seu marido”.

19 comentarios:

  1. E ben merece ser lembrada esa pintura da nai boa e case celestial: miña nai, miña naiciña / como miña nai ningunha / que quentaba a miña cara / co calorciño da súa.

    ResponderEliminar
  2. I esta outra,reivindicando respeto durante o acto sexual:

    No me hagas el amor en el camino
    que no soy una cadela
    andas con los testículos arrastro
    y me llenas la vagina de tierra...

    Mr Troll

    ResponderEliminar
  3. (Puxena en castelán,máis fino,que en galego igual non ma poñen...
    Mr Troll

    ResponderEliminar
  4. E homes ...

    Hombre pequeñito, hombre pequeñito.
    Suelta tu canario que quiere volar ...
    Yo soy el canario, hombre pequeñito,
    Déjame saltar.

    Estuve en tu jaula, hombre pequeñito,
    Hombre pequeñito que jaula me das.
    Digo pequeñito porque no me entiendes,
    Ni me entenderás.

    Tampoco te entiendo, pero mientras tanto
    Abreme la jaula que quiero escapar;
    Hombre pequeñito, te amé media hora,
    No me pidas más.

    ALFONSINA STORNI.

    E non hai máis que falar!

    Nónima.

    ResponderEliminar
  5. Xa,pero acabóu coa súa vida,posiblemente a causa do home pequeñito...
    Mr Troll ágrafo...

    Por la blanda arena que lame el mar,su pequeña huella no vuelve más...

    ResponderEliminar
  6. Sr Valcárcel,dígame se ten o libro "Cancionero musical de Galicia",reunido por Castro Sampedro y Folgar,con notas de José Filgueira Valverde.Se non o ten,fágolhe chegar unha copia encuadernada da reimpresión facsímil de 1942...
    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  7. Casadiña de tres días
    quen che tiróu os colores
    nin casada nin solteira
    nunca ch´os tiven mellores...

    (Na páxina 101 do libro mencionado)

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  8. O amor qu´ha de der meu
    ha de ter a mau lixeira
    ha de colle a rosiña
    sen abalar a roseira

    p.98

    Mr troll ágrafo

    ResponderEliminar
  9. Impresionante. É todo isto publicouse en 1942?

    ResponderEliminar
  10. O que tenho eu é unha reimpresión facsímil da edición de 1942,con máis introducción,notas etc...

    tiñas os olliños negros
    inda agora os reparéi
    si reparara máis cedo
    non amara a quen améi

    (Bergantiños)


    Non te quero por bonita
    que xa séi que non a és
    quérote por moreniña
    e pola ley que me tés

    (Ulla)

    p.99
    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  11. Joder,que nos séi nin o que tenho.Ahora apareceron dous libros recopilatorios de cancións galegas,escritos a máquina de un tal José Paredes Pardo,de Campelo,Poio,do 1995 e 1998.Estes acredito que mos dera o Suso Vaamonde...

    Críate,vaite criando
    rosa branca do xardín
    críate,vaite criando
    que te crías para mín

    (n.92)

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  12. Este Mr. Troll ágrafo é unha caixa de sorpresas. E ademais é un tipo bastante simpático. Moito máis do que prometía.

    ResponderEliminar
  13. Si, realmente Mr. Troll é ben simpático. E ten unha propia e intransferible erudición, xaora. Anima moito o blog e agradécese.

    ResponderEliminar
  14. A MR. TROLL.

    Equivócase vostede coa súa erudición. Tiña máis luces que acabar coa súa vida por un home. Acabóuna por decisión propia. Foi unha eutanasia prematura pola propia man.

    Hombres ombligo? ...

    Me miro y me miro
    y me vuelvo a mirar,
    me miro y me veo
    y no hay nadie más.

    Por mí ocurre todo
    y no hay más que hablar
    por mí ocurre todo
    cuándo yo falte, del mundo qué será.

    (Pensamiento del hombre sol).

    Nónima.

    ResponderEliminar
  15. Para Sr.Troll. Non, non teño o libro que cita, aínda que o teño consultado algunha vez. Se quere deixarme calquera cousa, pode facelo na Conserxería do Liceo que logo xa mon entregan de inmediato. Graciñas.

    ResponderEliminar
  16. Ei,nónima.Moi bó o do home-embigo.

    Eu non son Herudito
    nin o quero ser
    pro pago dinheiro
    se é para aprender...

    (Mr Troll ágrafo,a-nómino,pasando a Barcala)

    ResponderEliminar
  17. A MR. TROLL AGRAFO.

    Paréceme ben
    Que pague diñeiro
    Cántos ricachóns
    Son analfabetos.

    Pero teña coidado
    Non se vaia arruinar
    E moito máis barato
    Mirar e observar.

    Apréndese tanto
    De tanto mirar
    Que as veces o que aprendes
    E a querer olvidar.

    Enténdo ó que se refire
    E compartóo tamén
    Pero quería réplica
    Como toda muller.

    Pero non se engane
    Que o de muller
    Non é connotación ningunha
    Nin para mal nin para ben.

    (Pensamentos-Pasatempos sen importancia).

    Nónima Picafror.

    ResponderEliminar
  18. Nónima:
    É a primeira volta que me dedican unha copla,non sabe que bén lhe ben ó méu patolóxico ego.Qué razóm tinha o meu sicólogo (vendedor de figos) ó ordeñarme este blog.Graciñas.A outras horas,escríbolhe eu outra, que eu tardo moito,sóio séi rimar tempos verbáis,e pra iso en asonante,som moi mau poeta e tenho que ir mirando dicionarios,e así.
    Qué contentinho estóu.O número de coplas que lhe dedicaron a un debía contar pra curriculum...

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.