11 jul 2007

PAXAROS E CEREIXAS
Pan por Pan 11 xullo. Imaxe de Hans Baldung Grien, Adan e Eva, 1531.
Dende que lin o estudo de Mariño Ferro, “O sexo na poesía popular” (Ed.do Cumio, 1995), xa ningunha lectura de coplas é inocente. Se un le, por exemplo, cousa tan fermosa como esta: “O paxaro de María/ anda nas miñas cereixas;/ come paxariño, come,/ que hei de ver as que me deixas”, quizais non atine no seu carácter simbólico: as cereixas, ó estar unidas a pares, representan os testículos e o paxaro que as come é, entón, a vulva feminina.
Nese libro aprendín que pouco hai na literatura popular sen connotacións sexuais. Velaí unha posible lista (incompleta) de símbolos: as cunchas, ameixas, berberechos, navallas, tellas, castañas, o caravel, o xogo das bugalliñas, a troita, a ola, o pozo, o xerro, a chocolateira, o forno, a máquina do tren, a campá, o dedal, os zapatos, a aña, a tea de liño, o coello, a lebre, a rata e o ourizo, ademais dos paxaros dos que falamos nestes días.

12 comentarios:

  1. Póde estar bén seguro de que vou mercar ese libro ipso facto,sr Marcos,e poñelo ó lado de un par deles que teño sobre propaganda subliminal.Acabaréilho recomendando a un par de creativos publicitarios...
    Mr Troll Ogilvy

    ResponderEliminar
  2. E o cuadro non ten desperdicio
    Mr Troll

    ResponderEliminar
  3. "Alta estaba la peña/nace la malva en ella..." En clase de literatura medieval tiven unprofe ao que lle encantaban as referencias sexuais na poesía e na narrativa en xeral. Sempre puña algo desto no exame. Ría moito nas súas clases. Coido que eu tamén me farei co libro. Unha aperta

    ResponderEliminar
  4. As nenas bunitas
    son como as cireixas
    que tódolos homes
    queremos comelas

    (Foliada de Barreiros)

    Paxaro que vas voando
    e levas fío no pico
    tráimo á casa pra cosere
    o meu corazón ferido

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  5. Varias,surtidas:

    O crego da miña aldea
    ten as cirolas rachadas
    que as rachóu nsa silveiras
    ó correr tras da criada


    Pensando que te casabas
    fixeches a permanente
    fixéchela vinte veces
    e quedáches coma estabas

    Non pode un home de ben
    entra en ningunha casa
    se é casado,marmuran
    se é solteiro,xa o casan

    Se eu soubera enamorar
    coma séi bebe-lo viño
    non me había de quedar
    a filla de ningun veciño

    esta noite e máis a outra
    e mais a noite pasada
    abaléi unha pereira
    que nunca fora abalada

    A ilusión da miña vida
    foi casar con home alto
    agora teño na casa
    o pendón do Jueves Santo

    ö paxaro do veciño
    téñeno á porta do sastre
    pra lle facer un vestido
    có pelexo dun tomate

    Canta rula canta rula
    canta rula naquel souto
    ben che pode un esperare
    polo que está na man doutro

    paxariño que vas voando
    e que vas movendo o pico
    que che me dera saber
    dónde veñen eses bicos

    Mr Troll ágrafo

    (Aprendéinas bén que prá semana fágobos o enxame)

    ResponderEliminar
  6. Agora xa nos imos achegando ao tema que me gusta... a froita prohibida :-)
    Tantos paxariños emprumados cando o auténtico erotismo está neses xugosos obxetos de pel lisa ou de veludo e formas suxerentes...

    ResponderEliminar
  7. Pois ilústrenos sobre ese tema, prezada señorita Lourixe. Comparta con nós as súas xugosas reflexións.

    ResponderEliminar
  8. Sr. a.p.-c. resultaría de mal gusto repetir aquí os meus exhibicionismos arroutados, non cree? Para alén que Don Marcos seguro que é quen de atopar luxuriosas e afroitadas referencias literarias.

    ResponderEliminar
  9. Nada do que faga vostede, señorita Lourixe, pode ser de mal gusto, abofé que non. O seu "exhibicionismo" hortofrutícula é, sen dúbida, do máis refrescante e simpático, a teor do que acabo de ollar grazas ao seu enlace.

    ResponderEliminar
  10. Hortofroitícola, tiña que dicir nesta ocasión. Desculpen este novo erro.

    ResponderEliminar
  11. Si os queréis hacer preñada
    tomad, sin que se publique,
    zanahoria encañutada,
    con zumo de riñonada
    sacado por alambique;

    Ante noche y de mañana
    lo tomad con devoción,
    y aun cada vez que hayáis gana,
    porque esta es cosa tan sana
    que siempre tiene sazón.

    Y mientras aquesto dura
    haced siempre movimiento,
    y si no obra natura,
    buscaréis cabalgadura
    que sea más a contento:

    no os dará ninguna pena,
    antes placer y sabor;
    y esta recepta es tan buena
    que ni Hipocrás ni Avicena
    os la podrían dar mejor.

    ResponderEliminar
  12. Hai un refrán inglés que dí:
    "O paxaro que madruga é o que come o verme"
    E díxolhe o galego ó inglés:
    Aínda madrugóu máis o verme.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.