28 sept 2007

Canción francesa

Segundo me informa un dos meus compañeiros de instituto (J.M. Fidalgo, de Francés), este é un dos cantantes de moda na Francia irmá. Cantou o 14 de xullo no Campo de Marte, convidado por Sarkozy, ante unhas seiscentas mil persoas.
Velaí un video, que me envia o amigo Tacho:
Michel Polnareff - La poupee qui fait non

http://www.youtube.com/watch?v=ew40aVf88ac&mode=related&search=

(A min persoalmente non me gusta, sobre todo despois de escoitar as ligazóns dos amigos de Frank Sinatra. Pero...)

71 comentarios:

  1. Deseguro lembran esta outra boneca.Por certo ¡como desafina!

    poupée de cire

    ResponderEliminar
  2. Para os angófilos irredentos escoitarmos o rock (ou cousa moderna, fóra do clásico Piaf, Aznavour, Montand, Becaud, Greco, ou Brassens e o afillado Brel) en francés é esforzo vano. Prefiro mesmo a Chevalier que a Halliday (lido alidái).

    ResponderEliminar
  3. Literatura: tanto en inglés como en francés, aínda que francesa do XIX supera á británica/americana.

    Música: aquí toda a música en inglés, empezando polo jazz e terminando polo rocanrol, dálle mil voltas á francesa. Por poñer un exemplo, non se pode comparar a gorgoriñante voz de pito cebado de Chevalier, acaompañada de trescentos mil acordeóns, coa voz suave, atercipelada, de Billie Halliday, de Ella Fitzgerald, de Bessie Smith, de Sarah Vaughan nun fondo de contrabaixo, batería, saxos e trompetas...
    Nem ponto de comparazón!

    ResponderEliminar
  4. Vaia,M.Swann,non se pode decir que teña vostede mal gusto musical,non...
    Tamén é certo que a música francesa de calidade,que a hai,non é tan coñecida.

    ResponderEliminar
  5. Este señor é bastante comercial,pero tén algunhas boas,mesmo de jazz.Enlazo esta pola letra,que a música non ten nada de particular.

    il changeait la vie

    Esta é a letra,de seguro lle gostará ós que sexan mestres:

    letra

    ResponderEliminar
  6. Eu, como se poderá entender, non falo da Billie Holiday, senón de Johnny Halliday, ese espantallo de coiro que está exilado fiscalmente (como tantos outros) en Suíza e representante xenuino do r&r galo, un oxymoron semellante ao célebre de "pensamento navarro", con perdón. O Maurice Chevalier aínda lle petaba ao mel con mel coa súa imaxe de rancio chansonnier: unha marca de época. Halliday, nen iso.

    ResponderEliminar
  7. A Chevalier poñíano nas películas a cantar pois descubriron que as donas anglo-americanas ficaban ao escoitar a aquel cara de acelga falando nun inglés cun acento tan romántico...

    Rancio, rancio o estilo de Chevalier. Recordo un musical, "Gigi", dirixido por Vincent Minelli, na que "traballaba" (como se dicía antes) Leslie Caron, "a la sazón" muller ou amante do director. Pois ben, estes dous formaban parela, e os adxectivos que me veñen ámente para describir a película son manteigoso, acaramelado, meloso (con perdón de apicultor), chiclesco, marmeladento...
    Onde estean musicais como "My Fair Lady", ou "On the town", ou "Singing in the rain"...

    ResponderEliminar
  8. Vaia, vaia, menos desprezo. Persoalmente encontro extremadamente difícil superar isto.

    ResponderEliminar
  9. De agora góstame moito Pauline Croze, e por suposto Carla Bruni.

    ResponderEliminar
  10. Estou de novo con XMG. Pensei que ninguén se ía acordar de EDITH PIAF. E dos musicais, a propósito do comentario de M.Swan, é un xénero co que sempre tiven distancias pero salvo, por suposto, MY FAIR LADY, e ademais CANTANDO BAJO LA LLUVIA, e das novas WEST SIDE STORY.

    ResponderEliminar
  11. Gustarán máis ou menos o estilo e as persoas, pero a lírica francesa é impresionante.

    ResponderEliminar
  12. Que teña que ser eu que me acorde de este...

    moustaki

    ResponderEliminar
  13. Esta tamén ten algo que ver coa chuvia.Como sodes tan cinéfilos,lembrades de seguro de qué película é.

    raindrops

    ResponderEliminar
  14. PECADO MORTAL ESQUECER A Moustaqui. Ten vostede tanta razón...

    ResponderEliminar
  15. Home, non é esquecelo, era non mesturar demasiado. Vaian, logo, este, este, este...

    ResponderEliminar
  16. �Jazz modal! E adem�is con dous monstruos...
    x�nico,d�rico,frixio,lidio,mixolidio,e�lico,locrio...�� a primeira vez que os escribo en galego!

    Marcel Swann,parece que entende vostede de m�sica m�is do que parece...

    ResponderEliminar
  17. Hoxe ter boa ou mala reputación xa non lle importa a ninguén... Con que teñas pasta, unha dose de cinismo, algo de poder, e te comportes coma un cabrón... como di meu pai "aínda parece que eres máis bo e tes máis amigos"
    Non era isto, compañeiros, non era isto...

    ResponderEliminar
  18. Eu,cando digo que alguén é un cabrón,quero decir que é máis cabrón ca mín.Termos relativos,sempre.

    ResponderEliminar
  19. Magníficas letras, pero a música e a interpretación parecen feitas por unnha gavilla de gatos urbanos escaldados, deprimidos e soedosos

    ResponderEliminar
  20. Nos seus principios como músico,Coltrane e os seus amigos turnábanse pra ir roubar partituras ás librerías.Como eran roubadas,tampouco podian escoller moito.Pillaban a que podían.Dunha vez,Coltrane roubóu unha e vírono.Saeron correndo tras él,pero escapóu.Cando chegóu onde estaban os outros,díxolles:non podemos ir roubar máis alá,que me pillaron.Dixéronnlle:a ver si polo menos tras algo bó.Sacóu o papel i era unha escala,unha puñetera escala.Rarísima.Chamábase "disminuida" i era usada por Stravinski.Os amigos de Coltrane decepcionáronse moito,pero él dixo:esto é o que hai.Hai que lle sacar partido...
    Nesa escala basease moitísimo do jazz que evoluíu dende ese momento.Todo por que non puderan roubar outra cousa...

    ResponderEliminar
  21. Se relen o meu primeiro comentario, verán que xa mentei a Piaf, unha das máis grandes. Eu só falei do r&r e variantes modernas e a súa imposible aclimatación nas tres partes da Galia. Da chanson destaquei aos máis grandes: Moustaki non era francés, que era meteco ou maketo ou txarnego ou foráneo: polo menos eso cantaba. Claro que París tampouco é a Francia. París élles de todos.

    ResponderEliminar
  22. En efecto,Moustaqui era de Alexandría.E ,tal e como confesa nas súas memorias,foi amante de Edith Piaf,quen o catapultóu no mundo musical.

    ResponderEliminar
  23. Non hai por que menosprezar a ningunha música que teña un mínimo de calidade ou de calidez. Eu sónlles ecléctico en case todo, e musicalmente tamén. Pero encántanme as cancións tradicionais francesas tocadas co "orgue de barbarie" (dise así ou non?).

    ResponderEliminar
  24. Georges Moustaki pertence á música francesa como José-Maria de Heredia á poesía francesa. Lamento non dar cun vídeo de "Rinôçérôse" con decente funcionamento; é un grupo de Montpellier (Galia d'oc) que estivera no San Froilám ha de haber cinco ou seis anos. E Swann, paréceme que nunca tan lonxe estiven de afirmación súa, postas de lado diatribas que quedan totalmente excluídas.

    Admiro moito a Miles Davis. Pero un home, unha guitarra e un escenario son contexto valoroso que teño en moi alta estima; verdade é que hai biografía polo medio.

    ResponderEliminar
  25. Falando do orgue de barbarie, qué fermosa soa "Sous le ciel de Paris" tocada con el (ou, no seu defecto, con acordeón).

    Xa non lembro como se puñan os enlaces: algunha alma caritativa que mo poida indicar?

    ResponderEliminar
  26. Como non me admite indicalo nunha única mensaxe, a ver se con varias: Empeza con

    <

    ResponderEliminar
  27. Despois insírese o enderezo URL completo (http...).

    ResponderEliminar
  28. Despois, o texto portador do hipervínculo.

    ResponderEliminar
  29. É todo seguido, sen espaciar. Lamento o abuso de espazo, non me aceptou outras opcións de envío.

    ResponderEliminar
  30. Vaia.O Sr.XM Glz. ven de experimentar nas súas propias carnes os problemas e as paradoxas das expresiós autoreferenciales.XDDDD

    ResponderEliminar
  31. Moitísimas grazas, amigo González. É vostede encantador. E a ver se esta fin de semana non lle chove no San Froilán!

    (Iría encantado a tomar o polbo con todos os amigos lucenses, mais circunstancias varias impiden que me achegue. Pero moitas grazas polo convite -a escote, supoño- e por acordarse de todos nós. Outras ocasións haberá, sen dúbida)

    ResponderEliminar
  32. Unha canción especialmente dedicada ao amigo González, polo detalle que tivo comigo. Non está interpretada con orgue de barbarie, pero si con acordeón e cantada por Juliette Greco. As imaxes en branco e negro.

    Sous le ciel de Paris

    ResponderEliminar
  33. Pode que lles soe esta.Fixo unha versión en español Dyango,fai anos.Música do montón,letra interesante.

    Comme toi

    ResponderEliminar
  34. Esta pode que lle goste algo máis a M.Swann(polo menos usa dominantes secundarios).Mágoa que sexa a versión dun afecionado cunha guitarra e son caseiro.Non atopéi a orixinal.Pero así góstalle tamén a XM Glz.

    Doce

    ResponderEliminar
  35. Esta canción e esta delicadísima intérprete han poñer nostálxicos aos amigos que teñan -ou estean chegando a- unha idade provecta:

    François Hardy

    ResponderEliminar
  36. Esta vai dedicada á señorita Lourixe, para celebrar a súa volta a este blog:

    Message Personnel

    ResponderEliminar
  37. � final hai que pasarse � ingl�s pra seguirvos querendo igual tal como sodes

    just the way you are

    ResponderEliminar
  38. Non vou caer no fácil de poñela de noviña e coa célebre e ardorosa canción. Prefiro poñela na súa recente e espléndida madurez e cunha recreación arabizante e en directo dunha vella canción que aparece no seu delicioso disco "Arabesque". Mágoa que só se vexa a portada do disco. Pero escoitena con atención, que paga a pena.

    Jane Birkin

    ResponderEliminar
  39. Amigo XDC, esa canción gústame moitísimo na versión da marabillosa Diana Krall.

    ResponderEliminar
  40. Sinto que as miñas diatribas o amolasen, sr. gonzález [un mal día teno calquera]. Deduzo que tamén outras, o que xa me preocupa máis.

    ResponderEliminar
  41. Ah, que placidez, que relax, que noite máis prometedora.
    Máis Diana Krall: The Look of Love.

    ResponderEliminar
  42. Moitas grazas pola "mensaxe", señor Apicultor. Non podo crer que non se vaia achegar á Feira do Mel que teremos en Lugo este domingo (eu tampouco podo, traballo ese día na Coruña). Espero que non lles importe que siga escoitando as súas escolmas musicais de épocas pretéritas. ;-)

    ResponderEliminar
  43. Dyango. Mamma mia. Que grande!

    ResponderEliminar
  44. Esquecimos ao gran Luis Mariano.

    ResponderEliminar
  45. ABRAIADO deixáronme hoxe vostedes. Saín dar un paseo por Ourense e á volta encóntrome con case 50 mensaxes e unha amplísima escolma de musica excepcional, sobre todo francesa: teño para gozar dela durante toda a fin de semana. E comigo todos os lectores/as. Saúde melómanos!!!

    ResponderEliminar
  46. Joer,Apicultor,esa de "comme te dire adieu" (e outras moitas destas) tíñaa eu en vinilo de 45 rpm.Xa chovéu.

    ResponderEliminar
  47. Por certo,era a cara B.A cara A,xa sabe, aquela que vostede bailaba moi agarrado,moi agarrado: "Je t`aime,moi non plua" .Raro que ninguén a enlazara...

    ResponderEliminar
  48. Non a enlacei din máis arriba as razóns: "Non vou caer no fácil de poñela de noviña e coa célebre e ardorosa canción".

    ResponderEliminar
  49. Poñédesme tan louco,que hasta soño con vos.Soñéi que informaba a Apicultor do xeito de facer o enlace directo.¿Cómo?.Escribíalle os caracteres da expresión un por un,pero en sentido inverso,e que os escribira o revés,pra "decodificar".

    ResponderEliminar
  50. E despois, nese soño, invitábao a unhas cervexas, nonsi?

    ResponderEliminar
  51. Efectivamente,Apicultor.Nos fins de mes,sempre soño que me invitan.

    ResponderEliminar
  52. Canto do París clásico do século XX se encontrará aínda? Desde que souben que Londres perdeu, seica, o pea soup, cavilo ás veces sobre a permanencia deses grandes tópicos urbanos. Admitido que Nôtre-Dame e a Eiffel fican, ¿segue habendo, por exemplo, bateaux-mouche?

    En efecto, acabo de visualizar e escoitar a Juliette Greco, grazas ao presente do Apicultor que agradezo, xunto con todos os demais. Sempre nos quedará o Youtube.

    ResponderEliminar
  53. Esta dedícolla a todos vostedes.O vídeo non ten relazón,pero a canción é "la plage" de Marie Laforet.

    a praia

    Esta,tamén fala da praia:

    Aline

    Esta,pró lento:
    Miña Vida

    Esta,especialmente pra Arume d.p.

    Capri,acabóuse

    Atención a esta:

    Chora o teléfono

    Vou parando,senón...

    ResponderEliminar
  54. Había unha versión desta última de Domenico Modugno. Pero mentar a Modugno a estas horas da noite é mentar ao número un. In-comparable.
    Vooooolaaaaaareee, uo, uo
    caaaaaantaaaareee, uo, uo,
    nel blu dipinto di blu.

    ResponderEliminar
  55. Encore...
    Nous parlions ici,il y a quelques jours,de comp�tence entre chansons francaises et chansons am�ricaines.Il faut n�oublier l�origine de cette chanson...

    � meu xeito

    ResponderEliminar
  56. De Salvatore Adamo hai moitas en iutube.Escollo esta que deseguro que lembran tamén en español (...con mi corrazón...en bandolerra...)

    có meu corazón en bandoleira

    ResponderEliminar
  57. A ver, señores, que xa está ben de tanta carrocería!

    Por que non veñen dar unha volta co seu buga pola Autopista cara o Inferno?

    ResponderEliminar
  58. A qué ven tanta presa por chegar ó inferno,apicultor.En vez de autopista,deixémolo en

    estrada ó inferno

    ResponderEliminar
  59. Esta,instrumental, dedícolla a Marcel Swann.¡É un home,soliño,cunha guitarriña...!

    Martin Taylor,Georgia non meu pensamento

    ResponderEliminar
  60. Unha dixitación perfecta!

    Tamén estaba moi ben a versión, algo máis rocker e cunha única guitarra, que facía Ariel Rot nun disco que saira hai uns anos nos que varios guitarristas españois e asimilados recreaban clásicos.

    ResponderEliminar
  61. Velaí unhas confesións:

    Confesións dun comedor de pizza

    Poñan o volume a tope!

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.