30 sept 2007


Hazañas Bélicas.
Pan por Pan domingo 30 set.
Lembran vostedes “Hazañas Bélicas”? A historieta saíu á rúa dez anos antes de nacer eu, pero era das de maior éxito nos días da miña infancia. En “Los comics del franquismo” Salvador Vázquez de Parga sinala que era un de tantos tebeos fieis á liña oficial do réxime: racismo, belicismo e anticomunismo radical. Os xaponeses eran presentados como “simios amarillos” e “sabandijas color de plátano”: o guionista debía ser un bo colorista. Os malos eran sempre os comunistas rusos e os bos os heroes os americanos, pero á vez tamén se defendía a Alemaña nazi, que estaba entre os amigos de Franco. A guerra aparece idealizada nunha cita como esta: “La guerra es uno de los azotes de la humanidad, pero en ella cristalizan los mejores valores humanos”: Iso si que era Educación para a Cidadanía! Por certo, sobre a guerra dixo babecadas maiores o poeta Marinetti.

6 comentarios:

  1. Cada actividade concreta moldea a preparación psicolóxica axeitada.Un médico mira prá xente e ve enfermos.Un abogado ve pleitos.Un soldado,"sabandijas color plátano"...

    ResponderEliminar
  2. Agora os malos son os árabes, ou para ser máis exactos os musulmáns, especialmente os iranianos.

    ResponderEliminar
  3. Eu colecionaba os soldados que viñan nas bolsiñas dos chicles "Dunkin".Facía cada guerra máis boa....Cando tiña poucos,completaba o reximento militar dos malos cunhos indios doutra coleción,que eran máis grandes.E si non chegaban,metíalle un cocodrilo e unhos leós doutra.

    ResponderEliminar
  4. Mirade os soldados,arriba á esquerda.Pero eran moitos máis que esos...
    figuras

    ResponderEliminar
  5. Boas noites,mesmo se dormides no metro coma estes

    Sangre,Sudor,Lágrimas e moito Insomnio


    Era dunha vez un camiño pra voltar a casa...

    ResponderEliminar
  6. Yo aprendi mas sobre el honor viril leyendo estas joyas que de ninguna otra cosa...Vivan Clark Carrados, Jorge Longaron y Alex Symonds!!!

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.