
Sánchez Dragó e Ana Botella
Andoliña sábado 29 setembro.
Andoliña sábado 29 setembro.
Imaxe: O neno de Vallecas, de Velázquez.
Desaparecidos Cela e Umbral, queda Dragó coroando o Olimpo de curiosos personaxes literarios. E Sánchez Dragó, que acadou a popularidade con Gárgoris y Habidis, una historia mágica de España, libro que tanto lle debía ó noso Vicente Risco, volve ser noticia coa chegada a Youtube dun vídeo onde entrevista a Ana Botella en Telemadrid. Antes de empezar a gravación formal, Dragó recoñece que non escribiu o seu último libro: "Es un libro que me han preparado. Una entrevista imaginaria de un colaborador mío. Y entonces se contesta con trozos de mi obra. Yo no he hecho nada".
Pode parecer escandaloso un recoñecemento tan obvio, pero o certo é que hai moitos outros que cultivan o xénero de escribir sen escribir: hoxe en día, quen non ten un "negro", é un ninguén. A min aínda me parece moito máis humillante o "pelotilleo" que demostra con Ana Botella: "Estás muy guapa. Como don Alberto salte a la política nacional, vas para alcaldesa". Neste momento por instinto lembro o papel clásico dos antigos bufóns. Por certo, Ana Botella, aínda co sorriso na boca e diante dun amigo, pois así se presenta Dragó, mantén un rictus de frialdade e distanciamento que, de verdade, mete medo.
Pode parecer escandaloso un recoñecemento tan obvio, pero o certo é que hai moitos outros que cultivan o xénero de escribir sen escribir: hoxe en día, quen non ten un "negro", é un ninguén. A min aínda me parece moito máis humillante o "pelotilleo" que demostra con Ana Botella: "Estás muy guapa. Como don Alberto salte a la política nacional, vas para alcaldesa". Neste momento por instinto lembro o papel clásico dos antigos bufóns. Por certo, Ana Botella, aínda co sorriso na boca e diante dun amigo, pois así se presenta Dragó, mantén un rictus de frialdade e distanciamento que, de verdade, mete medo.
Pois se che parece pelotillero agora deberias escoitar as vellas gravaccións de antes incluso de que Aznar chegase o goberno. Lembro que nos programas de La radio de Julia deses anos o pelotilleo que facía Dragó de Aznar e Ana (así a secas) era nauseabundo. Por certo, paréceme ter escoitado que Julia Otero voltara a onda cero, esa radio da que a votaran por presións entre outros do grupo telefonica.
ResponderEliminarEste libro en concreto, penso, non é exactamente de negros, dado que estes non inventan propiamente nada e só se limitan a reordenar e reutilizar textos vellos do propio autor. Axudante, neste caso, sería máis acaído.
ResponderEliminarE falando de negros, que me din dos "negros de si mesmos", que, nesta era da computadora, reciclan e reelaboran os propios textos? Isto faino o 90% dos que hoxe escriben, tanto no eido do xornalismo como do ensaísmo ou da investigación. Ou non?
aiiii, por favor,ponme ben gravación e botar. Vaiseme o dedo moi rápido para o enter. E son algo talibana da linguaxe.
ResponderEliminarEStou co apicultor. Neste caso o corta e pega so é unha forma de sacar máis cartos dalgo xa publicado, dándolle unha presentación e orde diferente. Eu so vin un libro de Dragó na miña vida. Empezaba coa historia dund tipos na praia, e non fun capaz de rematalo.
ResponderEliminarE sobre os que sempre reelaboran os propios textos temos o exemplo de moitos profesores universitarios. Polo menos, no caso da Historia, que se pasan toda a súa vida académica a falar do mesmo (supoño que precisan puntos e por iso publican sempre o mesmo).
O traslado de osos dun cemiterio a outro é ben vello.Na literatura,na investigación...
ResponderEliminarPor favor, don Marcos, como me pode equiparar a ese Dragó? Iso non se fai, non se fai. Eu son un bufón. Non me compare, por favor.
ResponderEliminarA figura do negro existiu desde os tempos de Afonso X. Agora na universidade chámanlles bolseiros (cast. becarios) e axudantes de investigación. No mundo latino o plaxio non está de feito tan mal visto coma no anglosaxón onde o "plagiarism", mesmo un simple copiar maliciosamente sen citar, implica a expulsión do alumno ou profesor da institución académica.
ResponderEliminarComentaba hai tempo un divertido caso de plaxio periodístico
Ten razón o niño de Vallecas: a foto do bufón de Velázquez quédalle moi grande a S.D. Pero eu non quería poñer aquí a foto do escritor...
ResponderEliminarE benvida a X.M.Carreira: canto tempo!!
¿Vostedes pensan que a difusión dese vídeo incidirá negativamente na venta do libro,ou será publicidade gratuita,ou non influirá nese aspecto?
ResponderEliminarPor que nese mundillo hai moito xedrecista...
Vou facer o mesmo.Vou facer un libro-entrevista sobre algún de vostedes.Hai material suficiente no blog.P.ex.,calquera dos que firma con nome real.Vouno pensar...
ResponderEliminarE se foi o mesmo DRAGÓ quen facilitou a difusión do video. Non me atrevín a poñelo no artigo, pero penseino. Porque, ó cabo, mellor que falen de un, aínda que sexa mal... mentres vaise vendendo o libro e deixa beneficios.
ResponderEliminarTen razón,Marcos.Pero a frase mellorada é: Que falen de ún aínda que sexa ben...XDDD
ResponderEliminarEsa frase "mellorada", que Saavedra atribuía a un seu superior, está atribuida xeralmente a Oscar WIlde. Pero ben pode ser apócrifa.
ResponderEliminarFai tempo,o noso controvertido Pérez Reverte sacóu un artigo sobre eso.Cómo evoluían os comentarios acerca de alguén:namentras falaban ben dél,a cousa non lle iba moi alá.Ó final do artigo,có triunfo do protagonista,o comentario foi:"Si ó final vai ser certo o que dín da súa muller..."
ResponderEliminarEu coñecer coñecina de fonte do meu primeiro contacto político na UPG, a quen non lle coñecía -por certo- tales lecturas. Ora que quen sabe cal sería a súa fonte, que os apócifos alónganse ata o infinito...
ResponderEliminar