29 oct 2007


en poleiro alleo
O das dúas orellas, de Méndez Ferrín, en Faro de Vigo


La poesía bisturía de Lois Pereiro, artigo de Daniel Salgado en El País

7 comentarios:

  1. Por que é unha eiva que a poesía sexa confesional? Porque non está de moda, quizais. Non hai que esquecer que boa parte da mellor poesía da historia aludía á experiencia do autor ou autora. Non sei que opinan vostedes.

    ResponderEliminar
  2. Velaí poesía confesional:

    Pois xa as coñezo a todas;
    Sei das noites, as mañáns, os seráns,
    Levo repartido a miña vida con culleriñas de café.
    Coñezo as voces que esmorecen, apagadas na súa caída,
    baixo a música que chega do fondo du cuarto máis aló.
    Como me vou atrever?

    T.S.Eliot. Canción de Amor de J. Alfred Prufrock, 1917

    ResponderEliminar
  3. Di "excesivamente confesionales", pero xa se sabe que un poeta é un poeta é un poeta. Non hai que facerlle moito caso a estas cousas, porque de seguro o cronista, Daniel Salgado, tamén é poeta, co cal todo o reportaxe non é máis ca unha poética a tres ou catro voces, non sempre acordadas.

    ResponderEliminar
  4. Quén decía que ningún poeta debería pesar máis de 45 kg? Creo que era Gautier.Os criterios pra definir poetas e poesía sempre foron curiosos...

    ResponderEliminar
  5. Os que agora se acordan de Pereiro, e sobor de todo moitos dos que nombran no artigo, vían a Lois e escapaban. Hipócritas.

    ResponderEliminar
  6. Xa que mentéi a Gautier,vai unha páxina cós seus poemas:

    poemas de gautier(pero non o francés)

    e unha canción onde o mentan:

    lamento borincano

    ResponderEliminar
  7. Vai un conto do das "dúas orellas":

    Vai Carapuchiña polo monte e vé as orellas do lobo detrás dun penedo.Bérralle ó lobo:
    -Qué orellas máis grandes tés!
    Responde o lobo:
    -Déixame en paz,que estóu na "toilette" !

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.