5 oct 2007


Inauguración oficial do curso na Universidade de Vigo

Como xa anunciaramos, hoxe pola mañá tivo lugar a inauguración oficial do curso 2007-2008 na Universidade de Vigo, no campus de Ourense, cunha conferencia do catedrático de Historia Contemporánea, Jesús de Juana. A conferencia, pronunciada en galego, titúlase "Historia e galeguidade" e reflexiona sobre o papel e función do historiador no mundo de hoxe e sobre a construción da identidade galega dun xeito aberto, cunha mención especial á Galicia da emigración.
Na foto inferior, grupo de amigos arredor do conferenciante, despois de quitarse toga e birrete: de esquerda a dereita, M.V., Manuel Ángel Candelas Colodrón, Jesús de Juana e Xosé R. Quintana. As uvas xa estaban ben vendimadas como demostra a copa que porta na man Manuel A. Candelas. As fotos son do amigo Pepe Trebolle (Trebi no blog) que tamén estivo presente durante toda a ceremonia e tertulia posterior.

10 comentarios:

  1. Mágoa non poder acompañalos. Por certo, que tal estaban os pinchos?

    ResponderEliminar
  2. O conferenciante, correcto. O Rector, recto. O coro, sobrio. O acto, leve. Os pinchos, escasos. E o viño, Mencía.

    ResponderEliminar
  3. Grandioso laconismo, que dicía Verne de Michel Ardan ("De la terre à la lune", en vella versión traducida e abreviada).

    ResponderEliminar
  4. Jesús de Juana andaba polos viños fai un anaco.Dedicóulle unha mirada indiferente a Xoan da Coba.
    Boeno,mañá por estas horas,andaréi trouleando polo San Froilán.Xa non vexo a hora.

    ResponderEliminar
  5. NON SEI QUEIME, SEÑOR DA COBA, QUE EU O ACABO DE APLAUDIR NOUTRO FÍO. AQUÍ SOMOS MOITOS OS QUE O QUEREMOS E O ADMIRAMOS. E DE BOA GAÑA TOMARIAMOS UN VIÑO CON VOSTEDE, FOSE EN SAN FROILÁN OU FOSE EN SAN PERILLÁN... SEMPRE E CANDO INVITASE VOSTEDE, QUE O CARIÑO E A ADMIRACIÓN NUNCA PODE CHEGAR A ESES ESTREMOS.

    ResponderEliminar
  6. Also..Prost und auf bessere tage!

    (Entón...¡un brindis por mellores días!) (non me digan que non é bonito...)

    ResponderEliminar
  7. Wir sehen uns im Lugo, Herr Da Coba! Tentarei levar un escote vertixinoso para que as súas miradas non sean indiferentes... A temperatura esta noite nas terrazas do Campo Castelo era fantástica, mágoa ter que traballar mañá! :-P

    ResponderEliminar
  8. E quen está detrás da cámara, semella polas faces dos retratados, alguén simpatic@

    ResponderEliminar
  9. Marcos informa que o autor da foto é Pepe Trebolle.

    E, en efecto, ademais de bo lector e curioso infatigable, amante dos cogumelos e da boa mesa, navegante das nosas rías e paseante de todas as terras (boa viaxe a Italia!), Trebolle é unha persoa simpática e moi agradable. Un auténtico señor dos que apenas quedan. Eu, cando me xubile, quero ser coma el.

    ResponderEliminar
  10. Un rapá preguntóulle ó seu pai por qué nas estampas saía sempre a Virxe có neno Xesús,e nunca saía San Xosé.
    -É que está sempre facendo a foto.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.