11 oct 2007

Iniciativas.
Encontro de Periodistas FAPE e FEGAPE.

Dende esta noite e ata o domingo andarán por terras ourensás un amplo colectivo de xornalistas galegos e españois, nun encontro organizado pola Federación de Asociaciones de Periodistas de España e a Federación Galega de Asociacións de Periodistas.
Os actos están concentrados en Ourense, Celanova (venres 12), Allariz (sábado 13) e Ribadavia (domingo 14), con intervencións de Fernando González Urbaneja (presidente FAPE) e outros xornalistas (entre os promotores galegos está o amigo Luís Menéndez Villalva, que nos convidou a participar). Haberá tempo para unha visita guiada ó barrio xudeu de Ribadavia e para dúas breves charlas sobre "Curros xornalista" (que impartirá Marcos Valcárcel, Celanova, Casa de Curros, venres 13, 13,30 h.) e "Vicente Risco xornalista" (Fundación Risco, día 13). (Adxuntamos programa completo en Comentarios)

6 comentarios:

  1. FEDERACIÓN DE ASOCIACIONES DE PERIODISTAS DE ESPAÑA (FAPE)
    FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS DE PERIODISTAS (FEGAPE)
    ENCONTRO OURENSÁN
    OURENSE, CELANOVA, ALLARIZ, RIBADAVIA
    12, 13, 14 OUTUBRO 2007

    Xoves 11/10 – Jueves 11/10:
    -19.00-20.00 h Chegada dos participantes ó Balneario de Laias (rúa Vía Termal, 1 - Ctra. N120, Laias-Ourense)
    -21.00 h Presentación oficial: Recepción no Salón Nobre do Concello de Ourense
    -21.30 h Cea no Liceo Recreo Ourensán
    Pernocta: Hotel Balneario de Laias

    Venres 12/10 – Viernes 12/10:
    -10.30 h Recepción no Concello de Celanova
    -11.00 h Sesión de traballo das executivas de FAPE e FEGAPE na Fundación Curros Enríquez
    -13.30 h Charla sobre Curros Enríquez na súa Fundación
    -14.00 h Xantar de autoridades, congresistas e acompañantes en Celanova
    -16.30 h Visita guiada ó Mosteiro de San Salvador de Celanova
    -22.00 h Cea de autoridades, congresistas e acompañantes en Ourense
    -Pernocta: Hotel Balneario de Laias

    Sábado 13/10 – Sábado 13/10:
    09.30 h Sesión de traballo da Comisión de Garantías e Asuntos Profesionais (FAPE) no Balneario de Laias
    -11.00 h Rolda de prensa de Fernando González Urbaneja, Presidente de FAPE, e directivos FAPE-FEGAPE no Centro Caixanova (Ourense)
    -12.00 h Visita ó diario La Región (Polígono de San Ciprián)
    -13.30 h Recepción no Concello de Allariz
    14.00 h Xantar de autoridades, congresistas e acompañantes en Allariz
    -16.00 h Visita ó casco monumental de Allariz e á Fundación Vicente Risco
    -17.00 h Charla sobre “Vicente Risco, xornalista” na súa Fundación
    -22.00 h Cea de autoridades, congresistas e acompañantes en Ourense
    -Pernocta: Hotel Balneario de Laias

    Domingo 14/10 – Domingo 14/10:
    -10.30 h Visita ás instalacións das Adegas Viña Costeira (Ribadavia)
    -12.30 h Recepción no Concello e visita guiada ó Barrio Xudeo de Ribadavia
    -14.00 h Xantar de autoridades, congresistas e acompañantes en Ribadavia

    Entidades colaboradoras: Xunta de Galicia-Consellería de Innovación e Industria, Deputación de Ourense, Inorde, Concellos de Ourense, Celanova, Allariz, Ribadavia, Fundación Curros Enríquez, Fundación Vicente Risco, Caixanova, Caixa Galicia, Bodegas Viña Costeira.

    ResponderEliminar
  2. A estes xornalistas profesionais, ademais da morea de millóns que reciben como subvención das arcas públicas, tamén lles sufragan as paparotas e as viaxes turísticas.

    E logo quéixanse da profesión!

    ResponderEliminar
  3. Chamóu o periodista ,por Nadal,ó embaixador inglés nos EE UU:
    -¿Qué lle gostaría por Navidad,embaixador?.E sexa xeneroso consigo mesmo,que o merece.
    -Boeno,eu non preciso de nada,pero por decirlle algo,gostaríame recibir unha caixa de bombós.

    Ó outro día sae na prensa unha reportaxe coas fotos e respostas dos diferentes embaixadores:
    -España: Paz no mundo,prosperidad prá todos,etc...
    -Francia: Fin das guerras,etc...
    -(Outros países,igual, etc...)

    -Inglaterra: unha caixa de bombós.

    ResponderEliminar
  4. Mentres uns van de turismo e paparotas, na RTVG o panorama está que arde.

    Co permiso de don Marcos e de Don Perfeuto, pego ligazón co blog de Perfecto Conde:

    O affaire Carlos Vázquez

    ResponderEliminar
  5. E haberá ocasión de coñecer / ler / escoitar a tua participación? (non sendo alí, claro).

    ResponderEliminar
  6. Pois non vai ser doado, querida amiga Torre de Babel, porque non levarei a miña intervención por escrito, redactada. En calquera caso empregarei datos e citas doutros traballos meus xa publicados e que espero colgar cedo nunha web que me andan a preparar.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.