16 oct 2007




Ostras e caracois.
Pan por Pan 17 outubro
Xa que falamos onte do “Espartaco” de Kubrick, velaí vai unha anécdota simpática. Na súa estrea a película foi censurada por un diálogo no baño entre o xeneral e patricio romano Craso (Laurence Olivier) e o seu escravo Antonino (Tony Curtis). O primeiro pregúntalle ó escravo por temas morais: roubas, mentes, deshonras ós deuses? A todo resposta Antonino que non. Logo dille Craso: Comes ostras?. Cando as teño, amo, resposta o escravo. E comes caracois? Non, amo. Consideras moral comer ostras e inmoral comer caracois? Non, amo. Cuestión de gustos, non? Si, amo. E o gusto, remata Craso, non é o mesmo que o apetito e polo tanto non se trata dunha cuestión de moralidade, non?. Pode verse así, amo, conclúe o escravo. O sedutor Craso engade aínda que no seu gusto inclúe tanto caracois como ostras... Ben, Ana Botella falaba de peras e mazás, non?

35 comentarios:

  1. ¡Agora xa entendo o senso da canción...!

    Caracol,col,col
    saca los cuernos al sol
    que tu padre y tu madre
    también...

    ResponderEliminar
  2. Non entendo moi ben a razón da metáfora do cargol: a baba, a concha, os cornos, o retraimento e o avance, a lentitude. Cal?

    ResponderEliminar
  3. No seu nick está a resposta señor arume da ostra.

    ResponderEliminar
  4. A censura desa escea é facilmente recoñecible hoxe porque as voces da dobraxe non son as mesmas. O mesmo pasa nunha escea de "Grupo Salvaxe" de Sam Peckinpah... e supoño que en ducias de películas daquela época.

    ResponderEliminar
  5. Para romanos, gustos e censuras, a que se armou en Chuza! por culpa desta animación que fora publicada en Aduaneiros (podedes mudar a roupa da "modelo") e a ameaza da poeta de recurrir aos tribunais.

    ResponderEliminar
  6. Así dá a noticia en portada Vieiros: por qué non poñen que vai sobre Yolanda Castaño?

    "Ad augusta, per angusta"
    Os Aduaneiros botan o fecho
    20:15 - Logo de sufriren unha ameaza de demanda xudicial, os Aduaneiros sem Fronteiras pregúntanse se paga a pena "facer humor gráfico neste país".

    ResponderEliminar
  7. Estase a montar unha boa co asunto este.

    A min a animación -motivada ao parecer polo cambio de postura da susodita verbo do Díaz Pardo- paréceme de inocentes pre-adolescentes. Disque a acompañaban mensaxes ofensivas. Non o sei, pois nunca vin ese blog dos Aduaneiros (e ben que o sinto). Pero agora estalle a caer unha boa na blogosfera á susodita como efecto bumerang.

    Algún malpensado dirá que é mercadotecnia: o caso é que falen dun, aínda que sexa mal.

    Sexa como for, unha mágoa.

    ResponderEliminar
  8. Está moi ben o fotograma do Tony Curtis có romano ese.Pero,pra mín,a parexa perfecta de Yony Curtis é Roger Moore en...

    O PERSUASORES!!

    ResponderEliminar
  9. Extraordinarios os créditos desa serie, amigo XDC.

    ResponderEliminar
  10. As ostra, como as ameixas, as vieiras e tantos vibalbos son tradicionalmente simbolos dos xenitais femininos e por ostensión do nacimento, fixense na primavera de Boticeli, ou na forma de cuncha da moitas pilas baptismais. A relación é de analoxía formal. Aplicandolle a mesma relación ao caracol, sería por analoxía cos dous estados, un de maximo tamaño musculado e outro minimo, desaparecido na cuncha ou desapercibido entre a bolsa testicular.

    ResponderEliminar
  11. Que son os "vibalbos"?

    Uns lamelibranquios por un casual?

    ResponderEliminar
  12. Hoxe tardéi un rato en entenderme cún sudamericano por teléfono tomando unhas notas por que eu non sabía que eles lle chaman "b pequena" ó "v" e "doble u" ó "W"

    ResponderEliminar
  13. Ah, cairamos: os habitantes de Vilalba!

    ResponderEliminar
  14. Vilalbés que vés (ou ves) ó (ou o) mundo
    te coide Amón
    unha das dúas valvas
    fenderache o corazón.

    ResponderEliminar
  15. No programa ese de "Cifras e letras" xa teñen as respostas preparadas de antemán, non?

    ResponderEliminar
  16. Por certo, o enlace á animación pódeno atopar eiquí:

    http://astuasbalas.com/2007/10/16/gila/

    Toma castaña...

    ResponderEliminar
  17. Unha das grandes decepciós da miña infancia foi cando soupen que o "Don Cicuta" do programa "1,2,3..." non inventaba ó momento aquelas rimas coas que lles rifaba ós participantes cando fallaban.

    ResponderEliminar
  18. Lembro agora que a última "feira verde" de Silleda comercializaban baba de caracol con infinidade de aplicaciós.

    Baba de caracol en altavista

    ResponderEliminar
  19. Xa vexo que as babas de caracol non teñen éxito.
    A ver,prós que lles goste cociñar,eiquí hai

    ResponderEliminar
  20. Si, si que interesa o das babas de caracol.

    De feito eu teño unha crema que é certamente moi boa e dunha extraordinaria textura. Doulle a referencia da mesma: "Leciskin, Crema de Baba de Caracol con Aloe Vera concentrado y extracto de Ginseng".

    Moi recomendable para os máis coquetos dos contertulios: Arume, Morrison, Leituga 1, ... E, faltaría máis, tamén para as señoritas Lourixe e Lula Fortune.

    ResponderEliminar
  21. ... E que me desculpen os/as que non cito.

    ResponderEliminar
  22. Ostras, babas, conchas, caracois que se retraen e se despregan, relativistas,neoinmanentistas, socialdemócratas descridos, deconstructores historiográficos, tertuliáns coquetos, galeguistas escépticos, cornos, cremas de beleza...Non sei onde imos parar!

    ResponderEliminar
  23. A min as babas (ainda que sexan de caracol)as xustas. Gracias pola recomendación pero eu so utilizo cosméticos de estricto orixen vexetal. Bicos floridos.

    ResponderEliminar
  24. Vaia,Lula Fortune.¿Vostede está,coma mín,abonada á "Aloe Vera"?

    ResponderEliminar
  25. A "Aloe vera" cheira que tira para atra(i)s. E a pesar disto, aínda fan panos (para os mocos) con cheirinho a ela.
    Onde esté o aroma do alcolitro...

    ResponderEliminar
  26. Non só aloe vera, tamén camomila, arnica, cacao...aceite de rosa de mosqueta para as masaxes...xa sabedes, o normal ;)

    ResponderEliminar
  27. Un dos productos máis poéticos que se pode un botar á cara é a centella asiática. E o curioso é que serve para cicatrizar ben as feridas.

    ResponderEliminar
  28. Teño interese nesa centella asiática. Pódese explaiar un pouco máis?

    ResponderEliminar
  29. Seica é moi boa para a celulite. Pero vostede diso non terá, Arume. I presume.

    ResponderEliminar
  30. Aínda máis: o mellor é en realidade o "Extracto de centella asiática" que supera en sutileza lírica ao anterior.

    ResponderEliminar
  31. A árnica é unha das miñas favoritas.Eu sempre a recollo e a seco.Aprendino da miña abóa,que a vendía na famacia,có cornozo do centeo.Antes andaba moi buscada,agora haina por tódalas cunetas.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.