10 nov 2007




O sorriso.
Pan por Pan sábado 10 novembro
(Nas ilustracións, Mónica Bellucci, en homenaxe a Jimmy de Rairo, e Uma Thurman, esta en autohomenaxe)

Poucas cousas hai tan subxectivas na historia do mundo como a Beleza. Non era o mesmo nos tempos de Durero ou de Rubens que hoxe. Nin creo que haxa tampouco valores universais, en Oriente e en Occidente. Pero algúns científicos seguen empeñados en dar co segredo da Beleza. Un estudo duns psicólogos escoceses conclúe que sorrir e mirar fixamente ós ollos son as claves da sedución, á marxe de que un rostro sexa máis feo ou fermoso, alegre ou enfadado. Din que a atracción sexual pode depender desas dúas características. Eu non o vou negar, aínda que outro estudo dicía que vemos como máis atractivas as facianas máis simétricas. Os escoceses remóntanse a Darwin e falan da función psicosocial do sorriso, que axudaría ós seres humanos a escoller as súas conquistas. Só queda saber discernir entre o sorriso verdadeiro e o falso: só iso, nada máis.

18 comentarios:

  1. Eiquí está a famosa poesía de Gandhi que aparece en moitos pósters:

    un sorriso costa pouco

    ResponderEliminar
  2. Miren qué curioso o que pón

    Eiquí

    ResponderEliminar
  3. As imaxes de Mónica Belluci no último Fotogramas son unha apoteose do photoshop: semellan unha persoaxe de xogos de ordenador.

    ResponderEliminar
  4. Veño cheirando a fumo,dun magosto.Tróuxenlles unhas castañas asadas e xa peladas.Eiquí as poño,pra que as collan.E sorrían:

    O O O O O O O O O O O O O O O O

    ResponderEliminar
  5. Máis:

    O O O O O O o o O

    ResponderEliminar
  6. Máis:

    O O O O O O o o O

    ResponderEliminar
  7. Vaia.Algunhas son pequenas e a última saéu queimada...

    ResponderEliminar
  8. Paul Anka! Gústame máis a vesión de Stevie Wonder. Non a puiden atopar, así que teremos que conformarnos con
    falar de

    SUPERSTICIÓN

    ResponderEliminar
  9. Estaban ricas as súas castañas, señor XDC. Mesmo a queimada, que era máis grande. Este ano hai menos castañas pero están máis ricas. E non nos trouxo ningún chourizo?

    ResponderEliminar
  10. A ver como debuxa o chourizo agora, dacoba!!!

    ResponderEliminar
  11. Como é posible que se deixe colonizar pola música do Imperio imperialista, Swann? Parece mentira en vostede!

    Reivindiquemos a música netamente patriótica:

    Linda Galicia

    ResponderEliminar
  12. O-O-O-O-O-O-O-O-O-O

    É unha ristra deses redondiños,tan ricos...

    Hoxe veño doutros dous magostos.

    Estou enmagostado.O desenmagostador que me desenmagoste bó desenmagostador será.

    ResponderEliminar
  13. Saio pra Compostela.Mañá é festivo en Ourense e aproveitaréi o día de mañá por aquela zona.Iréi a "Follas Novas" pra mercar os libros recomendados por vostedes non últimos días.
    Non se enfaden se tardo en respostar a súas mesaxes.

    ResponderEliminar
  14. Máis chourizos(Dos que se comen,que dos outros,non creo que haxa moitos neste blog):

    -OWWWWO- (Este é de cabazo)

    -OOOO-OOOOO-OOO-OOOO-WWWWW-

    (No último quedóu a tripa algo floxa).

    ResponderEliminar
  15. Gracias Marcos. Hoxe o photoshop fai miragres, pero non creo que a M.B o precise moitos,ainda que dada a competencia, posibelmente se tire con exceso del. Eu sigo a ver o "eidos" detrás, Sofía Loren, que resultaba até erótica en bata de casa, que mais se lle pode pedir a beleza dunha muller?

    ResponderEliminar
  16. Amigo Da Coba: o agasallo foi recollido. Cunha emoción insólita. Bebereina de penalty á súa saúde e irei a gatas ata Ourense a abrazalo. Non se me ocurre outra forma de agradecerllo infinito.

    ResponderEliminar
  17. Pois se vai a primeira hora da tarde igual nos topamos, amigo Da Cova, ainda que como nunca nos miramos...

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.