29 dic 2007

Fototeca: Casares e Conde

Outra foto de hai uns cantos anos, arredor de 1982 (enviada por Monxardín). En Trasalba, na festa dos Premios, pero aínda sen carpas. Carlos Casares, a súa dona Cristina e Alfredo Conde en primeiro plano. En fronte debe estar Sixto Seco. O que toca as maracas podería ser, ten un aire, o Segade, profesor da Facultade de Dereito, pero quizais só sexa un paisano que se lle parece.


Actualización (30 dec.): como confirma nunha mensaxe X.L. Carrión, o paisano das maracas non é Segade, senón o señor Juan, que formaba parte da charanga do Cuco de Velle. Engadimos unha carátula deste grupo festivo musical: o señor Juan está no centro do grupo, por baixo do Cuco de Velle, alma mater do grupo.


6 comentarios:

  1. Non se trata de Segade quen toca as maracas. Era o señor Juan, un ourensano integrante da Charanga do Cuco de Velle que se mal non lembro -eu estaba naquel acto- puxeron a nota musical ao xantar.
    Como é tradición, cando un fala dunha persoa, sempre fai referencia a parentes. Por iso, como ampliación, comento que o señor Juan, que finou hai anos, era tío de Adela, a dona de Aser, o coñecido comerciante que contou con tendas de roupa en Galerías Centrais e na esquina do Parque de San Lázaro, no lugar que hoxe ocupa a perfumaría 'Maryan'.
    XOSE LOIS CARRIÓN.

    ResponderEliminar
  2. Vaia tropa !
    Alá van tamén o "Angel dos Meigas" (có acordeón roxo) e un dos "irmáns Cudeiro" (có clarinete).randes músicos. Ó Angel acuñóu tamén a expresión "levantamento de vidro".

    ResponderEliminar
  3. ¿Os irmáns Cudeiro? ¿Os Pichís?

    ResponderEliminar
  4. Señor Da Coba: o Angel Meigo tiña un moi bo, cando dicía que unha vez fora de "chicas" na Coruña e preguntara ¿canto?, contestáranlle "1000 y la cama"; e cánto vale a cama, pois.. 1.500, pois entón facémolo de pé.

    ResponderEliminar
  5. Na Coruña? Ah, sí !. Era aquela rúa tan empinada, que despóis ardéu. Naquelas barras oíanse as línguas todas do mundo.

    ResponderEliminar
  6. O Angel, o "Mudo", o "Maski"...Qué panda de persoeiros nos deixaron nos últimos anos...

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.