8 dic 2007













López-Casanova. Jane Birkin.

Os dous teñen admiradores, de seguro, nesta casa. O poeta Arcadio López Casanova, catedrático na Universidade de Valencia, estará o próximo xoves 13 (19,30 h. no Liceo), en Ourense, falando de "Tempo de procura (Casares en Compostela)", dentro do Coloquio Carlos Casares.


3 comentarios:

  1. Eu tiven oportunidade de coñecer a Arcadio López Casanova hai pouco tempo, con motivo dalgunha conferencia impartida por terras de Vigo. Teño que dicir que é a discreción e a elegancia personificadas. Un home serio, sobrio, pero moi amable e riguroso. Un gentleman, se mo permiten.

    ResponderEliminar
  2. A deusa Birkin estaba no camerino "terreal e arborescente", segundo o autor. Qué envexa! Aínda que eu preferiría maior precisión. Sobre todo no de arborescente.

    ResponderEliminar
  3. López Casanova ten publicado un libro realmente útil para quen se ocupe ou estea interesado na análise poética desde perspectiva galega. Outro lugués ilustre, do que habería bastante que contar.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.