2 ene 2008


en poleiro alleo
(na imaxe, pescadores de baixura nos comezos s.XX)

Non hai quen poida coa xente mariñeira.

4 comentarios:

  1. Catro vellos mariñeiros
    todos metidos nun bote:
    -Boga, boga mariñeiro,
    imos prá Viveiro
    xa se ve San Roque!


    (Qué ganas de que chegue o vrán pra ir comer as sardiñas e beber viño a ese monte)

    ResponderEliminar
  2. POESÍA MARIÑEIRA:


    CASIÑAS BLAMCAS

    Casiñas blancas,
    que se espellan nas ondas do mar,
    fermosa ría,
    da que un día marchei navegar.

    Así é a vila
    na que sempre me poño a pensar
    Camariñas da alma
    con esta habanera quéroche cantar.

    Quixera ser
    como aquela anduriña
    que me veu nacer
    e voar onda ti
    para volver
    pola Virxe do Monte, meu ben,
    a falarche baixiño, amor,
    deste amor que por ti soñei.

    ResponderEliminar
  3. Esa peza de J. L. Blanco, da Coba, múdaa e convértea Ugia Pedreira en "Habaneira de Ribadeo". Está no disco Nordestinas; pode velo aquí.

    ResponderEliminar
  4. San Xoan de Poio berróu
    con San Pedro no convento
    por culpa dunhas pixotas
    que se lle meteron dentro

    Marín tén viño e patacas
    e abondo barcos peixeiros
    as rapaciñas mais belidas
    e os millores mariñeiros

    En Sanxenxo están as nenas
    máis garimosas da ría
    e a Patrona máis xeitosa
    que é a Santa Rosalía

    Para mariñeiros Raxó
    os santos de alí o dín.
    E San Xulián contestóulles:
    para mariñeiros, Marín!

    De Marín a Portonovo
    fun nunha lancha motora
    fun solteira e vin casada
    máis valera que non fora.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.