15 ene 2008

en poleiro alleo

"O protocolo da morte", de Afonso V. Monxardín (LR 15 xaneiro)

"Oposición mitolóxica", de Xosé M. Sarille (ECG 15 xaneiro)

"Polémica na literatura galega", de Xavier Cordal (GH 15 xan .): sobre a recepción das declaracións de XLFG nos xornais e nos blogs

"Núñez Feijóo: dous anos de líder ¿galego?" (GH 15 xan.)

20 comentarios:

  1. CURIOSA ESTA DECLARACIÓN: Núñez Feijóo animou os populares a “falar máis en bares e cafetarías” para “abrir o partido á xente”. “Temos que retomar o contacto coa sociedade que perderamos en parte por 16 anos no goberno. Necesitamos volver detectar e palpar as inquietudes máis importantes dos galegos”, recoñeceu.
    E logo os populares non andan polos bares e cafetarías? E logo chegar ó poder é sinónimo de arredarse da xente?

    ResponderEliminar
  2. Di o dos bares e as cafetas, porque nos pubs e nas discotecas xa non se pode falar.

    ResponderEliminar
  3. Da Pólemica na literatura galega.Tiña aparcado "Luz del Principe-Sol" de Camilo Gonsar ,obra en Castellano é poñereime a ler hoxe /o marxe polémico (E de calor por Veciño), créo fun dos primeiros lectores de Camilo González Suarez-LLanos.E tanto como "Cara a Times Square"(Que moito me fillera soñar), recordo "Como calquer outro día". Unha aperta para Camilo,quizá Arume o vexa en Vigo.

    ResponderEliminar
  4. Bares e cafeterias. Non deixa de ser caza de voto urbano. A él recomendáronlle no seu día pisar corredoiras, pra non perder o voto rural. Téñeno bastante crudo.
    Síntoo por Xaime que me vai tér que pagar unha boa cea luguesa.

    ResponderEliminar
  5. A feira non fai máis que empezar, amigo

    ResponderEliminar
  6. Unha boa idea para os enterros: polo menos a mín gustariame que me despedisen ASÍ

    ResponderEliminar
  7. Fermosa despedida, abofé. Eu tamén asubiei a canción da Vida de Brian. Grazas por poñela, Lula.

    ResponderEliminar
  8. A txakurrada cacique e o seu grupo terrorista, a "Brigada del Bigotillo", non acostuman a falar nos bares e cafeterías, máis ben adoitan escoitar (e transmitir a seus superiores) o que falan as persoas normais.
    Outro campo de actuación son os velorios.
    Outro, a corredoira.
    Expresións como "Vós votade, votade, que imos ver para onde van as paguiñas" están (transformadas) de 'rabiosa' actualidade.
    Outro axioma deles é: "Todos os políticos son iguais" (cando prenden un alcalde do seu grupo por malversación).
    Outro: "Vaiche boa, isto sempre foi pobre e sempre o será".

    Se non me sentise profundamente envergoñado polo mero facto de o lembrar, podía transcribir aquí o que un brigadista del bigotillo contaba, berrando, sen se cortar e publicamente, a un alcalde da Limia, felizmente deposto nas urnas, sobre a intención de voto dos seus veciños.
    Incríbel, se non fose tan repugnante.
    "O fulano é dos nosos. O mengano vota polos bloqueiros, porque a filla, tal e tal. E o citrano di nada, mais é socialista empedernido, ben se lle coñece". SIC.
    Lamento ser tan naturalista, mais hai que ser profundamente de aldea, e estar todos os días na aldea para comprender isto.
    Onde queda a libertade de voto??

    Cumprimentos.-

    ResponderEliminar
  9. Tamén escoitei eu
    O fulano é dos nosos. O mengano vota polo pepé, porque a filla, tal e tal. E o citrano non di nada, mais é socialista empedernido, ben se lle coñece".
    E tamén:
    O fulano é dos nosos. O mengano vota polos bloqueiros, porque a filla, tal e tal. E o citrano non di nada, mais é de Fraga de sempre, ben se lle coñece".
    SIC

    ResponderEliminar
  10. Evidentemente, sr. dos Piñeiros, xa o dixen eu tamén, o axioma "Todos os políticos son iguais" vale para todo tipo de situación, para todo tipo de actuación, xustifica todo.
    E o interior do país, ao bordo da aniquilación demográfica, económica, moral e psíquica.
    Como todos son iguais, para qué mudar... Non sexa que os de sempre se enfaden e nos amolen.
    Cumprimentos.-

    ResponderEliminar
  11. Sr. dos Piñeiros, terá que desculpar, mais non dou entrado no seu blog. Como é que teño que facer???
    Teño curiosidade por velo.
    Grazas.-

    ResponderEliminar
  12. Agora pode. Non tiña ben posto o perfil (con perdón).

    ResponderEliminar
  13. Grazas, sr. dos Piñeiros, fun eu que llo pedín. Xa estou a velo, Sophia, Marcello, Ornella... Fellini!!!!

    Isto chámase luz no fondo do túnel.

    Cumprimentos.-

    ResponderEliminar
  14. Eu xa dixen aquí algunha vez que quero tamén un oficio fúnebre parecido ao de Champman. Unha despedida risoña e despois unha festiña. Xa lles farei chegar os convites.

    En relación co da polémica sobre a literatura galega, francamente (con perdón) paréceme todo un pouco desproporcionado, unha esaxeración. Se Franco Grande di que el queda durmido cos libros galegos que le, ¿que se pode facer? Pois deixalo durmir, digo eu. Pero poñerse a darlle co libro na cabeza para que esperte non me parece conduta atinada.
    Creo que a resposta de Rivas en "El País" estivo ben, desde logo estaba no seu dereito e, ademais, creo que tiña razón no que dicía. Pero o que xa me semella un tanto impropio é iso de lamentar "silencios" e esas cousas. ¡Se Rivas soubera dos escritores que din en confianza o mesmo que Franco Grande e aparecen despois en público como grandes adaís de Galicia e a súa cultura!
    Cousa ben distinta é o ataque persoal, bastante infame e tirando a vil, que Alvite largou contra un coñecido poeta galego. Pero que un señor diga unha petardada do tipo "non me gusta a literatura galega" creo que non dá para moito máis que para a resposta entre aceda e humorística, con mala leche pero así como de pasada, que lle deu o propio Rivas.

    ResponderEliminar
  15. Contan que, gobernando en Portugal Oliveira Salazar, Franco decidiu enviar como embaixador a Lisboa a un diplomata chamado Francisco Porras y Porras.
    Seica a palabra "porra" ten en portugués connotacións xenitais sobre as que non son necesarias maiores explicacións.
    Cando o chanceler luso lle comunicou ao creador do Estado Novo e Presidente da República a decisión do seu amigo Franco e lle puxo diante o papel para que asinase a súa aquiescencia ao nomeamento, Salazar leuno detidamente e, sen dicir palabra, con austero aceno, deulle a entender ao chanceler que non ía asinar, que o retirase.
    Pasou algo de tempo e, xa algo mosqueados, dende o ministerio español de exteriores empezaron a chamar preguntando qué pasaba e indicando que Salazar debería asinar, pois do contrario o embaixador español non podía presentar as súas credenciais nin acreditarse plenamente como tal.
    O chanceler portugués, armándose de valor e determinación, acudiu de novo onda o Excelentíssimo Doutor Presidente e, con palabras coidadosamente escolleitas, contoulle as chamadas españolas e fíxolle ver a necesidade imperiosa de asinar a aceptación. Oliveira Salazar volveu fixar a súa ollada na carta de aceptación, sen poder disimular o seu desagrado. E dixo con lentitude e reflexiva gravidade:
    -Porras y Porras... O que é que molesta é a insistência!

    Pois co da célebre polémica literaria, a min pásame un pouco o mesmo.

    ResponderEliminar
  16. O señor Leituga 1 desculpará, mais António de Oliveira Salazar nunca foi presidente da República Portuguesa... Nunca.

    Com os meus cumprimentos, caro senhor.

    ResponderEliminar
  17. para LULA FORTUNE: moi simpático o video do funeral-despedida, sobre todo a canción. Eu tamén ma pido para cando me toque: que sexa tarde, claro (toca madeira!!).

    ResponderEliminar
  18. Seica foi, Medela, aínda que eu tamén pensaba que non. Presidente interino, iso si, entre Carmona e Craveiro (tres meses, no 1951). Supoño que en calidade de presidente do Conselho de Ministros, cargo mantido durante trinta e sete anos.

    Ou sexa, un caudillo. O home providente.

    ResponderEliminar
  19. Claro, señor González. Grazas pola súa sempre precisa (e exacta) achega. Salazar foi presidente da república entre a morte de Carmona e a designación "democrática" de Craveiro.
    Mais case ninguén sabe que en realidade o cargo que desempeñou o de Vimieiro foi o de presidente do goberno.
    O que pasa é que o cargo de presidente do conselho non comporta a recepción de credencias diplomáticas, por iso a piada sobre o tal Porras é materialmente imposible.
    E o gaxo case intenta aniquilar a república co "Estado Novo". Tal e como fixo Franco, moi antirrepublicanos, mais a monarquía non a restauraron...
    Cumprimentos, sr. González.

    ResponderEliminar
  20. Van ter vostedes razón. Pero se a piada do Porras non é vera, polo menos é ben trovata, ¿ou non?

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.