11 ene 2008



Xa que abrín o caixón das fotos (2). Fototeca

Na foto superior, nun Encontro de Escritores Ourensáns, no Liceo, mediados dos 90, os poetas Manuel Outeiriño, Paulino Vázquez e Chus Pato.
Na foto inferior, un xantar e encontro creativo no Foro do Gargalo, Verín, con amigos do Clube Alexandre Bóveda, convidados por Roberto Verino. De esquerda a dereita: Xosé Lois Vázquez Pérez "Che" (deseñador, artista, publicista); Benito Losada; Isabel, a dona de Xoán Fonseca; o fotógrafo Eduardo Núñez; Xoán Fonseca; César Ansias e M.V.

11 comentarios:

  1. Vaia! O Manuel Outeiriño ! Cantas discusiós tiven con él cando tiñamos sete anos, máis ou menos. El era do Jabato i eu, do Capitán Trueno!
    O que nunca esqueceréi é como debuxaba, xa de ben neno!. Non séi se seguíu debuxando, pero pódio decirvos que de neno debuxaba coma un adulto. Cando todos dibuxábamos un home con dous redondeles e palotes, él dibuxábao perfecto, con diferentes traxes, complementos etc.Lembro unha vez que dibuxóu un cazador cunha escopeta, có traxe, có can...Cando xa o estaba rematando, borróu a escopeta, e dixo: vouna facer de dous caños.Colexio: Concepción Arenal. Ano: 1968 ou 69.
    No instituto das Lagóas gañara un concurso literario có seguinte poema, do que aínda lembro hoxe un fragmento (tal cual):

    Sujeto: La lluvia y tú
    Verbo: Estáis pintando
    Objeto Directo: Las nubes y las flores
    Complemento: Bajo el cielo azul y plomizo.

    (Continuaba facendo o análisis sintáctico de; la lluvia te espera fantasioamente alegre , oo algo así).
    O xurado déralle o primeiro premio . Acaso non é orixinal, facer un poema baixo a apariencia dun análisis sintáctico?

    ResponderEliminar
  2. E a Chus, qué guapiña!

    ResponderEliminar
  3. Marcos, o cacipo ten a hora errada, il si?. Anda unha hora atrasado.

    ResponderEliminar
  4. Esto é internet, lobo. Non ten senso a hora local. Hai que rexirse por "TEMPO UNIVERSAL"

    ResponderEliminar
  5. Un dato valioso o que aporta XDC sobre a prehistoria literaria de Manuel Outeiriño: lembrareillo cando o vexa e botemos unha parrafada (ás veces longas e longas parrafadas, como lle gusta a MO.).

    ResponderEliminar
  6. Si se preguntan por qué lembro tan ben o detalle dese premio literario na adolescencia de M.O., vou confesar: eu levara o segundo. Sería esa frustración a causa de que eu abandoara ese mundo da literatura pra sempre?. JAJAJAJJ.

    ResponderEliminar
  7. E lémbrase de qué ía o seu texto ou poema? A min interesaríame sabelo. (Por certo, cando lle conte a M.O., que vostede foi o causante da súa deserción da literatura, vaise traumatizar o pobre).

    ResponderEliminar
  8. Pois a verdade é que non o lembro. Iso demostra que o xurado acertóu de pleno. XDDD.

    ResponderEliminar
  9. Escrebeches no libro das festas de este ano, da Coba.

    ResponderEliminar
  10. Cautivo e desarmado o Troll Ágrafo, o equipo da solaina alcanza os derradeiros obxectivos militares.
    Arriba a Solaina! Viva a Solaina!

    ResponderEliminar
  11. "¡Fuego, Lolita!"
    "¡Mi capitán!

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.