27 feb 2008


DEBATES ELECTORAIS
Andoliña xoves 28 febreiro

Co que se leva escrito sobre o debate do luns entre Rajoy e Zapatero hai para xuntar un volume ben gordo: no meu blog quedou a miña opinión con detalle e un amplo debate ó respecto. Como é lóxico, ós votantes de dereitas gustoulles máis Rajoy, polo xeral; e ós de esquerdas, Zapatero. Creo que Rajoy deu a imaxe que os socialistas agardaban: sobre todo no seu tratamento tan monocorde e reducionista da inmigración como sinónimo de delincuencia e conflito social.
O escritor Juanjo Millás dixo que o debate foi a representación da loita do século XIX contra o século XXI: non creo que sexa preciso dicir quen representaba cada tempo histórico. Un xornalista catalán, Jose Antich, seguindo este fío, preguntábase: “En España, hai máis xente como Rajoy ou como Zapatero? Que é España: máis século XIX ou máis século XXI?”. Saberémolo, sen dúbida, o nove de marzo. E que papel vai cumprir Galicia desta vez?, engado eu. Chegaron de verdade os tempos da modernidade política?
Joan Manuel Serrat, por certo, falaba antonte na radio moi cabreado polas alusións directas de Rajoy en televisión: “Eu nunca insultei ó señor Rajoy! Por que me insulta el a min?”.

11 comentarios:

  1. Moi alterados certos artistas, últimamente. Claro, a tecnoloxía permite que de unha canción se podian facer millós de copias sen esforzo. Esa cualidade foi un "choio" pra eles, noutro tempo:fixéronse multimillonarios cando a tecnoloxía necesaria estaba somentes ao alcance deles e vendían cada copia como se fora un "producto" especialmente traballado. O que foi causa da súa riqueza vólvese agora contra eles, cando todo o mundo dispón dos mesmos recursos. Pois hai que estar ás duras e ás maduras.

    ResponderEliminar
  2. Non sei de que se extraña o amigo Serrat. Non sabe que a dereita-dereita é moi rancorosa?

    Agora vénganse del por unha canción que compuxera hai algúns anos:

    Algo personal

    (Joan Manuel Serrat)

    Probablemente en su pueblo se les recordará
    como cachorros de buenas personas,
    que hurtaban flores para regalar a su mamá
    y daban de comer a las palomas.

    Probablemente que todo eso debe ser verdad,
    aunque es más turbio cómo y de qué manera
    llegaron esos individuos a ser lo que son
    ni a quién sirven cuando alzan las banderas.

    Hombres de paja que usan la colonia y el honor
    para ocultar oscuras intenciones:
    tienen doble vida, son sicarios del mal.
    Entre esos tipos y yo hay algo personal.

    Rodeados de protocolo, comitiva y seguridad,
    viajan de incógnito en autos blindados
    a sembrar calumnias, a mentir con naturalidad,
    a colgar en las escuelas su retrato.

    Se gastan más de lo que tienen en coleccionar
    espías, listas negras y arsenales;
    resulta bochornoso verles fanfarronear
    a ver quién es el que la tiene más grande.

    Se arman hasta los dientes en el nombre de la paz,
    juegan con cosas que no tienen repuesto
    y la culpa es del otro si algo les sale mal.
    Entre esos tipos y yo hay algo personal.

    Y como quien en la cosa, nada tiene que perder.
    Pulsan la alarma y rompen las promesas
    y en nombre de quien no tienen el gusto de conocer
    nos ponen la pistola en la cabeza.

    Se agarran de los pelos, pero para no ensuciar
    van a cagar a casa de otra gente
    y experimentan nuevos métodos de masacrar,
    sofisticados y a la vez convincentes.

    No conocen ni a su padre cuando pierden el control,
    ni recuerdan que en el mundo hay niños.
    Nos niegan a todos el pan y la sal.
    Entre esos tipos y yo hay algo personal.

    Pero, eso sí, los sicarios no pierden ocasión
    de declarar públicamente su empeño
    en propiciar un diálogo de franca distensión
    que les permita hallar un marco previo

    que garantice unas premisas mínimas
    que faciliten crear los resortes
    que impulsen un punto de partida sólido y capaz
    de este a oeste y de sur a norte,

    donde establecer las bases de un tratado de amistad
    que contribuya a poner los cimientos
    de una plataforma donde edificar
    un hermoso futuro de amor y paz.

    ResponderEliminar
  3. SERRAT (Rajoy meditando...): un mozo que foi antifranquista, que cantaba en catalán, que é catalán!!! Arrenégote, demo...

    ResponderEliminar
  4. Totalmente de acordo con Gutemberg. Aledareime da victoria de Zapatero, pero o que dixo na prensa Rajoy sobre o ungüento dixital é certo e exacto. Zapatero "untou" co canon aos artistas máis coñecidos para poñelos ao seu favor. O canon é inxusto; non se pode poñer a tecnoloxía da reproducción á venda pública e logo cercar dese modo os dereitos de autor. Os dereitos de propiedade intelectual deben ser redefinidos. E os artistas coñecidos, se teñen que facer máis "bolos" para gañar cartos, que os fagan. Incluídos Serrat e Sabin; que unha cousa é unha cousa e outra cousa é outra cousa, e admirados sí, pero a vaquiña polo que vale.

    ResponderEliminar
  5. Falando de Gutenberg e de canon dixital: non llelo digan a ninguén, pero neste enderezo

    http://avaxsphere.com/ebooks

    poden descarregar algunhas cousas. Por ex, aquí

    http://avaxsphere.com/ebooks/history_military

    teñen algúns ben interesantes deses que lle poden gustar a algúns dos que aquí participan.

    Asdo: Marcel, o anti-canon.

    ResponderEliminar
  6. A pretendida "creatividade intelectual" de moitos "artistas" é similar á do camareiro que inventa un novo "cóctel". Imaxino que tamén estes últimos terán dereito a cobrar "dereitos" de autor.

    ResponderEliminar
  7. Con moita máis razón: o que inventou o Manhattan merece honores de estado.

    ResponderEliminar
  8. Abaixo os dereitos de autor. !Viva o Copyleft!

    ResponderEliminar
  9. Dedícolles a que posiblemente é a miña favorita,de Serrat:
    De vez an cando....

    ResponderEliminar
  10. Eu creo que o verdadeiro problema non é o canon dixital -unha mala solución, seguramente- senón a propiedade intelectual e os dereitos de autor. Eu estou a favor de que se respeten. E os camareiros inventores de cócteles que fagan xurdir ao seu Beaumarchais, que foi o inventor das esgaes do mundo uníos.

    Os artistas da plataforma de apoio a ZP non teñen moita necesidade de que os "unte" ningún político. Sabina, Serrat, Almodóvar, Cuerda ou Bosé, señor Morrison, ganan máis nun ano facendo concertos, producindo e dirixindo películas, do que gañaremos vostede e mais eu en ambas as dúas nosas vidas, que desexo longas e felices.

    ResponderEliminar
  11. Os cambios tecnolóxicos decisivos deben repercutir positivamente no desenvolvemento da sociedade. Imaxínese que o descubrimento do coche ou do avión fose valado cuns precios prohibitivos ou reservándoo para certos usos só ao alcance de determinadas persoas adiñeiradas; ou que o descubrimento da imprenta tivese sido reservado a usos de espionaxe (algo semellante ao que ía acontecer con Internet, destinada inicialmente a usos militares), castigando con severas penas económicas ás persoas que permitisen a impresión de libros. O mundo sería outro. Pois o mesmo coas recentes tecnoloxías da reproducción e, en xeral, cos chamados "comúns" ou "procomúns", ben sexan naturais (auga, bosques...) ou artificiais (ciencia, patentes medicinais, certas patentes tecnolóxicas...). Polo demáis, aínda compartindo con vostede, señor Leituga, a súa preocupación polo respeto aos dereitos de autor, penso que debe discutirse unha lei de propiedade intelectual nacida para o mundo da imprenta. Iso non significa que volvamos a unha especie de comunismo primitivo, a un estado de natureza ou a unha dictadura dos “espabilados”, mais tal vez si permitir unha maior marxe á reproducción que redundaría en que os cantantes famosos traballen máis e, se cadra, gañen menos. Gracias, finalmente por desexarme unha vida tan longa como o saldo das nutridas contas correntes dos meus admirados Sabina e Serrat, pero eu cos anos son coma eles cos cartos: quero unha vida aínda máis longa e feliz (e que vostede a vexa coa mesma alegría). Todos queremos máis.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.