19 feb 2008


Imprescindible. Debería ser de visión obrigatoria nos institutos.
La solución final, de Frank Person, 2001.
Vina hai varios anos un par de veces e puiden mercala nestes días e volver vela. Imprescindible.

TITULO ORIXINAL. Conspiracy. 96 minutos.
Guión: Loring Mandel. FOTOGRAFÍA: Stephen Goldblatt
REPARTO: Stanley Tucci, Kenneth Branagh, Colin Firth, Barnaby Kay, Ben Daniels, David Threlfall, Jonathan Coy, Brendan Coyle, Ian McNeice
Coproducción USA-GB; HBO Films
O 20 de xaneiro de 1942, líderes do partido nazi e oficiais do goberno alemán mantiveron unha xuntanza segreda nas afóras de Berlín para planificar a chamada solución final ó problema dos xudeus. Esta película é unha recreación histórica da Conferencia de Wannsee, presidida por Reinhard Heydrich, xeneral das S.S. e máximo responsable da seguridade do Terceiro Reich. Alí planificouse o exterminio de seis millóns de persoas, o que se coñecería como Holocausto.

25 comentarios:

  1. Pódeme facer un favor, Marcos? mire na carátula se ven tamén en alemán que é como me gustan estes filmes. O outro día estiven vendo "Operación Walkiria".

    ResponderEliminar
  2. pOIS CREO QUE NON, querido amigo XDC. Na carátula só indica versións en castelán e en inglés. Pero... non será vostede un pouco masoquista? En alemán!!??

    ResponderEliminar
  3. En inglés están prácticamente todas.
    É que me gosta moito ver as películas en diferentes linguas. Apréndese moito.Collo unha boa película.Póñoa, por exemplo, en francés. Véxoa enteira nesa língua. Entérome, vamos supoñer, do 70% do que dín. Suficiente pra entender o filme. Logo póñoa, por exemplo, en inglés. ENtérome de cousas que non entendera no francés.Ou viceversa. Capto outros detalles. Se o filme me gosta moito, véxoo unha vez máis, en alemán. Como xa séi o que están decindo, porque xa o vín, entendo mellor o que dín, fíxome nas expresiós,etc. Se queda algunha cousa por entender, póñoa en castelán (en galego, casi non hai ningunha, ao contrario do catalán). SOn unha maravilla estes recursos do DVD,pois hai que aproveitalos. Poden decir que estóu algo tolo, pero esi xa é vello...

    ResponderEliminar
  4. Por certo, en italiano tamén. O "scoraggiato" do outro día, comentéino porque viña de ver en italiano "Un largo noviazgo de domingo".

    ResponderEliminar
  5. Por certo, eu teño un DVD deses pequeniños, portátiles, de menos de cen euros no Carrefour. A miña dona ve as películas en español, como unha persoa normal, no DVD grande, coa pantalla grande da TV do salón.XDDD.

    ResponderEliminar
  6. Un pouco máis de información sobre a Conferencia de Wannsee:http://es.wikipedia.org/wiki/Conferencia_de_Wannsee

    ResponderEliminar
  7. Un pouco máis de información sobre a Conferencia de Wannsee: http://es.wikipedia.org/wiki/Conferencia_de_Wannsee

    ResponderEliminar
  8. Non teño nada claro que esta película -que teño e que vin- sexa suficientemente didáctica como para ser de visionado obrigatorio nos institutos. Coido que hai outras máis axeitadas.

    Un matiz: na Conferencia de Wannsee non se decidiu o exterminio. Tan "só" (sic.) se planificou a súa implementación.

    Hai un libro clarificador e moi recomendable ao alcance de calquera: Mark Roseman, La villa, el lago, la reunión. La conferencia de Wannsee y la "solución final", Madrid, Barcelona, RBA, 2002.

    ResponderEliminar
  9. A respecto do asunto outro filme moi interesante é "Amén" de Costa Gravas. Tamén imprescindíbel.

    ResponderEliminar
  10. Di Aymerich que si lle podedes mandar por SEUR todos eses videos e libros de que falades.

    ResponderEliminar
  11. Aymerich sabe ben o que foi o holocausto e non o utiliza para tapar o que fai Israel cos palestinos.

    ResponderEliminar
  12. Diversas soluciós fináis:

    -Mátense todolos famentos. Remátase co problema da fame( ou remátase sinxelamente con todos os famentos?).
    -Mátense todolos enfermos. Rematouse coa enfermedade(?).
    -Mátense todolos pobres. Rematouse coa pobreza(?).
    -Mátense todolos drogadictos.Reamtóuse co problema da droga (?).
    -Queima o Sudoku que non che sae. Destruíches o problema,pero...solucionaches o problema?

    ResponderEliminar
  13. Exactamente, como foi previsto há cerca de 60 anos

    É uma questão de história lembrar que, quando o Supremo Comandante das
    Forças aliadas, General Dwight D. Eisenhower encontrou as vítimas dos
    campos de concentração, ordenou que fosse feito o maior número
    possível de fotos, e fez com que os alemães das cidades vizinhas
    fossem guiados até aqueles campos e até mesmo enterrassem os mortos.

    E o motivo, ele assim explanou: ' Que se tenha o máximo de
    documentação - façam filmes - gravem testemunhos - porque, em algum
    ponto ao longo da história, algum bastardo se erguerá e dirá que isto
    nunca aconteceu'.

    'Tudo o que é necessário para o triunfo do mal, é que os homens de bem
    nada façam'. (Edmund Burke)

    Relembrando:

    Esta semana, o Reino Unido removeu o Holocausto dos seus currículos
    escolares porque 'ofendia' a população muçulmana, que afirma que o
    Holocausto nunca aconteceu...

    Este é um presságio assustador sobre o medo que está atingindo o
    mundo, e o quão facilmente cada país está se deixando levar.

    Estamos há mais de 60 anos do término da Segunda Guerra Mundial.

    Este email está sendo enviado como uma corrente, em memória dos 6
    milhões de judeus,20 milhões de russos, 10 milhões de cristãos, e 1900
    padres católicos que foram assassinados, massacrados, violentados,
    queimados , mortos de fome e humilhados , enquanto Alemanha e Rússia
    olhavam em outras direcções.

    Agora, mais do que nunca, com o Irão, entre outros, sustentando que o
    'Holocausto é um mito', torna-se imperativo fazer com que o mundo
    jamais esqueça.

    ResponderEliminar
  14. "Primero vinieron a buscar a los comunistas y no dije nada porque yo no era comunista.

    Luego vinieron por los judíos y no dije nada porque yo no era judío.

    Luego vinieron por los sindicalistas y no dije nada porque yo no era sindicalista.

    Luego vinieron por los católicos y no dije nada porque yo era protestante.

    Luego vinieron por mí pero, para entonces, ya no quedaba nadie que dijera nada".


    Martin Niemöller
    Pastor protestante encarcelado por los nazis desde 1937 a 1945
    1892-1984

    ResponderEliminar
  15. A min gostóume moito aquel relato de Bertold Brecht no que un abutre lla vai comendo os pés pouco a pouco a un individuo ,que non fai nada por espantalo por si o abutre se enfada e o ataca.

    ResponderEliminar
  16. Penso que hay unha imprecisión histórica... Heydrich morreu o 4 de xuño de 1942. Imposíbel asistencia á conferencia de Wannsee.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  17. Xa corrixín o post: a conferencia de Wansee foi en realidade o 20 de xaneiro (debía estar mal a ficha da película de onde a saquei). Graciñas polo aviso.

    ResponderEliminar
  18. De nada, don Marcos, eses erros sonlle moi frecuentes nas carátulas dos DVD, nas capas dos libros, nos artigos en prensa, etc.

    Respectuosos cumprimentos.

    ResponderEliminar
  19. Estou cheo de que Word me corrixa hai por hay, por exemplo.

    ResponderEliminar
  20. Xa postos a modificar o texto, tamén podía substituír "decidiuse" por "planificouse", como lle apuntei nun post meu anterior. Digo eu.

    ResponderEliminar
  21. Amigo MEDELA: basta con que seleccione o idioma en ferramentas e poña galego, xa non lle volve saltar e corrixe el só en galego.
    APICULTOR: xa fixen o cambio.

    ResponderEliminar
  22. Don Marcos:

    Grazas, acabo de facelo. En verdad que era ben inc�modo andar sempre para diante e para atr�s...

    M�is outra cuestionci�a, abusando,
    como � que se inserta aqu� un hiperv�culo???

    Cumprimentos.-

    ResponderEliminar
  23. E que pasa agora cos acentos???

    Meigas fóra!!!

    ResponderEliminar
  24. DON XULIO:
    vaia á columna do dereita e seleccione SETEMBRO 2007. Busque alí o post "Canción Francesa" e alí Xosé M. Gzez explica con detalle con se fai o hipervínculo (quixeno pegar aquí pero, non sei por qué, non me deixa).

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.