18 mar 2008


en poleiro alleo: dos azucareiros ó PCE



Adeus ao Partido Comunista, de Xosé M. Sarille (ECG 18 marzo)

12 comentarios:

  1. Estou totalmente en desacordo coa opinión vertida polo Correo Galego. Eu sigo a pensar que o PC segue a ter un espazo e unha función moi importante que desenvolver nesta sociedade de capitalismo avanzado. Calquera visión crítica do sistema será un avance contra o pensamento único.

    ResponderEliminar
  2. Para PABLO: neste caso a opinión non é do xornal, senón do colaborador. E podo asegurarllo, porque o coñezo, que X.M. Sarille nada ten contra o PCE por motivos ideolóxicos nin escribe dende a beira conservadora: só analiza con frialdade crítica a realidade.

    ResponderEliminar
  3. Tamén nas municipais francesas o PCF quedou na práctica fóra de xogo. Non falamos, pois, dun fenómeno reducido ó ámbito político español.

    ResponderEliminar
  4. Hai unha frase que me gosta moito, porque a inventéu eu, nunha das miñas vidas anteriores. Dí: "Renovarse ou morrer".

    ResponderEliminar
  5. E o contertulio Pablo confunde os desexos coa realidade. Humano, demasiado humano.

    ResponderEliminar
  6. Señor Da Coba, e esta inventeina eu: "Que se renoven OS OUTROS, que o que é eu, O CAPITALISMO, non preciso renovarme nin renunciar aos principios para manterme mais vivo que nunca e sen ninguén que me leve a contra".
    A única certeza que teño é que a sua frase é mais breve que a miña.

    ResponderEliminar
  7. Izquierda Unida fai anos que non é máis que un "Pepito Grillo" no que atañe ao funcionamento económico do país. Un partido acomodado e autocomplacente nese papel de suministrador do "grado de subversividade tolerable, xusto e controlado,necesario pra manter sano o sistema". Unha especie de vacuna xerada polo propio sistema que inhibe ataques verdadeiramente serios.

    ResponderEliminar
  8. Ese partido quédase sen clientes: en España xa non hai "proletarios", daqueles que só tiñan "prole" e traballaban exclusivamente pra alimentala. O testigo recólleno os inmigrantes, pero non votan.

    ResponderEliminar
  9. O artigo do Monxardín ten moito que ver con eso. A filosofía do azucareiro é:" Aiquí está o de todos, e pra cada un según o que precise". Pero a xente prefire a súa parcela de propiedade: "Este é o MEU azucarillo". No da sacarina aínda rixe o "comunismo" na maioría dos bares.

    ResponderEliminar
  10. O PCE, con xente tan infumable como Francisco Frutos á fronte, non ten nada que facer. Excepto destruír a Izquierda Unida, labor no que leva xa moitos anos empeñado.

    ResponderEliminar
  11. A verdade é qeu parece que desde qeu ningúen se cuestiona o sistema (esqueceuse iso da nacionalizacion da banca, estatalización do ensino, ditadura do proletariado, insurrección independentista, etc.) o único que se pode facer é arrimar un pouco máis á dereita ou máis á esquerda... un pouco máis para o centro, un pouco máis para a outonomía... e para iso chegan dúas forzas, ás que, claro, cómpre sumarlle outras tantas nos lugares de sensibilidade nacionalista, o que permitiría un maior xogo combinatorio.
    Como no seu momento AP e UCD, arestora vemos inexorable a confluencia de facto entre PSOE e PCE-IU. Ana Belén, Victor Manuel, etc. saben o camiño.
    PD) En Galicia tampouco había sitio para BNG e EG e a mellor posicionada, acabou comendo a outra.
    É así e non hai que lle facer, e a quen lle interese a política, que escolla.

    ResponderEliminar
  12. Non van estar contentos eses có PSOE se lles fixo unha lei de propiedade intelectual (póñoa en minúsculas adrede) a medida pra eles.
    E agora volve aparecer a figura do "Pecado Orixinal" con eso do canon. Todos os cd´s son fabricados có "Pecado Orixinal".

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.