27 abr 2008


E catro moi fermosas pezas do artista Xosé Luís de Dios (na Ourensanía)
Que gran debuxante! Que gran pintor!
Estas pezas son da súa mostra Imaxes dos Soños (Museo Municipal, 2000)

26 comentarios:

  1. Como verán, suprimimos as bandeiriñas á vista, que provocaban algunhas reticencias. Sustiuímolas polo mapa mundial coa ubicación dos vistantes que entran no blog.
    Hoxe mesmo, de California (Los Ángeles); Brasil, Méjico, Guatemala, Estrasburgo, Londres, Rennes da Bretaña francesa, do Aveiro portugués... E de toda a península, de Galicia e Cataluña a Madrid e Andalucía (non será polo debate das sevillanas??.
    En fin, é ben curioso isto de saber a procedencia das entradas e non nego que me dá un certo aquel de responsabilidade...

    ResponderEliminar
  2. Acabarán prohibíndome a entrada en Jerez. Por non estar calado.

    ResponderEliminar
  3. Non te tires D.Marcos, é que teño familia espallada por cousas da emigración . Curmáns de 2º xeneración . E mándolles recado, por outros vieiros, para que entren e satisfacer así o teu ego.

    ResponderEliminar
  4. Era cariñoso. Era brincadeira.
    Non vai ser o demo.

    ResponderEliminar
  5. Non coñezo ben a obra de de Dios pero ese cadro que vostede amosa non semella moi aquelado. É como si as facianas debuxadas do segundo plano estiveran postas ó chou e non moi ben trazadas...O de "gran" é un pouco excesivo ¿non?

    ResponderEliminar
  6. "Non coñezo ben a obra de Dios": é a millor frase que laín na miña vida nun blog. Sigamos: "Non coñezo ben a obra de Deus", asinado: Cristo. Velaí un camiño interesante para a discusión. Polas súas obras o coñeceredes. O silencio de Deus, o seu anonimato. Por favor, un teólogo xa!

    ResponderEliminar
  7. ...de de Dios (Xose Luis)...o inxenio mellor sobre a verdade pero o fío pode ter interés...

    ResponderEliminar
  8. A miña pantalla debe estar derramada, porque non vexo a pingada roxa de Nukus, no mapa-mundi. pero xa lla pintéi cun rotulador bermello.

    ResponderEliminar
  9. Obrigado, señor Da Coba.
    Júlio tenme falado moito de Vde.
    Non saberá, Da Coba, por un acaso, por que o rapaz este está sempre un bocado triste???
    Espero velo por Nukus.
    Cumprimentos.-

    ResponderEliminar
  10. E iso que ten momentos realmente bos. Aínda lembro o que rimos Myrna, a peinadora, e unha servidora cando nos contou aquel sábado que chovía tanto cando un do seu oblast ou do koljos veciño saíu despedido das voladoras... Moito me lembra ao meu marido (q.e.p.d.).

    A min o Medela non me disgusta... A Myrna ben lle enche o ollo, ben o sei. E anda por aí unha catalá, ou de Barcelona, ou algo así, que o chama a toda a hora.

    Un saúdo, Da Coba, e a ver se se deixa ver por estas terras, home, que seica o presidente xa pediu o ingreso en Europa.

    ResponderEliminar
  11. Señora Kyra: se o rapaz está un "bocado triste" será porque come pouco. De verdá que lle tiña que dar un bo bocata de xamón da Cañiza, xa verá como lle muda o semblante.

    ResponderEliminar
  12. Señor Beria: Lamento dicirlle que a rúa onde moro, onde teño o meu negocio chamábase antes avenida Lourenzo Beria. Agora, Mil Primaveras.
    E sobre a alimentación do meu pupilo, non lle hai caso. O presunto de dromedario tamén é proteínico. E envíanlle da casa, alá da Galitzia, ou Galicia, ou Galiza, paquetiños con manchas de graxa que denuncian o contido.
    Outra cousa é a súa vida amorosa, que tamén é nutritiva...
    O rapaz non é mao, home; por acaso é un pouco triste... Mesmo fala e fala que pasa días e días a non falar.

    Saúdos, señor Lourenzo.-

    ResponderEliminar
  13. Don Beria, sabía? O Medela ten falado tamén en Vde.; aínda onte, axudándome a mudar a bombona do butano me comentou que a alma de Tolstoi transmigrou para a súa...

    Que Vde., señor de Sibeira, é simultaneamente home, terra e alma... E que Vde., señor, non se deixa querer.

    Lembro a miña mocidade no Konsomol, cando liamos Tolstoi ás agachadas. É curioso. Podías comprar no rastro de Nukus as edicións completas de Tolstoi por catro cadelas, en segunda man, e despois estaba mal visto lelas.

    E ese paradoxo, esa agónica loita tamén se representa no teatro do seu espírito. Ben seguro que Vde. loita contra esa poderosísima parte da súa alma que recibiu o prana de Tolstoi.

    Deixei que agrome esa alma, señor de Siberia. Deixe que o Beria se torne Tolstoi.

    Tamén eu espero que Medela se decate de que todo o que acontece no mundo decorreu antes na súa idolatrada Lobeira. Espero que algún día chegue a ver que Lobeira é Nukus, e viceversa. E que o amor que pensa que sente por min (paixón, apenas, por en canto) se apodere reciprocamente de min e del.

    Un saúdo, señor Tolstoi (ex-Beria).

    ResponderEliminar
  14. De verdá lles digo que ese Tolstoi era un tostón cristián idealista incompatible co materialismo dialéctico.

    ResponderEliminar
  15. Don Beria: Júlio está a durmir, e collín subrepticiamente o seu computador (que na realidade pertence á esa lagarta de supervisora catalá) e aproveito para lle preguntar unha cousiña:

    Vde., señor, traballa para Construcciones Dios ou para Limpafincas O Demo??

    Saúdos, cabaleiro.-

    ResponderEliminar
  16. Eu traballo para "Destrucciones Moloch". Pasa algo? De verdá que o vou poñer a colocar ladrillos con argamasa unha boa tempada nun gulag.

    ResponderEliminar
  17. É dicir, Construcciones Dios, (Marín-Pontevedra) ou Demo Limpafincas (Grou-Lobios).

    ResponderEliminar
  18. Non encontrei a súa empresa de Destruccións na guía de empresarios.
    Desguaces Gómez-Alén, dixo??

    ResponderEliminar
  19. Busque por "Demoliciones Moloch". De verdá que parece parv(ul)a.

    ResponderEliminar
  20. Ataúdes Mosquera, tal vez???

    ResponderEliminar
  21. Eu sempre digo que, antes de morrer, debo ser quen de ler "Guerra e Paz", en ruso.
    E vouno pospoñendo, como seguro de vida.

    ResponderEliminar
  22. Ai qué carallo. E tamén tés ao Manolo de Vilanova de Bande, no seu bar do Campus.

    ResponderEliminar
  23. jajajajajaja
    Vilameá, amigo Da Coba, Vilameá...

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.