7 abr 2008

En poleiro alleo. PREMIOS NACIONAIS DE CULTURA, de X. L. Méndez Ferrín (FV. 7 abril)

Foi Ferrín quen demandou hai uns meses, nun artigo no Faro, a necesidade duns Premios Nacionais de Cultura para a nación galega.

A Xunta recolleu o reto de man da conselleira de cultura, Ánxela Bugallo, e Ferrín felicítase por iso, pero esixe certas reformas e melloras na convocatoria.

8 comentarios:

  1. Cales son os xéneros literarios? Poesía, novela, ensaio? Os vellos discursos da retórica: exaltar/vituperar, contar, argumentar? Non está mal. Tamén estaría ben mellorar o sistema de xurados: non vaian estar sempre os mesmos. Un sorteo. Como para as oposicións.

    ResponderEliminar
  2. fai ben o ferrín en pedir máis pasta. sabe que é claro favorito para un dos galardóns. :)

    ResponderEliminar
  3. Ferrín en caso de ser premiado, non sei se recollería o premio, e aínda que non o sexa merece ese e moitos máis. A súa personalidade ten que ir a parte do seu talento como escritor.

    ResponderEliminar
  4. Hay moita mitomanía con Ferrín. Será que é un mito, pero tras do mito, que hai?
    É tan bó escritor?(poeta, contista,novelista, ensaista,columumnista)
    Foi tan significativo na vida política do pais?
    Acostúmase a despachar estas cuestións con catro loas, ou catro descalificacións faceis, alguén entre a culta xente que hai por aquí pode dicir algo mais?

    ResponderEliminar
  5. Pois si Anónimo, mire, se a nosa lingua estivera en disposición de seren honrada co Nobel, Ferrín sería quen tería a honra e habendo unanimidade neso, sobran comentarios.

    ResponderEliminar
  6. Por moi contundente que se poña vostede, nunca haberá unanimidade para a concesión do, utópico, Nobel Galego a Ferrín.

    ResponderEliminar
  7. Convoquemos concursos, zarraspiquemos premios e furrichemos galardóns que así se fai país...Pero eu prefiro treixadura.

    ResponderEliminar
  8. Xa que vai de viño....porque non tamén: torrontes, lado, godello. Mencía, Caiño.../Menos Alicante ,Garnacha..poís que sean as nosas.
    País podese facer ...hasta coa Augardente de Portomarin
    PasabaporAqui.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.