19 abr 2008


FÍO MUSICAL PERMANENTE

Gústame a idea que deixaron algúns contertulios de ter un xeito de Fío Musical Permanente no blog.
E teño unha idea ó respecto. Podería abrirse cada sábado un fío de tema musical, para opinar e desenvolvelo ó longo de toda a semana.
E propoño que o faga cada semana un contertulio diferente. Vostedes teñen o meu correo persoal (está no Perfil do blog). Preparan un texto breve (10-15 liñas) como entrada e nel fagan as súas suxestións musicais, coas ligazóns a Youtube que queiran. Creo que estaría ben recomendar en cada post entre 3 e 5 temas ou cantantes ou grupos musicais. Despois só terían que enviarme ese texto e eu colgaríao, por exemplo, cada sábado (como fixemos no seu día coas entregas de Xosé M. González).
Eu publicaría os post por orde de chegada. E emprazo, para empezar, ós contertulios máis habituais: Xoán da Coba, Apicultor, Jimmy de Rairo, Xabimusic, Julio Medela, Arumes, Trebi, Leituga, Xosé M. González, Jim Morrison, Monxardín, Lourixe, M. Swan, David Paz, Xulio Outumuro, G. Peaguda, M. Fraga, etc., e escusas polos que esquezo neste momento. Se se animan, xa saben. (Isto non impide, por suposto, que deixen cancións ou agasallos musicais noutros fíos, cando queiran).

E, como hoxe non temos aínda redactor do Fío Musical, déixolles un videoclip dunha das miñas cancións favoritas.
Entereime tamén por Miraxes (TVG), que vai cantar na Coruña a marabillosa Elephteria Arvanitakis.

31 comentarios:

  1. E xa me puxo a mín de primeiro na "Reihe" (na fila), coma din s alemás !!.
    Ok. Compromiso asumido.

    (Voulle decir de alguén que tamén adora moito esa canción, "Suzanne": o fillo de Carmen Leyte).

    ResponderEliminar
  2. Don Xoán, vostede ten moitos méritos para encabezar o primeiro Fío Musical. Aínda que só sexa por motivos de idade: é vostede o único que pode lembrar a inauguración da luz eléctrica en Ourense e cousas semellantes...

    ResponderEliminar
  3. E qué lío se montóu con aquelo da luz. Uns, decían que a xente xa non iba morrer, que a corriente os resucitaba.Outros, ao revés, que mataba á xente ou a volvía tola ao seu contacto. As velliñas, que se iba ver como de día e as pitas iban deixar de poñer ovos. Algún pensaba na pérdida da intimidade dos recunchos escuros, útiles pra unha variedade de menesteres. Outros, que valía máis cara que o ouro, que non podía gardarse en ningunha caixa...

    ResponderEliminar
  4. Trebi ,recorda a viaxe a ROMA.
    Esta canción pode valer:
    http://es.youtube.com/watch?v=F7jv8zmtnxE

    ResponderEliminar
  5. http://es.youtube.com/watch?v=F7jv8zmtnxE

    ResponderEliminar
  6. Sr. Anónimo, grazas por pendurar esa boa performance audiovisual sobre Roma.

    ResponderEliminar
  7. O amigo Xosé Lois Carrión mándame esta mensaxe, que vou compartir con todos. Nela fai referencia a varias cancións que, por diversos motivos, foron todas importantes na nosa primeira mocidade.

    Amigo Marcos:
    vista o novo apartado do blog (literatura, fotografía e agora musical), sinceramente e sexa como sexa, coido que a cantiga que ten que inauguralo é, e non pode se outra que: (...hai máis temas interesantes nesa páxina):
    http://es.youtube.com/watch?v=F-nWgCsEMG0

    ... e como ía faltar este cantautor!
    http://es.youtube.com/results?search_query=patxi+andi%C3%B3n&search_type=

    Tampouco estaría mal de fondo estoutro:
    http://es.youtube.com/results?search_query=%22luis+emilio+batallan%22&search_type=

    No blog xa aparece a foto desta xente:
    http://es.youtube.com/watch?v=mpmE7cGFFUQ

    Leonard Cohen está ben, moi ben, pero que me dis desta moza...
    http://es.youtube.com/watch?v=VblAfsjKIWQ

    E que dicir de:
    http://es.youtube.com/results?search_query=%22Georges+Brassens%22+&search_type=

    Non me dirás que non estás de acordo con todas, sobre todo coa primeira, non si?
    Non me esquezo, por outra banda, das fotos que me pediches. Xa irán.

    Uha aperta
    Xosé Lois Carrión

    ResponderEliminar
  8. Suzanne é tamén a miña canción.Lembro
    a radio-cassete e a cinta gravada naquel cuarto de Santiago. E chovía.

    ResponderEliminar
  9. Dear bloggers,
    volvemos, por un momento, á década perdida: os anos 70.

    Parece unha musiquiña tonta e leda,
    pero ten máis chicha do que parece, e o vídeo é hipnótico:
    http://www.youtube.com/watch?v=PSTHMxBttlU

    Seguramente lles soa (soou) esta:
    http://www.youtube.com/watch?v=SceUX2HOHeU

    E esta:
    http://www.youtube.com/watch?v=-QnBccG_ChI

    Pero para min a mellor é esta. A letra está moi ben:
    http://www.youtube.com/watch?v=-QnBccG_ChI

    ResponderEliminar
  10. os anos 80, quixen dicir

    ResponderEliminar
  11. Aquí teñen o último tema interpretado por Elvis Costello:

    http://www.youtube.com/watch?v=G0btMXKcGew

    ResponderEliminar
  12. Non me soa nada porque os links, están mal feitos.

    ResponderEliminar
  13. As ligazóns están ben feitas. Deixei esta sen poñer:

    A versíon orixinal que logo reinterpretou Elvis Costello:

    http://www.youtube.com/watch?v=nSlHSq3cFAg

    ResponderEliminar
  14. Prégase a quen non saiba poñer unha ligazón directa, que se absteña de poñer ligazóns inútiles.

    ResponderEliminar
  15. Hoxe a Música que os ofrezo, haber sí gusta:
    http://es.youtube.com/watch?v=3bFGfIAJRvo
    Mouldy Old Dough-Leiutenant Pigeon
    Saudos TREBI

    ResponderEliminar
  16. claro, anónimo, como é tan difícil cortar e pegar, e iso non o aprendían no barrio sésamo, pois xa se sabe...

    ResponderEliminar
  17. Pois eu estou de acordo co que di o anónimo: que se deberían poñer aquí as ligazóns directas ás cancións no You Tube.

    Non vexo que problema pode haber en que quen queira poñer unha canción o faga establecento a ligazón directamente desde aquí.

    Non sei os demais, pero eu desde logo non me tomo a molestia de copiar aquí, cambiar de páxina para ir logo a You Tube, colar o enderezo e esperar a ver que sae logo. Demasiado tempo para o meu gusto.

    De aí que, se cadra, sexa tempo perdido facer o que fan. Ou non, a min dame igual, pero sinxelamente non as escoito se non teñen ligame directo desde o propio post, así de claro.

    ResponderEliminar
  18. Resulta difícil explicalo porque nesta fiestra salta o enlace. Así que mirade esta páxina, no epígrafe Un enlace simple.

    ResponderEliminar
  19. Non me canso de recomendar este blog musical, o mellor que se pode atopar hoxendía por moitísimas razóns, dun tal Carrascus de Sevilla: Blogin in the wind.

    ResponderEliminar
  20. Qu'in interesante o blog. Maradonda nun disco canta cos intragábeis Pimpinella. O pastoso Valdano con maradona, nun partido no que levan unha camisola que di "No drug" (hai que ghoderse). Johannes Cruiff canta "Otro buen chut", e o Dream Team "Aquest Any Si!". Ronalidiño, o "Samba Gol" (que lle meteu ao plasta de Laporta). Krankl canta sobre "Ohne Ball, ohne Netz" (sen bólas e sen rede, unha metáfora da vida). Kevin Keegan fai uns pinitos setenteros. E até Jean Marie Pfaff (este si que era cantante) se atreve con “Jean Marie”...

    ResponderEliminar
  21. Non é Valdano: é Julio Alberto, outro da mesma liña (con perdón) ca Maradona.

    ResponderEliminar
  22. Gracias poloa ligazón Arume, un blog interesante e divertido.

    ResponderEliminar
  23. Oh Dior Mío, Julio Alberto... o fillo-político-social que quixeran ter todos os sogros, con ese look de vendedor de "género" no Corte Inglés, e que acabou, malpocado, esnifando as raias do campo... Canto vicio hai en Barcelona...

    ResponderEliminar
  24. No... si al final va a tener más comentarios mi post aquí que en mi propio blog... jejeje...

    Gracias a todos, especialmente a Arume.

    Mi página de estadísticas mostraba muchas entradas al post desde aquí, así que decidí mirar a ver qué pasaba.

    ResponderEliminar
  25. Hable gallego, hombre, hable gallego, que está en Galicia.
    E agora fóra de coñas: ¿non será vostede o Lobito Carrascus? Non lle metía un gol ao Arco da Vella (Arco Iris en su dialecto), pero era o que máis lucía

    ResponderEliminar
  26. Un pracer termos aquí a Carrascus, unha eminencia en cultura musical. Saúdaselle con veneración. Noraboa.

    ResponderEliminar
  27. Vexo con estupor no blog do meu amigo Carrascus (debería dicir alma xemelga, el sabe por qué)unha morea de visitas dos ilustres menbros deste Club. E veño ver cal é a causa, xa que o teño recomendado eiquí moitas veces, mesmo deixei enlaces con magníficos post, e nada, nin caso.
    Agora o comprendo todo, foi o señor Arumes e ademáis fala de fútbol.
    Logo se preguntarán por qué non veñen as mulleres por este blog. Nunca como eiquí sentín o don da invisibilidade ¿terei que desfilar ante a Lexión co bandullo repoludo para que me vexan?¿Terei que mandarlles unha foto para que comproben que non son Lola Gaos? Sinceiramente, non creo que lles importe moito se veñen mulleres ou non. So de cando en vez, esa pequena comezón da cuota, nada preocupante, polo que vexo.
    Sigan, sigan cabaleiros, por min non se levanten, xa me vou.
    Un agarimoso saúdo.

    ResponderEliminar
  28. Uy... como se ha puesto Luliña...!

    Menos mal que por mucho que nos atraigan el fútbol y la música, siempre nos gustarán mucho más las mujeres como ella, verdad, colegas?

    ResponderEliminar
  29. Excusas, se o da invisibilidade se refire tamén a min: por aquí será, en calquera caso, sempre benvida (e a min non me gusta o fútbol).

    ResponderEliminar
  30. Vostede para min sempre foi visible, amiga Lula, e coido que non minto. Ademais, a min o fútbol, indiferencia total.

    A culpa de todo ténlla o chisgarabís do futboleiro Arume que se xunta cos seus amigotes-machotes no bar a ver o partido, e cervexa vai, cervexa vén... e logo chega a casa co buche cheo e coa bufanda do Barça cantando ese himno culé tan horrible.

    :-)

    ResponderEliminar
  31. Encantado de coñecela, Lula.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.