
premios aelg 2008
Escoitado na radio. Beramendi (ensaio), Millán Picouto (teatro, por Ciclo de Marte), Miguel Anxo Murado (narrativa) e Méndez Ferrín (xornalismo literario), algúns dos premiados polos socios/as da AELG 2008. (Na imaxe, Millán Picouto nun debuxo, creo que autorretrato, de hai uns anos).
Parabéns aos ganadores, en especial a Picouto (unha rara avis no panorama literario galego) e a Murado.
ResponderEliminarMais, don Marcos, unha cousiña: coido que para o ano 2088 os premiados estarán todos calvos e, lamentablemente, non se van decatar de que recibiron un premio.
Si, mellor que reciban o premio no 2008, porque non están calvos e si se van decatar. Parabéns outravolta.
ResponderEliminarE en poesía premiaron precisamente o sextinario de Marica Campo. Parabéns.
ResponderEliminarPois parabéns ao máis que merecido premio de Marica Campo. Ás veces os premios son xustísimos.
ResponderEliminarpois non o sabía cando fixen esta nota: hoxe mesmo lle dedicaba a MARICA CAMPO o Pan por Pan de La Región. Os meus parabéns, por suposto. A todos/as.
ResponderEliminar