25 may 2008



Axenda. José Luis Cuerda presentará no Liceo o libro «A soidade das vogais» de José María Pérez Álvarez.
O Liceo da capital ourensá será escenario o luns a partir das 20.15 horas da presentación do libro La soledad de las vocales do escritor ourensán José María Pérez Álvarez, Chesi, polo que obtivo o premio Bruguera de novela na súa terceira edición. Ao acto de presentación acudirá o director de cine José Luis Cuerda, amigo do autor, que achegará aos presentes as reviravoltas da obra.

(Nota: as imaxes, fotos de Trebolle, son da presentación anterior no Liceo, de LAS ESTACIONES DE LA MUERTE. Introduciuno Manuel Zabal, cun texto ben traballado e orixinal. O autor dixo que optara por non variar o texto da súa primeira novela, publicada hai uns cantos anos, e definiuna como a súa "homenaxe a Ourense").

8 comentarios:

  1. PARA EVITAR SUSPICACIAS, que este país é terrible, aclaro xa que, con moito pesar do corazón, non poderei estar neste acto: coincide coa despedida dos meus alumnos/as de 2º Bacharelato no IES A Carballeira, na que tamén teño que participar e á que, ademais e como é lóxico, tampouco quero faltar. Dende aquí, un saúdo para Chesi.

    ResponderEliminar
  2. Estiven sen PC esta fin de semana ata hoxe, Marcos. Pola miña banda non hai suspicacia ningunha; sé que andas metido en moitísimos actos culturais (ademáis, supoño, dos familiares, amigos, voltas de un lado ó outro, como case todos nós) e se non asistes terás as túas razóns que entendo perfectamente. Moitas gracias pola reseña no teu blog e unha aperta. Chesi.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas tamén a ti, Chesi. Por suposto, xa sei que pola túa banda non pode haber suspicacias, estás moi por riba diso.Agardo que o acto sexa un éxito, como merecen os teus libros, sempre de máximo interese e calidade estética. Unha aperta tamén, Marcos.

    ResponderEliminar
  4. Por certo, tamén para CHESI, por se non o viches, onte Ferrín sacou a súa páxina dos sábados dedicada á novela EL RÍO, da colección que dirixes (creo que está en PDF na web do Faro). Saúdos de novo.

    ResponderEliminar
  5. Permíteme a puntualización: fai mención á cita do principio do libro de López Cid (a que recolle a vella cantilena de clase de xeografía), pero o artigo de No fondo dos espellos non está dedicado á/ao novela/libro. Máis ben ao río Miño.

    E, por certo, no buzón desa mesma páxina ferriniana faise eco dunha carta de Perfecto Ramos, desde Crecente, anunciando a saída dunha revista chamada O Garabano da Cultura.

    ResponderEliminar
  6. Por se se achega ata aquí, unha aperta para o PERFECTO RAMOS: compartimos piso en Compostela, con Bieito Iglesias, co Roi (Bieito Alonso), co Manuel Cao, co XOán Guerra... Pero hai anos que non nos vemos. Tenme chamado e convidado dende Vigo, pero ata agora non puiden cumprir cos seus convites.

    ResponderEliminar
  7. Chesi. Coño. El pan de los pobres en euskara. Para que logo digan. Se este mundo é marabilloso,viaxarf ata Mallorca, sen necesidadde de tomar o barco ou o avión, sólo viaxando en bicicleta ou autoestóp.

    ResponderEliminar
  8. Recollo o teu saudo Marcos. O sábado presentamos "O Garabano da Cultura". Contamos na presentación coa presenza do noso común amigo Bieito Alonso.
    Se temos a oportunidade de encontrarnos algún día xa che farei entrega dun exemplar desta marabillosa revista.

    Apertas

    Perfe.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.