13 may 2008


en poleiro alleo

* Eduardo Galeano, a voz ética dos invisibles. O escritor uruguaio reivindicou a óptica dos excluídos polo sistema capitalista neoliberal na resentación en Santiago do seu libro 'Espejos, una historia casi universal' (M. Dopico, GH. 13.5.08. Foto Patricia Santos).

* Camiño no vao. Globalización e caramelos, Afonso Vázquez Monxardín, GH. 13.5.08

82 comentarios:

  1. Xa saben que os centros das cidades de todo o mundo par�cense cada vez m�is. As mesmas tiendas, e moitas veces, deliberadamente, na mesma posici�n relativa. A sensaci�n � bastante on�rica. Miles de Kil�metros pra acabar asombrosamente no mesmo sitio.

    ResponderEliminar
  2. E as periferias e alfoces aínda máis, amigo don Xoan.
    Pero unha das cousas que máis unifican non son as tendas (e vaia esto en homenaxe a Monxardín e ao seu gusto de mirar para o chan) senón o granito cortado en planchas de a 7 centímetros (coa correspondente rebaixa de 2 milímetros por peza para sacarlle choio ao concello contratador) para pavimentado. Non hai cidade que non presuma: mesmo en Córdoba, onde se estilaban antes lousas irregulares de granito rosa e canto rodado, xa comeza a instalarse o famoso paralelepípedo grisallo para eses espazos abertos (tan de De Chirico) que acostuman crear os arquitectos e demáis creadores de atmósferas. Resistente será, pero non haberá outra cousa? Que sei eu: cuarcita de minas ilegais, por exemplo.

    ResponderEliminar
  3. Eu vou propoñer a obra de Galeano como libro de consulta para os estudantes de historia universal. Ainda que só sexa por ofrecerlles unha outra visión da historia: a sur-historia.
    Por certo, mañá estará en Ourense.
    Xabimusic.

    ResponderEliminar
  4. Disfrutade de Galeano en Auria. Onte foi en Santiago unha tarde máxica, chea de humor, metáforas, bágoas, apertas...un espello ao su estilo. Eun nunca vira ao conferenciante aplaudir ao seu público deste xeito, tampouco vira que os aplausos fóran ao principio moito máis longos que ao final, Manolo Rivas sen poder conterse...o desaproveitado debate posterior.

    ResponderEliminar
  5. Eu para chorar prefiro os melodramas e para rir as comedias.

    ResponderEliminar
  6. apicultor, mírese o cerebelo: o seu é grave.

    ResponderEliminar
  7. Respecto aos que se autoerixen en "voz ética dos invisibles", estou de acordo coa hindú Gayatri Chakravorty Spivak cando sospeita dos xestos benintencionados e da aparente “benevolencia” que demostran algúns defensores occidentais ou occidentalizantes cara os grupos subalternos oprimidos, que queren representalos e falar no seu nome, cando en realidade o que fan é suplantalos e, no fondo, roubarlles realmente a súa voz.

    ResponderEliminar
  8. Sería tan amable o anónimo/a anterior de indicar por que o meu é tan grave? Eu pensei que simplemente era leve.

    ResponderEliminar
  9. Bonito asunto, apicultor, o do altruismo extendido e extensivo, tan levado -pero sobre todo traído- nestes tempos. Hai outra visión, tamén positiva, da charla de Galeano en www.manuelgago.org/blog (Capítulo 0). Incluso un anaco de audio...

    ResponderEliminar
  10. Eu non me refería exactamente ao altruismo, amigo Pablo, nin tampouco á solidariedade.

    Referíame, entre outras cousas, a voz e a experiencia. Pode a "ausencia de experiencia" (a carencia de sufrimento real e cotiá como radical diferencia) dar "voz" a quen non a ten? É ética a "suplantación" por moi ben intencionada que esta sexa? Etc.

    En todo caso, non dubido de que haxa máis visións positivas ca negativas da charla de Galeano (á que non asistín, pero si a algunha outra súa, supoño que moi semellante na posta en escena).

    ResponderEliminar
  11. Pois eu aínda non fun a de Galeano. (Escritor que me marabilla. Todos los fuegos el fuego é libro da miña devoción). Pero na liña que apunta Apicultor, vin a charla de Luis Sepúlveda hai tempo en Ourense, e as posturas sobre a Bachelet en Chile e en xeral sobre a marcha do país parecíanme sacadas dun manuel de progre do 68. Fixas. Estáticas. Paternalistas, etc.
    A ver se mañá podo ir ver a Galeano.

    ResponderEliminar
  12. Concordo integramente co dito por Apicultor. Non digo que Galeano sexa un farsante, pero hai que ter coidado cos que fan da ética unha profesión, e ademais, lucrativa.

    ResponderEliminar
  13. Apicultor: Vde. pensaba que Lobeira era o principio do mundo, onde o vento dá a volta. Élle verdade. Mais tamén se asinaron alí tratados internacionais. É certo. Velaquí a delegación do estado español.
    Élle certo, Apicultor.

    DELEGACIÓN DO ESTADO ESPAÑOL NO ACTO INTERNACIONAL DE REVISIÓN DE FRONTEIRAS

    ResponderEliminar
  14. Intuía que ía estar basicamente de acordo comigo, amigo Morrison. Mesmo pensei en vostede cando redactei o meu post e díxenme: Jim o diría moito mellor. De verdade que foi así, dígoo con total franqueza.


    ****************

    En efecto, non se trata de afirmar que Galeano sexa un farsante. Seguramente é unha persoa encantadora, simpática e afable, e que mesmo cre con sinceridade no que di e no que escribe. Por descontado que manexa a pluma con gran destreza e que fala extraordinariamente ben, que ten unha capacidade narrativa capaz de crear empatía e identificación no lector ou no oínte.

    Pero non cabe dúbida de que é un “profesional da denuncia”, un “profesional que fala polos vencidos” (sic), pero que non é un vencido, que nunca foi un vencido, non nos enganemos. E é un profesional dende hai corenta anos, e vive diso. De conferencias moi ben retribuídas polo Mundo Rico adiante (canto lle pagaron pola de Santiago?), convidado por asociacións de xornalistas, universidades e foros subvencionados, mentres é agasallado cos mellores hoteis e restaurantes. De libros que vende moi ben e que a súa editorial lanza co mesmo interese mediático e publicitario ca outro produto comercial. Tamén escribe artigos que publica en numerosos medios. Terá, supoño, axente literario. En todo isto non se diferencia de ningún escritor famoso, agás quizais na temática.

    O seu tema principal é a denuncia dos males do Terceiro Mundo, nomeadamente de América Latina, e do imperialismo norteamericano, építome de todos os males habidos e por haber. E faino moi ben: é un profesional da pluma e da palabra falada, capaz de tocar as fibras sensibles co seu relato, pero non é un sesudo estudoso, un fino analista, non confundamos os termos.

    E como tal profesional ten gañado un amplo público no Mundo Rico que acude as súas conferencias (sempre en grandes aforos e perfecta megafonía) co mesmo fervor que acude a un concerto dunha estrela de rock. Un público que sabe co que se vai encontrar: un bo “espectáculo” cheo de maxia, bos sentimentos, denuncia de inxustizas e solidariedade à la page coa que contentar a súa mala conciencia de formar parte do Mundo Rico. Un público que, mormente, nunca acudiría á charla dun descoñecido ou descoñecida indíxena mapuche ou aymara traído por unha modesta ONG e que vén falar das experiencias reais, cotiás e vividas da súa comunidade. Un público –basicamente o típico “progre”- que acude á chamada da fama mediática, non en balde os xornalistas non teñen empacho en presentar a Galeano cun logo: a voz ética dos sen voz, dos marxinados, dos excluídos, dos invisibles.

    E sen dúbida que reconforman o espírito as súas charlas: un sae momentaneamente convencido de ser mellor persoa e máis solidaria, antes de perderse na grisalla vida diaria do Mundo Rico, no pago da hipoteca ou na compra quincenal no Carrefour. Galeano vende sentimentos e emocións solidarias pret-à-porter. Cuestión de mercado: a oferta adecúase á demanda.

    Independentemente das súas cualidades como persoa, Galeano é unha star mediática e un profesional da denuncia altermundista en continúa xira polo inmenso Mundo Rico, que deosta con razón por insolidario e egoísta. Nada que obxectar: vivimos nun mundo cheo de star-system para todos os gustos e afeccións.

    Pero quizais non estea de máis preguntarse se non sería algo máis solidario –pero sen dúbida menos emocionante- ir escoitar aos vencidos de verdade, ao índio mapuche ou aymara que, se cadra, está a dar unha sinxela charla a poucos metros da nosa casa sen tanto rebumbio mediático. Pero non nos enteramos ou non nos queremos enterar, pois volver algo tristes é pouco reconfortante para os nosos delicados espíritos, sempre ávidos de emocións que saian emocionalmente gratis: I Feel Good!

    ResponderEliminar
  15. Joder, apicultor.
    Que ben fala.
    E canta razón ten.

    ResponderEliminar
  16. Home, o problema, amigo Apicultor, é que escoitar directamente ó indio mapuche ou aymara é obviamente ben difícil: non teñen eses medios para percorrer Occidente coas súas charlas polo xeral. Vivimos nunha sociedade mediática, para ben e para mal, e iso hai que asumilo: de non facelo nin Galeano nin ninguén podería falar de nada nin en home de ninguén. Nin sequera poderiamos escribir no blog...

    ResponderEliminar
  17. Se tivesemos unha verdadeira vocación solidaria -e non meramente superficial e buenista-, si que poderiamos escoitar e ler, máis veces das que se pensa, a voz dos "invisibles". Máis das que se pensa, mesmo a través da rede. E se non teñen medios para percorrer Occidente é porque nós, os occidentais solidarios de salón, non facemos nada para que así sexa, porque preferimos a megaestrelas que nos conten a película para logo aplaudilas e volver a casa coa conciencia tranquila. Porque preferimos a emoción efémera mediada polos media á autenticidade vivida e vívida.

    Por outra banda, unha cousa é falar por si mesmo ou por un grupo político ou social do que se forma parte, e outra radicalmente diferente é a pretenciosidade -e a artificiosidade- de falar nada máis e nada menos que en nome dos excluídos, marxinados e invisibles, sen pertencer a eles. Trátase, pois, de arrogarse a representativade de media humanidade pobre, suplantándoa, para satisfacer a mala conciencia da outra metade rica. Porque, entre outras cousas e como dixo un bo amigo meu, "dicir nun auditorio o que a xente quere escoitar non é a función dun intelectual". É a función dun entertaiment.

    ResponderEliminar
  18. !Plas, plas, plas! Un aplauso para Apicultor.

    ResponderEliminar
  19. PLAS,PLAS, Apicultor.
    (Facía tempo que non aplaudía).

    Solidarios de salón, feministas de salón, reivindicacionistas de salón,tesis de salón,...

    ResponderEliminar
  20. Vaia, escribin antes de ler o comentario de Jim.

    ResponderEliminar
  21. O malo é que os solidarios de salón adoitan a chamar insolidarios a queñes pasan de salóns, de concentraciós con minuto de silencio puramente mediáticas , de ineficaces manifestos de abaixo firmantes e cousas así.

    ResponderEliminar
  22. ¿E quen nos garante, amigo Apicultor, que a súa crítica non está eivada coas mesmas eivas que denuncia?

    Ás veces o único que se reivindica é a parálise.

    ResponderEliminar
  23. proletarios del mundo, uníos! apicultor tiene la salvación!!!!

    ResponderEliminar
  24. O que manexa a pluma con gran destreza é vostede Apicultor.
    ainda que algúns non lle caia demasiado ben, que se jodan.Hai que roelo !
    As miñas reverencias.

    ResponderEliminar
  25. Pobres proletarios do mundo, como teñan que agardar pola "salvación" do apicultor. O apicultor non é quen de "salvarse" nin a si mesmo, encerrado como está na estratexia da araña feita con uvas que lle teceu o amigo ValCÁRCEL.

    ResponderEliminar
  26. Que "pluma" é a que "manexa con gran destrozo" o señor Apicultor?

    ResponderEliminar
  27. A miña, amigo O de Sempre, máis ca unha crítica ou unha denuncia propiamente ditas, é unha constatación –fragmentaria e incompleta- dalgúns dos vieiros polos que discorre certa sensibilidade pret-à-porter típica da sociedade opulenta actual en íntima comuñón cos seus fundamentos mediáticos. En todo caso, eu non reivindico ningunha parálise, senón que constato a existencia de (pseudo)movementos que entendo que son verdadeiramente paralizantes.

    Por outra banda, líbreme deus ou o diaño de propoñer eu ningunha "salvación", nin propia nin allea, porque procuro fuxir dunha escatoloxía de raigame xudeo-cristiá. Como tampouco uso a expresión obsoleta -Galeano tampouco a utiliza, coido- de "Proletarios do mundo, unídevos".

    ResponderEliminar
  28. E falando algo máis en serio: quen paga a seguinte ronda de cañas? Para min unha clarita, por favor.

    ResponderEliminar
  29. apicultor, mente preclara, o noso guieiro!

    ResponderEliminar
  30. God! God! God! Xenial o benemérito Apicultor, ten o meu voto incondicional se se presenta a algo, pola súa bonhomía. É certo Echeoquehai, e non hai mais cera que a que arde.
    Claridade si señor, eso é o que necesitamos. Adiante Api, estamos contigo. O mellor con diferencia de todo o Blog.

    ResponderEliminar
  31. Non teñen vostedes categoría. Aprendan, por favor: estes son diálogos y debates interesantes. Para que despois digan que a Educación Física é fundamental.

    ResponderEliminar
  32. Non distraiga, eu quero que siga desenvolvendo o seu brillante discurso o Apicultor, ou é que ten celos?.

    ResponderEliminar
  33. Que non, home, que non. Que non lle vou entrar ao trapo.

    Marchando outra clarita! XDDD XDDD

    ResponderEliminar
  34. Uf, Arume. Ese é moito texto para ler! XD

    ResponderEliminar
  35. Pobre Arume dos Piñeirais!

    ResponderEliminar
  36. Vaia dar unha volta por Barcelona, hom.

    ResponderEliminar
  37. A quen se dirixe o Anónimo con iso de "Vaia dar unha volta por Barcelona, hom"? Non entendo iso de Barcelona. Debese tratar dunha confusión ou, o que é pior, dunha alucinación produto da moita auga que ten caído estes días na Galiza en contraste coa seca que castiga á cidade condal.

    ResponderEliminar
  38. Vaia dar unha volta por Ansterdam, hom.

    ResponderEliminar
  39. UN MUNDO PERFECTO
    Aquela noite Ap retirouse do espello, sentíase satisfeito, por fin a súa imaxe fora reflexada e recobrara a alma. Agora-díciase-podo abandoar o mundo virtual e voltar a realidade. Levouse a man a face e tocou só oso, mirouse a man, era a dun esquelete, entre as pernas non había nada, mellor -díxose- volvo a pantalla e colgo a alma da realidade morta.

    ResponderEliminar
  40. ¿E logo, ten cara de oso?

    ResponderEliminar
  41. Chorrada non: chorrada e media!

    ResponderEliminar
  42. Vaia dar unha volta polo Carallo, hom.

    ResponderEliminar
  43. Estou en desacordo. Chorrada e media non. Chorrada e tres cuartos.

    ResponderEliminar
  44. jajajajajjaja, chorrada elevada al cubo

    ResponderEliminar
  45. O meu carallo non ten volta que dar, vai directo ao grao.

    ResponderEliminar
  46. O que faltaba: chegou o falócrata flácido.

    ResponderEliminar
  47. Diso nada, rapaces. O gran xenio descoñecido da literatura galega. Mórranse de envexa todos os escritorciños galegos.

    ResponderEliminar
  48. Pois a min UN MUNDO PERFECTO gustoume moito.

    ResponderEliminar
  49. Mire que lle fago outro retrato!

    ResponderEliminar
  50. E eu que dixen, entón?

    ResponderEliminar
  51. A verdade é que é un microrelato caralludo. Se o Arume o puidese comentar...porfa...

    ResponderEliminar
  52. Se o comenta Arume prometo un cada naoite, pero para distintas persoas, non se vaia a crer Ap, que é o único de interés.
    E firmo, son a partir de agora a garnacha escribidora.

    ResponderEliminar
  53. PEQUENO MUNDO TRISTE

    Pensou comerse o mundo, acadar a gloria, ser aclamado. Pero tan só conseguiu que seu pai comprara media edición para presumir ante os amigos por primeira vez en cincoenta anos.

    ResponderEliminar
  54. "entre as pernas non había nada"
    Microrrelato será, pero de caralludo non ten nada. E non son o Arume.

    ResponderEliminar
  55. Este tamén é moi bo.

    ResponderEliminar
  56. Queda mellor se se lle elimina a última palabra, en vez de" realidade morta", que acabe en "realidade".
    "e colgo a alma da realidade".
    O relato ten moita calidade, e tampouco son o Arume.

    ResponderEliminar
  57. Quedaría mellor se estivese escrito nun bo galego. Canto afeccionado analfabeto hai. O outro, en cambio, é perfecto. E tampouco son Arume nin González.

    ResponderEliminar
  58. Continuación
    O resto comprouno o seu inimígo para que non se lle lera nin ningún libro,así que puido presumir de ter a edición esgotada. Agora vai pola segunda edición.

    ResponderEliminar
  59. Arume dorme plácidamente e todo isto é un soño del. O comentario do seu propio soño fárao mañá.

    ResponderEliminar
  60. Inimígo, con til no segundo i? Coido que non houbo segunda edición nin ningún libro máis. A editorial fartouse de pagarlle aos correctores, que pedían salarios astronómicos.

    ResponderEliminar
  61. Non, home, o resto da edición non o comprou ninguén: vendeuse.

    ResponderEliminar
  62. Hai moito lector vicioso.

    ResponderEliminar
  63. Un agasallo previo ao comentario de texto: outra posible musa

    ResponderEliminar
  64. Glupppppppppppppppppppsssss!!!

    Quen vén sendo a moza, don Arume???

    Non me soa de vela por Lobeira.

    ResponderEliminar
  65. UN CONTO QUE REMATA BEN

    Cando se centrou e deixou de andar facendo o chorras polos blogs, cando recuperou a súa vocación, púxose a escribir de novo. Custoulle, pero conseguiuno. Houbo un segundo libro e mesmo aprendeu a escribir con correción. Desta vez tivo un éxito medio de público e crítica. Pero non desistiu: houbo outro libro, e logo outro e outro... Por fin atopou a súa voz e acadou oficio, ao tempo que cedía en pedantería e se humanizaba. Foi o suficientemente recoñecido para o que é o País, mesmo se reeditaron varias das súas obras. Agora está moito máis contento e segue a escribir sen pausa porque ten moito que dicir. Parabéns.

    ResponderEliminar
  66. É prima donna da coral de Cacabelos. Canta como os propios anxos aquilo de
    Viva lo moreno, viva
    lo moreno es elegante
    viva porque a mí me toca
    de lo moreno bastante
    Que soy morena ya lo sé yo
    de ser morena me valgo yo
    porque lo blanco si sale al campo
    lo lleva el aire, lo tuesta el sol
    y lo moreno por ser moreno
    de lo moreno presumo yo.
    Que soy morena ya lo sé yo
    que soy Berciana de condición
    En Priaranza tocan la danza
    y en Villalibre la bailo yo.
    Anda agora de xurado en Cans no Porriño.

    ResponderEliminar
  67. Que escribidor tan mimado este do conto, todos a comprarlle os libros, o pai, os inimigos,o público, ten en alerta aos comerciais, fai traballar aos correctores o editor dalle consellos...non será o que escribiu "Un mundo perfecto" que trata dun desalmado e paranóico internauta?.

    ResponderEliminar
  68. No "mundo perfecto" de Api todo é como el di.
    E coa mesma vóume dar unha bolta por Varcelona.

    ResponderEliminar
  69. No "mundo imperfecto" de Jimy todo é ó revés do que el di. E coma mesma woume dar unha wolta por Warcelona.

    ResponderEliminar
  70. Outro agasallo. O comentario de texto sobra !!
    Deus maior

    ResponderEliminar
  71. Ao que eu non estou disposto é a que se empreguen fotografías miñas neste blog. Falarei cos meus avogados (Delapierre, ao loro) deste desagradable asunto.

    ResponderEliminar
  72. Xa estou aquí, a quén dicía que había que pegarlle unhas hostias?.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.