Fío musical (19), de Gustavo Peaguda
The TimesThey Are Changin Vs So You Want To Be A Rock and Roll Star. The times they are a changin´ cantaban os nosos politicos de esquerdas naqueles anos mozos na compostela mitica. Poderían hoxe eses homes e mulleres asinar o que escribiu Jean Paul Sartre no prologo da novela de Paul Nizan " Aden Arabia" no ano 1960 :" Comunicar os xovenes desconocidos a nosa cordura e os bos frutos da nosa experiencia?. De dimision en dimision. só soubemos unha cousa: a nosa radical impotencia". Por iso co tempo alguns poden pensar que seria mellor que aqueles xovenes cantaran " So you want to be a rock and roll star" a berro limpo. Polo menos o cinismo non presidiría a vida dalguns e se lembrarian mellor do que facian e pensaban cando eran novos. Eu de momento seguirei escoitando as versions daqueles temas que fixeran os The Byrds nos sesenta.
Morreu Bo Diddley
ResponderEliminarQué guitarra máis peculiar usaba. Que descanse en paz e que lle bote unhas pezas enerxéticas con Chuck Berry, Buddy Holy, Elvis & Company, alí onde queira que estean todos.
ResponderEliminarChegóu a facer unha guitarra cunha caixa de Korn-Flakes, e outras moitas, de formas raras. Os seus riffs rítmicos influenciaron a moitos outros guitarristas.
ResponderEliminar