9 may 2008




Hoxe pasei por Bar Cobas no Polígono e fixen as fotos do cadro de Miguel Carballo.
Comentada no Blog po XDC. A Sra, di o do Bar e a Nai do personaxe. Saúdos, Trebolle.

5 comentarios:

  1. Mira a velliña, bullando espigas e botando os graos nunha tega. Có cadullo dunha, bulla outra, é como se fai.
    Era de moi "machotes" ser quen de levantar ás costas un saco cheo de fariña cós dous pés metidos na tega.

    ResponderEliminar
  2. U paxaro sempre consigue o que quere!!!
    Tempos aqueles...
    Agora que tanto se fala de bipolar, este eran dous fusionados cun. O cambio do ton de voz grave e pousado co outro histriónico e chíon facían del un auténtico membro do clube integrado polo Zepo, polo Franco del Carro, etc.
    Xenios da literatura -Franco del Carro- da Pintaraperrallas -Zepo- da Oratoria bipolar -Paxaro.
    Ergo o meu vaso na súa lembranza

    ResponderEliminar
  3. Os que eran propietarios do Cobas cando o Paxaro iba por alí, non son os que os rexentan hoxe. O Claudio e a familia rexentan agora o Pazo de Monterrei, moi pertiño. Seguro que poden aportar moitas anécdotas do Paxaro. Nese bar era tratado polos clientes de xeito diferente a como o trataban nos viños de Ourense.
    Seguro que máis de un de vostedes fixo a mili no campamento militar que había alí ao lado, na Medorra.

    ResponderEliminar
  4. Miguel Carballo no seu cadro captou perfectamente o aceno que sempre facía co dedo sinalándote e dicindo: "... o tipo".
    Grande o Paxaro e tamén o pintor.
    Lembro cando contaba como conseguirá ter descendencia: "Tal era o tipo, tal era a tipa, requichaba a roupa, paroulle quieta, je, je, ... e agora anda por aí un paxariño voando..."

    ResponderEliminar
  5. O certo � que o Paxaro saiu favorecido no cadro... Ata parece o teniente Colombo...

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.