20 may 2008


Salvador de Bahía, ao lonxe, de Afonso Vázquez-Monxardín
La Región 20.5.08

Estívenlles dando un curso na Universidade Federal da Bahía e outro nunha sociedade galega alá no Salvador hai exactamente vinte anos. Leva chovido moito pero, polo seu exotismo, gardo moitas lembranzas. Moitas cousas me chamaron a atención. É unha cidade medio africana. Os olores, os sabores, as froitas, as xentes, son, maiormente, afro. Grazas ao Carlinhos Brown e a restauración do barrio do Pelourinho -onde nós entraramos acompañados e case con medo- é ben máis coñecida agora. Chamoume á atención ler que na súa historia denominaban galegos a todos os estranxeiros. Non só a galegos -case todos da zona de Ponteareas, Verducido e Terra de Montes-, españois e portugueses. A todos. Así dividian á xente en negros, mulatos, indios, brancos e galegos. (Os bosquimanos -con perdón pois os reivindicadores deles queren chamarlles ‘xentes de fala San’ e consideran insultante o de ‘bushmen’ ou ‘bosquimanos’ homes do bosque- dividen o xénero humano dunha forma máis simpática e complicada: brancos, negros, crocodilos e portugueses. Os brancos son os de Sudáfrica, afrikaneers ou ingleses; os negros, eles, falen San, bantú ou swahili; os crocodilos, parentes por depositarios da alma dos antepasados, e os por tugueses, esoutros que nin os brancos do sur, nin negros, nin cocodrilos, e que andaban por alí, por Angola e Mozambique.) Chamoume a atención en Salvador o de costas que vivía ao mar. Os vellos jangueiros de Jorge Amado non deron nunca o salto á modernización. Así, no mercado do pequeno porto de Praia da Barra os mariñeiros negros sen raíces na pesca, a todo o que caia na rede lle chamaban ‘peixe’ e por todo pedían o mesmo prezo. A lóxica era implacable: xa que todo caeu na rede, todo deu o mesmo traballo, todo custa igual. (...)

9 comentarios:

  1. Excelente artigo. Monxardín estase a convertir nun dos primeiros columnistas do País, se non o é xa. Parabéns.

    ResponderEliminar
  2. Que pelotas é este Apicultor.

    ResponderEliminar
  3. Xa quixera que o dixera de vostede, pero non vai poder ser, lamentándollo moito.

    Eu sempre aplaudo a quen vale e ten mérito. Daquela comprenda que quede coas mans no peto no que a vostede se refire.

    ResponderEliminar
  4. Se é sincero eu agradézolle que quede coas mans no peto.

    ResponderEliminar
  5. Amigo Apicultor: O boi de Allariz, hoxe, pillou e embestiu unha persoa. Veu a ambulancia. Silencio sepulcral na praza do concello.

    Saúdos.-

    ResponderEliminar
  6. A do boi é unha festa besta...

    ResponderEliminar
  7. Sabía, anónimo, parecía unha escena de Antonioni. O tempo parecía vir, no canto de marchar. Sensación peculiar...

    ResponderEliminar
  8. Sabía, anónimo, parecía unha escena de Antonioni. O tempo parecía vir, no canto de marchar. Sensación peculiar...

    ResponderEliminar
  9. "Pelotari" conditio sine qua non usuarios uvas.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.