
Caos informático.
PAN POR PAN venres 27 xuño (Imaxe de
Minority Report)
Falando de apocalípticos, que é o tema destes días tamén no meu blog, Xohán da Coba relembrou o nome de Alvin Tofler, un home que vendeu moitos libros, pero que non acertou demasiado nas súas predicións: aventurou que xa no ano 2000 os centros psiquiátricos estarían saturados de persoas incapaces de adaptarse ás novas tecnoloxías. E lembrarán o barullo que se montou co efecto 2000 nos ordenadores, que logo quedou en nada. É o medo ás máquinas e ó poder hipertecnocrático: como ese heroe perseguido en “Minority Reporet” que ten que operarse e cambiar os seus ollos, que son un código de barras de control policial. Na mesma liña van novelas de ciencia-ficción como “O home terminal”, de Michael Crichton: un home ó que lle converten o seu cerebro na terminal dun computador, o ser humano convertido en apéndice da máquina, un novo Frankestein.
Encantado de que me cite no artigo,Marcos.
ResponderEliminarPero saiba tamén que pode votar man de calquera dos meus comentarios en calquera dos seus escritos, si o considera oportuno, sen citarme para nada, nin implícita ni explícitamente, e sin que me importe en absoluto. As ideas saen de un, pero non son de un. Teñen vida propia desde que nacen.
Xoan é vostede un encanto. ¡ay se soubera cociñar!, ainda podiamos facer algo xuntos.
ResponderEliminar