Herminio Barreiro/ Don Armindo
Don Armindo Iglesias vaise facer famoso coas súas babecadas. Machista, misóxino, antigalego... un pobre home, creo, un homiño. Suscribo totalmente o artigo de hoxe de Fernán Vello.
Se esa é a cruz (e sendo crego, nunca mellor dito), a cara é Herminio Barreiro, que saca parte das súas memorias en Xerais: "Recordar doe". A Revista das Letras de Galicia Hoxe ofrece un gorentoso adianto (en PDF).
Herminio Barreiro é unha gran persoa. Mais tamén é un caso paradigmático do desconcerto do típico intelectual occidental comunista, vítima da súa propia mitoloxía.
ResponderEliminarUn cura debera ser -non o digo eu, é a propia definición católica- un "médico de almas". Se aos médicos fisiolóxicos lles pedimos que modernicen a súa ciencia, para ben do seu servizo e da nosa saúde física, do mesmo xeito quen cre nas almas e se preocupa polo seu ben debería esixir dos seus cuidadores que actualizasen os seus coñecementos. Cantos párrocos en exercicio, como este, foron ordenados con anterioridade ao Concilio Vaticano II e nunca se adaptaron ás novas realidades? Non deberían as dióceses responsabilizarse da formación continuada dos seus empregados?
ResponderEliminarSAR ("Su Alteza Real") non sei se é unha gran persoa, pois non a coñezo. Mais iso si: parece un caso paradigmático do desconcerto do típico intelectual occidental non comunista, vítima dos seus prexuízos.
ResponderEliminarMoi agradecido, anónimo, por chamarme "intelectual non comunista", e non simplemente "anticomunista". Vostede si que parece unha boa persoa.
ResponderEliminarOs tovarich son todos intocables de verdá e nunca irán a -40ºC a un gulag a Siberia.
ResponderEliminarO desconcerto de Barreiro e outros intelectuais occidentais comunistas, pronto o pagaremos todos, empezando polas 65 horas.
ResponderEliminarMmmm...comentario Lourixe...copiar e pegar en bloc...mmm
ResponderEliminarTovarich era unha tenda de bisutería que había na Coruña, non?
ResponderEliminarO texto teñen todos Copyright, señor XDC. Non pode facer uso deles sen consentimento expreso do autor. Ou como vai ser!
ResponderEliminarA tenda era Tobaris.
ResponderEliminarPermítanme enviarlles a todos un saúdo e un recordo para que teñan noticia da miña nova vida. O que canta son eu, en Savannah (Tennessee).
ResponderEliminarAté o seu día. Que teñan unha boa fin de de semana.
Tobaris tamén había outro en Santiago, na rúa que vai dar a Mazarelos desde Orfas. Un prototodoacén.
ResponderEliminarEu posteo con licenza creative commons e o señor XDC pode empregar os meus comentarios para o que guste, gratuitamente, sempre que non esqueza mencionar a miña autoría.
ResponderEliminarO cristianismo baséase nun decálogo (do que agora no lembro os artigos) revelado por Deus mediante quen era naquela altura o seu voceiro, Moisés. O seu sucesor unhas xeracións máis tarde, Xesucristo, resumiunos nun só (amarás a Deus por riba de todas as cousas, e ao próximo como a ti propio). Algúns cregos preconciliares non están ao tanto desta última revisión e só se centran no decálogo inicial, en particular no sexto mandamento, que debe estar relacionado co sexo porque a súa falta é considerada a máis grave de todas. :-P
ResponderEliminarE outro Tobaris en Ourense nas galerías do Paseo...
ResponderEliminarestá ben simpático o Apicultor no video, facendo rir a todo o mundo: para que logo digan ...
ResponderEliminarEstá morto o comunismo? Ten sentido debater sobre o seu fracaso? Pode ser reformulado hoxe o proxecto comunista e en que termos? Por que non opinan? Non lles parece un asunto importante?
ResponderEliminar¿Non pensan que o que propón o anterior intervinte é un debate de moito calado que sería conveniente abordar?
ResponderEliminarEu penso que, a longo prazo, a sociedade mundial rexirase por algún tipo de xestión "comunista". Pero que será o resultado da resolución das tensiós internas por parte do propio sistema capitalista. Unha revolución lenta (contradictio in terminis?), desde dentro, fruto da interacción social a través de novedosos canales, como este que manexamos nós agora. E non da acción de "unhos poucos",iluminados que pensen mirando ao S.XIX.
ResponderEliminarTan "comunista", que o poder estará verdadeiramente repartido, como un recurso máis.
Que a longo prazo ni que niño muerto. O comunismo atísbase xa no hourizonte, é o destiño inxorábele da humanidade, o radiante esplendor que nos agarda despoisxa da loita internacional contra a eisprotación e os opresores. De verdá, tovarich, o futuro é noso, viva a nosa cras proletariada. E quen non queira comunismo, pois pr´un gulag a -40ºC e asunto concluído.
ResponderEliminarO outro día Santiago Carrillo, nunha tertulia dun programa de radio dixo que o s.XX, con dúas guerras mundiais, xenocidios, fames, andazos, etc. fora un século terrible, pero que pensaba que o pior para a humanidade aínda estaba por chegar.
ResponderEliminarQué querería dicir?.
Que agora quere ser Nostradamus?
ResponderEliminar