23 jul 2008


Abelardo Pérez Gabriel,
Ánimo e adiante...!!

Moitos o coñecerán pola TVG e o seu papel de cacique en Libro de Familia. O domingo o FARO daba a coñecer que está a enfrontarse co seu guión máis difícil.
Encontreime onte con el, en zona de médicos, e falamos un pouco. Pouco porque nunca sabes qué dicir nestes casos, ademais de darlle unha aperta. A situación é moi difícil, iso si puiden comprobalo.
Aproveito esta solaina, que é casa tamén de tantos ourensáns e galegos/as, para mandarlle unha nova aperta a Abelardo e unha mensaxe de ánimo, que lle fai falla, seguro.

5 comentarios:

  1. Lín a entrevista do Faro hai uns días, de casualidade. Sinto moito o de gabriel e espero de verdade que se arranxe a situación. Non sei se está ben darlle ánimos ou o mellor será calar pero como sei de que va ese asunto, alomenos mándolle unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. A miña mensaxe de ánimo e bos desexos ,Abelardo, vai xunto co agradecemento polas sentidas palabras que no xornal "La Región" lle adicaches o meu amor.Aquel que sempre te saúdaba con un efusivo "Hola amigo". Nunca tiven a oportunidade de conocerte, nen darche as grazas, tampouco sei se esta será a mellor ocasión, en todo caso recibe unha aperta ben forte e "adiante amigo".

    ResponderEliminar
  3. Esta, dedicada ao Abelardo, que, pra quen non o sepa, tamén encabeza unha asociación de amigos dos anos 60, en Ourense :PREMER.

    ResponderEliminar
  4. Força camarada.

    Xa che escribira esta mensaxe pero por acaso non salíu publicada.

    Somos lexión a ter pasado por un trance similar.

    Iremoste ver e acompañare.

    ResponderEliminar
  5. Unha aperta para Abelardo. Se cadra atópoo mañá mesmo de fronte e dóulla.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.