7 sept 2008


ao raiar o sol
Infame condena
Luís González Tosar (ECG 7-9-08)

Coñecín a Ernesto Cardenal en setembro de 2002, en Tromso, Noruega, preto do Ártico. O autor da Oración por Marilyn Monroe era un dos convidados especiais a aquel congreso no que o vento, a friaxe, o lazo e mailo carambelo protagonizaron tanto coma poetas, novelistas, dramaturgos e demais literatos reunidos. Confeso a miña curiosidade por un home rebordante de paixón, fiel ao Evanxelio, mais tamén a Marx, como tantas veces ten dito. Quizais por iso, cando o vin baixar dun autobús, aterecido, tremelicando de frío, vestido de branco, a penas unha camisiña -a típica cotona-, calzado con sandalias, a cabeleira voándolle e a pucha negra metida até os ollos, semelloume un espírito despistado, recén chegado do alén. Alí, en Tromso, merquei o seu irónico libro de memorias Vida perdida, que fun debullando mentres seguía ao crego revolucionario por recitais e intervencións públicas. Souben así que nacera rico pola casa, que vivira a bohemia, de mozo, que participara na revolución de 1954 contra Somoza. Tralo fracaso ingresou en Gethsemani (Kentucky, EE.UU) nun grupo de trapenses contemplativos.
Ordenado cura, con 40 anos, marchou ás illas Solentiname, onde fundou unha comunidade vencellada ao FSLN. Co triunfo sandinista chega a súa etapa de ministro de Cultura, até que en 1987 tivo que pechar o ministerio, por falla de orzamento. Cardenal foi quen de aturar, de xeonllos, a mala hostia do pontífice da cristiandade que, rubio de xenreira, maldicía contra a Teoría da Liberación. Agora, con 83 anos, suspendido ad divinis, o escritor está sendo perseguido por Daniel Ortega e a súa muller, Rosario Murillo, sátrapas no poder no país dos lindos lagos, o que chora coa dor. Un xuiz "danielista" impúxolle, ilegalmente, á multa de 20.000 córdobas (694 euros). Non pensa pagar. "Si me quieren echar preso (...) estoy listo para ir a la cárcel". Díxolles sorrindo.

21 comentarios:

  1. BOICOT "AGUAS DE MONDARIZ"
    Paremos a agresión a nosa língua e a nosa cultura.

    ResponderEliminar
  2. Boicot á palabra "boicot".

    ResponderEliminar
  3. Boicot a frase:
    "Boicot á palabra "boicot""

    ResponderEliminar
  4. NON BEBAN "AGUAS DE MONDARIZ"
    POLO BEN DO NOSO IDIOMA E DA NOSA CULTURA.

    ResponderEliminar
  5. Beber "aguas de Mondariz" É perxudicial para a língua.

    ResponderEliminar
  6. A repetición continuada dunha mesma mensaxe (con mínimas variacións) aseméllase bastante ó Spam. Á marxe do contido da mesma: por suposto paréceme negativa a declaración desa empresa ó respecto do noso idioma.

    ResponderEliminar
  7. Segundo creo a composición accionarial de augas de Mondariz, trocou xa fai anos, cando nunha remodelación da marca se integrou no Grupo Vichy Catalán e adxudicou o antiguo Presidente do Celta de Vigo, Horacio Gómez, a súa comercialización.
    A min no me extraña nada esta salida de pata de banco dos de Mondariz, ainda que me extraña do Gómez.
    Farei as miñas averigüacións e tereinos informados, pero anticípolles que o Horacio segue a ser un peso pesado en Vigo e no Clube Financieiro. Aten cabos.

    ResponderEliminar
  8. O de Toñi Vicente (e outros dous, cuxa identidade aínda non se sabe, pero se chegará a saber) pode chegar a ser importante: con escrupuloso respecto á inocencia dos implicados, o dano causado á excelencia da gastronomía galega pode ser incalculable. Que lles parece?

    ResponderEliminar
  9. Hai mala uva e moita dose de facer dano neste caso, que indirectaremente no afecta a todos.
    O espectáculo da comparecencia xudicial da Sra. Vicente que foi primeira nova en moitos telediarios e de xulgado de garda.
    Iñoro se hai algo de trasfondo pero algúen esta tentando acabar con un puntal importante da economía galega: a restauración e en xeral a hostelería.

    ResponderEliminar
  10. pareceme moi mal o de Toñi Vicente, mas ainda seria pior se tambem deram cas vieiras AGUAS DE MONDARIZ.

    ResponderEliminar
  11. Eu creo que, en acto de desagravio e, por suposto, gratis, deberiamos irmos todos a de Toñi Vicente a arrearlle ao marisco ou a eses menúes degustación que son a envexa de medio mundo. Un boicot ao revés, ou á xaponesa.

    ResponderEliminar
  12. Poña día e hora e ocúpese do gratis.

    ResponderEliminar
  13. Alguén pode contar que foi o de Mondariz. Onde se pode ler?

    ResponderEliminar
  14. para o último anónimo:
    no blog Brétemas e no portal da AGAL ten a polémica carta de Mondariz.

    ResponderEliminar
  15. En que quedou finalmente ese turbio asunto do Che Tosar e do PEN Club? Foi cousa del pór a parir ó Juan Cruz? Vai demitir ou fará falla moita auga quente?

    ResponderEliminar
  16. laissez faire, laissez passer

    ResponderEliminar
  17. Para os clásicos Das uvas este tema de Loquillo Memoria de jóvenes airados .Con moito afecto e nen chisco de acritude.

    ResponderEliminar
  18. Moi, moi agudo. Esquecín, Sr Arume, que a chispa do seu inxenio pouco precisa para saltar.Unha aperta.

    ResponderEliminar
  19. Paparataina con Toñi Vicente.

    Acabo de ver ó Emilio Rojo e díxome que onte estivo no acto de desagravio a Toñi Vicente. Comendo Vieiras con Beiras e demáis familia. Alguén de vostedes foi?.

    Quen paghou?.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.