10 sept 2008


Camilleri.
pan por pan mércores 10 setembro
O escritor, director teatral e guionista italiano Andrea Camilleri (1925) gañou o segundo Premio RBA de novela negra con “O crimen de Garlasc”. Lin hai unhas semanas unha das súas novelas máis famosas “A pensión Eva”, traducida ó galego en Galaxia hai dous anos e moi recomendable.
Ambientada na Italia da segunda guerra mundial, é unha historia de adolescentes (novela de iniciación) con todo o sabor da literatura e o cine neorrealistas: o “Amarcord” de Fellini podía ser un referente. “A pensión Eva” trata da vida nunha casa de prostitutas, pero os personaxes que a habitan non están faltos de dignidade. Mesmo están vistos cunha mirada humanista, moi propia do neorrealismo.
Nada que ver, dende logo, con esa muller que inicia agora a súa carreira na tele contando as glorias do seu mozo maltratador e que deixou en coma ó home que quixo defendela: non pagaba a pena facelo, non.

2 comentarios:

  1. Camilleri: Oitenta anos,narra sucesos pasados con explicacións políticas.
    A burocracia as astucias as corrutelas, de unha sociedade que creceo a sombra do fascismo.
    24 libros que lle lín con Ledicia.
    Lastima non poder colgar a foto deles na biblioteca.Non quero dar lle traballo o Director da Casa estes días....Con unha forte aperta Marcos
    Trebi

    ResponderEliminar
  2. Camilleri: Oitenta anos,narra sucesos pasados con explicacións políticas.
    A burocracia as astucias as corrutelas, de unha sociedade que creceo a sombra do fascismo.
    24 libros que lle lín con Ledicia.
    Lastima non poder colgar a foto deles na biblioteca.Non quero dar lle traballo o Director da Casa estes días....Con unha forte aperta Marcos
    Trebi

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.