19 sept 2008


Canción de volta.
pan por pan sábadop 20 setembro


Un libro é sempre un bo acompañante. Non pide nada, só está aí, á agarda de que ousemos compartir os seus segredos. Cada libro ten o seu propio misterio, sexa unha novela, unha obra de teatro ou mesmo un ensaio. Tamén o seu momento, a súa propia hora. Eu adoito reservar a noitiña, pouco antes de pechar os ollos, para os poetas. Os nosos poetas de sempre, de todos os idiomas e latitudes. Onte abríronme a porta dos soños un tomiño dos poetas románticos ingleses e unha antoloxía do checo Jaroslav Seiffert, premio Nobel. Del son estes agarimosos versos:
“Axita un pano branco
o que se despide.
Cada día remata algo,
remata algo moi fermoso.
A pomba mensaxeira bate o ceo coas alas,
de volta a casa.
Con esperanza e sen esperanza
sempre volvemos á casa.
Seca as bágoas
e sorrí cos ollos chorosos,
cada día empeza algo,
empeza algo moi fermoso”.

24 comentarios:

  1. O lembrar vostede a Seifert, non esquezo a lectura das suas memorias que teñen por titulo " Toda a beleza do mundo" e as horas tan fermosas que paseineste veran nesa cidade chamada Praga e que tan ven reflexa o poeta nos seus versos.
    Gustavo Peaguda

    ResponderEliminar
  2. Non caera neste post e aledeime xa que coñecín a Jaroslav Seiffert sentadiño nunha silla de rodas, nunha manifestación en Praga na Praza de San Wenceslao, nos inicios no que logo se deu en chamar a Revolución de Terciopelo.
    O seu Nobel, merecido, din que foi ademais unha recompensa pola labor que estaba a facer pola liberdade do seu pais, contra dos sovieticos
    Xa era maior pero aglutinaba arredor de sí un grande número de persoas, entre eles Václav Havel, mais tarde Presidente do país.

    Ese día decateime que había que conseguir que Ferrín fora premio Nobel.

    E da poesía de Jaroslav Seiffert, pois está en alemán e teño lido algunha tradución de xente catalana que bueno..... se lle deron o Nobel será por algo.

    ResponderEliminar
  3. ¿Ese día decaiteima (de) que había que conseguir que Ferrín fora premio Nobel? ¿Pola cadeira de rodas de Seifert? ¿Polas manifestacións? Aínda entendendo que o Nobel non sempre se concede por méritos estrictamente literarios, a frase é o que se denomina "confundir culos con témporas". Home, ata podería dicirse que xa que Seifert ía nunha cadeira de rodas, Delapierre comprendeu, cabalmente, a importancia dos Xogos Paralímpicos ou as teorías de S. Hawking. Aó miller ese "fora" do texto estaría máis axeitado con tilde: fóra.

    ResponderEliminar
  4. Prego: substitúase "miller" por "mellor" no texto precedente. Graciñas.

    ResponderEliminar
  5. Sr. anónimo das 7 09, podería facilitarme o seu correo para que cando teña que pór algun comentario ou facer algún artigo, mo poidera correxir?,
    O meu elle, xaimedapenaceide@gmail.com.
    Estareille eternamente agradecido.

    ResponderEliminar
  6. "Lo esencial es incorregible" (J. A. Valente)

    ResponderEliminar
  7. O esencial é incorrexible,e invisible aos ollos.
    (Valente & Principiño Ltd.).

    ResponderEliminar
  8. Pero sr. Delapierre, home de Deus, de onde saca tamaña ocurrencia?
    Non apoña máis sombras sobre Ferrín, non cotexe máis dúbidas, a xente de Stocolm é sabia e supoño que co tempo e coa nosa insistencia, porá o noso egrexio escritor de Vilanova dos Infantes nos máis outos cumios da inxesta literaria de bolsiño e tentempé. Teña paciencia que todo chegará, cando todo morra, cando todo se desenvolte de novo e amaneza, sen nos.

    ResponderEliminar
  9. Non se a mín, Ferrín caeme como unha patada non güevos, pero sempre pensei que para que non nos pase o tema Steiner, por exemplo, deberían darnos un Nobel e teño claro que ten que ser na persoa do Ferrín, que é un grande escritor, un especialista na nosa lingua e domina moitos rexistro literarios, estivo na cadea, e sigue vivo.
    Polo menos eso pensei dende que era novo, fai 30 anos, que xa choveu.

    Estou esperando ó correo do anónimo

    ResponderEliminar
  10. Cumplo: Se no seu día non lle deron a Premio Nóbel a Xan da Cova polo desenrrolo do trampitán, deixando a parte invencións, nen pola súa lírica e obras teatrais, mal llo darán a Ferrín. Estivo no cárcere: dacordo. Pero, ¿tiña un anxo no ceo da boca como Da Cova? Pois eso... E se comezamos coa nómina de escritores que estiveron presos e facemos da asunto un valor literario, vamos de cú.

    ResponderEliminar
  11. Deixeo anónimo, non entende nada. Cambio e corto.

    ResponderEliminar
  12. Quen me parece que non está a entender ren, con perdón, é vostede, sr. Delapierre. A escrita vale por sí, non pola antigüedade, por estar na cadea ou, simplemente porque sexa o único texto do mundo escrito en bantú, ou é ou non é literatura universal, he ahí a palabra.

    ResponderEliminar
  13. E Analfitano é quen decide o que é e non é literatura universal. Porque el é o troll literario das Uvas.

    ResponderEliminar
  14. Anónimo-Apicultor trooll désta xeira. Segue a escrebir mal o meu nome, vese que ten serias dificultades interpretativas, é vostede quen quere marcar todalas pautas. Chámaselle universal ó asunto que pode ser entendible e extensible á humanidade, sexa o amor, a solidariedade, a vinganza, o rencor, a traizón, a lealdade, a morte... os trasnos e as meigas se acaso, dempois. Grazas por leelo.

    ResponderEliminar
  15. Eu leoo sempre con interese, señor Amalfitano, cousa que non creo que faga vostede comigo. E tampouco nunca o insultei nin o imputei de nada, cousa que vostede fai comigo. Pero se é feliz facendo iso, se se realiza así, por min non hai problema. Ora ben, iso non lle vai dar moita credibilidade.

    ResponderEliminar
  16. Non me lembro de insultalo, nen de imputalo nen de nada similar, lembro somentes comentar moi someramente non estar dacordo con vostede, aludindo, como moito, que a defensa dos seus argumentos semella que defende un determiñado xeito de vida, ou profesión que, por estar exposta ó lóxico debate público, ten que admitir as miñas consideracións, como eu debo admitilas súas, sen máis. Ora ben, a súa postura, sempre á defensiva, declara unha certa inseguridade nos argumentos, algunhos déles ben atinados, pero como se pode apreciar nésta entrada, eu tiro sedal, en limpo e sen cebo, e vostede xa nos comenta a todos que o anónimo que eu quizaves equivocadamente penso que é o apicultor, efectivamente é vostede. E por favor, non me fará comezar a crer en milagres éstas alturas da vida. Un saudo

    ResponderEliminar
  17. E para que poida comprobar motu propio a universalidade á que eu fago referencia, ahí lle vai para análise semántico, gramatical e comentario de texto unha balada dun tal Alberto Pimenta. (Como non tiña o portugués orixinal e a versión está en español, permitinme a licencia de traducilo ó meu mal galego a petición de Carola, saiban disculpar)




    BALADA DO PEQUENO E DO GRAN FILLO DE PUTA
    (hysteron proteron)
    I

    o pequeno fillo de puta
    é sempre
    un pequeno f. de p.
    pero non hai f. de p.
    por pequeno que sexa,
    que non teña
    a súa propia
    grandeza
    dí o pequeno f. de p.

    non obstante, hai
    fillos de puta
    que nacen grandes
    e
    fillos de puta
    que nacen pequenos
    dí o pequeno f. de p.

    ademáis
    os f. de p.
    non se miden a palmos
    dí tamén
    o pequeno f. de p.

    o pequeno
    fillo de puta
    ten unha pequena
    visión das cousas
    e amosa en
    todo canto fai
    e dí
    que é precisamente
    o pequeno f. de p.


    nembargantes
    o pequeno f. de p.
    ten orgullo de
    ser
    o pequeno f. de p.

    tódolos grandes f. de p.
    son reproduccións en
    grande
    do pequeno f. de p.
    dí o pequeno f. de p.

    dentro do
    pequeno fillo de puta
    están en idea
    tódolos
    grandes f. de p.
    dí o pequeno f. de p.

    todo o que é malo
    para o pequeno
    é malo
    para o gran f. de p.
    dí o pequeno f. de p.

    o pequeno f. de p.
    foi concebido
    polo pequeno señor
    á súa imaxe e
    semellanza,
    dí o pequeno f. de p.

    ademáis
    o pequeno f. de p. vé
    con bos ollos
    o engrandecemento
    do gran f. de p.
    o pequeno señor
    Suxeito Servicial
    Sobradamente Simple
    ou sexa, o pequeno f. de p.

    I I

    o gran fillo de puta
    tamén en certos casos comeza
    sendo
    un pequeno f. de p.
    e non hai f. de p.
    por pequeno que sexa
    que non poida
    chegar a ser un día
    un grande f. de p.
    dí o gran f. de p.

    non obstante, hai
    fillos de puta
    que xa nacen grandes
    e
    fillos de puta
    que nacen pequenos
    dí o gran f. de p.

    en fin,
    os fillos de puta
    non se miden a palmos
    dí tamén
    o gran fillo de puta

    o gran
    fillo de puta
    ten unha grande
    visión das cousas
    e amosa en
    todo canto fai
    e dí
    que é precisamente
    o gran f. de p.

    por eso
    o gran f. de p.
    ten orgullo de
    ser
    o gran f. de p.

    tódolos
    pequenos f. de p.
    son reproduccións en
    pequeno
    do gran f. de p.
    dí o gran fillo de puta

    dentro do
    gran fillo de puta
    están en idea
    tódolos
    pequenos f. de p.

    todo o que é bon
    para o grande
    non pode
    deixar de ser igualmente bon
    para os pequenos f. de p.

    o gran fillo de puta
    foi concebido
    polo gran señor
    á súa imaxe e
    semellanza
    dí o gran f. de p.

    é o grande
    fillo de puta
    quen lle da ó pequeno
    todo canto él
    lle compre
    para ser o pequeno f. de p.
    dí o gran f. de p.

    o gran fillo de puta vé
    con bos ollos
    a multiplicación
    do pequeno f. de p.
    o gran fillo de puta
    o gran señor
    Santo e Sinal
    Símbolo Supremo
    ou sexa, o grande fillo de puta

    “Discurso sobre o fillo de puta”
    Alberto Pimenta (Porto 26 de decembro de 1937)

    Adicado especialmente á visión de España esquizofrénica de Dacova, ás ilusións furtivas e libertarias do lobo opíscupum, a Medela que sabe portugués e, por suposto a Carola e ó Apicultor, que seguro me han entender mellor.

    ResponderEliminar
  18. Home, ten moi mala memoria, o que pode chegar a ser preocupante, e como psicólogo non creo que se vaia ganar a vida, francamente. Chamoume troll (vostede escribiuno mal) varias veces sen vir a conto, e di que eu son non sei que anónimo. Tampouco lle entendo ben que quere dicir con ese poema que puxo. Serán cousas súas... ou que eu non dou para máis.

    ResponderEliminar
  19. Tampouco quixera poñerme repunante de máis. Pero coido que é mottu propio. Cousas de romanos e asimilados.

    ResponderEliminar
  20. Mottu proprio, por suposto.

    ResponderEliminar
  21. Ou é "motu" (latín) ou é "Motto" (apelido italo-angoleño), pero se lle engade o "proprio" ao "motto", consíguese, eso sí, unha excelente ensalada linguístico-xitanxafórica pero nunca un latín decente.
    Asdo.-Benedicto XVI ou XVII

    ResponderEliminar
  22. Pois por iso precisamente escrebín trooll mal, para que o xogo das palabras non dea para insulto, senón para xogo. Non teño vocación de sicólogo, simplemente me sigue a parecer que actúa vostede á defensiva, e eso provoca unha trabazón que entre outras cousas, lle poida facer pensar que o poema ten un siñificado que non pretende, léao por favor, a mín paréceme impresionante, e disculpe unha vez máis o meu mal galego, pero recoñecerá que a caligrafía que nos ensinou D. Dámaso non está nada mal. O asunto da memoria parece que vai ser irreversible, a idade non perdoa. Cumprimentos

    ResponderEliminar
  23. Ten toda a razón, Don Bieito. Paseime de rosca na miña hipercorrección. As miñas escusas urbi et orbi. Tan certo é que en latín é "motu proprio" como que en galego é "iso si" e non "eso sí". Variedade esta última de ensalada castelá, pero nunca de galego decente ;)

    ResponderEliminar
  24. ¿¿¿¿Bieito????? Só falta que lle engada Pérez Galdós. Non se tome moitas confianzas e chámeme Santidade: un pode ir de putas pero o estatus é o estatus. Ego te absolvo e gracias pola corrección. Errare non só é humanum: tamén os sumos pontífices cometemos erros, como o demostra a histeria de única iglesia verdadeira: a nosa.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.