
A cesárea da vaca e Rafa Nadal,
de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región 20-9-08)
Eu sonlles deses que ven primeiro as noticias da TVG e despois as da TVE. Así, sen prestarlle demasiada atención, fíxome máis na segunda volta nas cousas do mundo e na TVG nas de por aquí. E o certo é que estou pensado en apagar a televisión para sempre e pasarme á radio. Claro que non serei capaz de facelo e ademais como non estou afeito e non sei onde colocar o dial pódeme entr
ar pola orella unha cobra ou un sapo calquera.Pero é que hoxe -onte cando lean isto- estaba para deixalo. Despois de chegar canso do traballo ao medio día e servirme no prato a gornición de verdura do polo, ergo a vista e vexo na TVG o indicible. Nin máis nin menos que unha noticia sobre a evolución das cesáreas das vacas. Aí lle ronca. E para máis, ilustrada cunhas imaxes tremendas, ou sexa nas que tremía a vaca e que me facían tremer a min. Un veterinario -un deses 1.200 de garda que seica hai xa- turraba dun tenreiro que non daba nacido a través dunha fenda feita no lombo da parte de babor -ou de estribor non sei ben- da vaca. Puagh. Unha orxía de sangue, líquidos e humores, pouco compatibles coas verduras e polo que tiña no prato. ¿Pero onde vai o sentido común?, o ‘sentidiño’ de que falaba o noso ex presidente Albor. (...)

P.S.: con este creo que son 76 os artigos de Monxardín etiquetados no blog (os primeiros meses non había etiquetas). Unha boa escolma do seu fascinante estilo.
Moi bo, con ese estilo tan seu. Xa teño dito aquí outras veces que o Monxardín posúe unha visión narrativa da vida, como tamén tiña o Carlos Casares.
ResponderEliminarEstalle ben, por mirar a TV en canto come. Cando se come, cómese. E non é unha tautoloxía.
ResponderEliminarEu asitín nunha ocasión a un parto dunha vaca e nunca o esquecerei. Estaba na miña escola rural, en Quíns, en plena clase de matemáticas cando petan na porta de forma súbita e insistente. Salgo e encóntrome cunha veciña chorando e pedíndome que acuda urx´netemente a axudar nun parto da súa vaca porque o becerro ven atravesado e naquel intre non hai ningún outro home na aldea. Deixo os nenos e nenas sós e alá vou. O espectéculo non era moito máis aséptico que o que describe Monxardín: o veterinario, un vello e a muller turrando do becerro que non quería sair. Eu tiven tamén que agarrame a unha corda que lle tiñan presa nas patas e axudar... pero o animal naceu morto.
ResponderEliminarMais o que realmente me impresinou foron os berros e os lamentos da dona. Talmente parecía o dó por un defunto. Acordeime entón dalgúns textos e debuxos de Castelao nos que reivindica o valor da vaca na cultura rural galega e así os comentamos na escola ó regresar.
Xabimusic
Sabe Deus cantas deudas tería apuntadas a mulleriña na libreta da tienda do lugar. Sabe Deus qué expectativas tiña postas na venta do becerro.
ResponderEliminarAiquí teñen a foto dun becerro, parindo:PREMER.
ResponderEliminarNon se enfaden, ho. Non se lles pode facer unha broma.