8 oct 2008


os favoritos ao Nobel.
O Novo e o Vello Mundo dispútanse o Nobel das letras
A Academia sueca anunciará mañá o gañador do premio literario máis prestixioso do mundo
Claudio Magris, Vargas Llosa, Lobo Antunes e Philip Roth, entre os grandes favoritos
Autor: R. Loureiro C. Franco Á. Varela (La Voz de Galicia 8-10-08)

Opinan en LVG unha serie de escritores galegos (Fernández Naval, Rosa Aneiros, X. Constenla, etc.)

Teñen os solainescos das Uvas o seu candidato? Opinen, se queren ...
(un dos meus xa vai na foto)

74 comentarios:

  1. Daranllo a un norteamericano, pra aplacar o lío montado. Updike?.

    ResponderEliminar
  2. Para cando un catalán, un vasco, un galego?
    Terían que vencer as presións de Madrid, que se porian de nervios.

    ResponderEliminar
  3. John Updike co Nobel non sería mal suceso. Tocante a galegos, Jaureguizar optaba o outro día, en El Progreso, por Rivas como candidato en vez de Ferrín. A súa argumentación non é sen xeito, aínda que eu lle conserve a lealdade ao Ferro.

    ResponderEliminar
  4. Ben Saavedra, ben.
    Tamén eu xa dixen por activa e por pasiva dende hai moitos anos que as nosas letras deben recibir un Nobel das máns de Ferrín, que encarna, xa non pola súa obra, o enganche ca tradición da Xeneración Nós, ca modernidade e ademais, por que non decilo ten unha personalidade ben nidia no pais.
    Esto non é unha democracia, pois votemos.

    ResponderEliminar
  5. Pois eu non teño favorito. Pásame como co fútbol: tanto me dá que tanto me ten!

    ResponderEliminar
  6. Agora que o penso, eu tamén me apunto a Bob Dylan.

    ResponderEliminar
  7. concordo gostariame muito que fosse NELIDA PIÑON, so lim a República dos soños, a minha opinião não est´muuito sustentada. gosteis muito do livro.
    a os demais não os li, agás Vargas LLosa que é o escritor do que talvez mais livros li, e merecia un nobel, como artista da pluma é óptimo, as ideias não emtram niste caso em causa.

    ResponderEliminar
  8. Que foi de Orhan Pamuk?

    ResponderEliminar
  9. Eu aposto por Lobo Antunes, anque aínda non lle toque.

    ResponderEliminar
  10. Non sei onde andará Pamuk: supoño que seguirá durmindo ovellas. Un dos obxectivos máis nobles que un escritor pode alcanzar.

    ResponderEliminar
  11. Eu como autor galego propoño ó Xosé Carlos Caneiro.

    ResponderEliminar
  12. Se propondes a Bob Dylan eu propoño ó poeta Joaquin Sabina.

    ResponderEliminar
  13. Gustaríame que fose Murakami.

    ResponderEliminar
  14. Por favor: un respeto. Quinillo non é poeta, que é perpetrador de liñas (que nin a versos chegan).

    ResponderEliminar
  15. Bueno, arume, como che fagho caso a tí e a Manolo Outeiriño, de momento acepto. Pero ó cheghar ó medio da ponte, o mellor, vai e ghano a volta.

    ResponderEliminar
  16. Moi astuto o Jaureguizar. Apostando por Rivas é como se se postulase tamén a si mesmo.

    ResponderEliminar
  17. Nin que os premiados pola Academia Sueca fosen os mellres escritores. Non sexan típicos tópicos coa consabida saida Dylan, please!, estou farto de tanto pre-post-trans-moderniño.
    Que ben fixo Sartre.
    Un pouco de seriedade literaria é o prezo para tomarse a cachondeo os Nobel, e a simpleza literaria das Uvas na Solaina.

    ResponderEliminar
  18. Perdón Agathon. Eu cando digo Bob Dylan estou a falar moi en serio.
    Sartre podería facer o mesmo que fixo co nobel con outras cousas. Non é un modelo para nada.
    Non fai falta dicir que un verso de BDylan vale máis ca toda a literatura (e xa non digo o pensamento) de Sartre.

    ResponderEliminar
  19. Eu voto por Ph. Roth e por Bob Dylan, nesa orde.

    ResponderEliminar
  20. Arume, como te acabas de pasar. Sartre escribiu entre outras AS PALABRAS. Pobre Bob Dylan comparado con AS PALABRAS de Sartre.

    ResponderEliminar
  21. Sartre era un impostor valeiro e grandilocuente. Polo menos Bob Dylan era ´discreto.

    ResponderEliminar
  22. Arume, non che coñecía esa vea arroutada.

    ResponderEliminar
  23. ¿Agathon anda mal do fígado ou que?

    ResponderEliminar
  24. "Dylan polo menos era discreto"

    Literariamente a discreción conta o mesmo que 0, se é que non resta.

    Non vou defender a Sartre, só aprobo o seu xesto respecto ao premio nobel.
    A min osixenaríame que alguén na actualidade fixese o mesmo, independentemente de que fose mellor ou peor que Sartre ou Dylan.

    O Nobel a Dylan sería un fraude, porque o premio é literario, e Dylan ten boas letras, pero letras de cancións, música, terían nese caso, os da academia Sueca que ampliar a gama de premios.
    Os partidarios do premio a Dylan violentan frívola e gratuitamente a discernibilidade estética e manifestan a súa ignoracia en cuestións de gusto.

    ResponderEliminar
  25. De verdade que a tanto alegre elector para o Nobel, mandábao eu a Guantánamo, para que se vaian enterando do que vale unha letra auténtica.

    ResponderEliminar
  26. Por deus, que dexeneración, pero quen anda por este prestixiado blog, vamos, a ver si todo vai ser conto, e aquí non escriben os talentos que se di.
    Sabina!

    ResponderEliminar
  27. Rivas está excesivamente valorado, e eses inflamentos pinchan cando saen da casa. Mellor nin atreverse,faríamos o ridiculo.
    Ferrín disimula mais, Aínda que Bretaña Esmeraldiña é insufrible, Antón e os Iñocentes, un engrudo e no ventre do Silencio un caixon de xastre, quedan os contos e a poesía que devidamente acicalados poden viaxar dignamente.

    ResponderEliminar
  28. Remato de ver O último rei de Escocia e atopo estas diatribas. Eu manifestei a miña opinión: non xulguei (nin por suposto faltei á intelixencia de ninguén) os gustos doutros. Cada quen que defenda o que considera oportuno.
    E reitero: Bob Dylan, a anos luz de Sartre.
    E, se me apuran, ata Johnny Weissmuller en Tarzan the Ape dicía cousas máis interesantes ca Sartre.

    ResponderEliminar
  29. Onde esté Chita, que acaba de editar un libro, e vende a elevadas sumas os seus cadros, que se quite Tarzán.
    Dylan escribiu filosofía, teatro, ensaio e novelas?
    Sartre compuña cancións e tirábase a estrada coa guitarra electrica?
    Jonny Weissmuller e mellor candidato aos Oscar que a simpática mona Chita?

    ResponderEliminar
  30. Eu ,do Dylan, lin fai anos un libro moi extrano, non sei se novela ou ensaio filosófico,titulado "Tarántula". Non entendín un carallo, pero penso que igual tiña que telo lido en inglés.

    ResponderEliminar
  31. Remato de ler que a un dos opinantes da Voz, reventarariao que fose Vargas Llosa.
    Sintoó Dylan, pero será o Señorito.

    ResponderEliminar
  32. A(ke)nagathon, Sartre era un contradictorio como moitos. Sí, sí de esquerdas, renuncia ó nobel pero na escena privada coa Simoneta do Bo ver era un f. da p. perverso.

    De literatura nada. Eu aborrezo ós filósophos metidos na literatura. Ou unha cousa ou outra. É totalmente antitético. No seu eido, o do pensamento, nin cheiro, non teño "volúmen" de abstracción suficiente.

    Porque llo deron a Sartre?. Que acción política estaban a premiar?.

    A Oran Pamuk xa se sabe que foi por encontrarse na encrucillada das dúas civilizacións, para axudar. Mañá terían que darllo a alguén que fose quen de deseccionar a tormenta económica en clave narrativa porque é o máis acuciante nestes momentos.

    O "nóbel" é unha política moi europea, moi socialdemócrata, con dificultades para descubrir no contexto planetario sensibilidades alternativas de futuro. Parece que está previsto de antemau a quen lle pode caer.

    ResponderEliminar
  33. Hoxe ía eu escoitando a radio: a sección cultureta (cultureta de verdade) de Hoy por hoy. Sae non sei se foi o Rioyo presentando o último disco de Albert Plá e empeza a largar que se traballa con el fulanito, menganito, un disco impresionante, dunha emotividade particular e patatín patatán. Poñen un corte e escóitase o laio coñecido do Plá entre voces de asentimento colectivo sobre a mestría do cantante. Nestas sae o Flo e solta: "Vou dicir unha aberración pero a min Plá paréceseme a Conchita". Foi o momento xenial do día. Plá como Conchita. Os demáis non souberon respostar: eu creo que pensaban igual ca Flo pero non se atreveron a dicilo polo prurito de culturiyas.
    Non sei por que recordei esto agora.

    ResponderEliminar
  34. "Os partidarios do premio a Dylan violentan frívola e gratuitamente a discernibilidade estética e manifestan a súa ignoracia en cuestións de gusto".

    Cada día estas máis tonto e máis ridiculamente pedante.
    Se ti non tes puta idea de inglés e pensas que "Today" quere dicir "También", quen es ti para opinar das letras de Dylan?

    ResponderEliminar
  35. De verdá que a aqueles que van pola vida dando aos demais leccións de estética e de gusto, mandábaos eu a -40ºC a un gulag en Siberia a destrozar torróns coas mans, fantoches do carallo!

    ResponderEliminar
  36. Meus!, que simple é!
    E como todos os simples reconfórtase coa idea de que todo o mundo é da súa condición.
    Pedante que da licións de estética e gustopara Siberia.
    Todo encaixa, unha estética, multiples gustos para os inimigos da liberdade.

    ResponderEliminar
  37. Atención! anda Jaure, blogeiro pergoso por estes lares.

    ResponderEliminar
  38. "Today" quere decir "morrer". Seino eu de boa tinta.

    ResponderEliminar
  39. Acabo de ler na prensa de hoxe que Sartre despois de renunciar ó nóbel reclamou as pelas.
    En "El País". Páx.35

    ju, ju, jo, ju... (risa luparia)

    ResponderEliminar
  40. "Today" quere decir "eu son imbécil e non me entero". Seino eu de mala tinta.

    ResponderEliminar
  41. É que Agathon é o friqui das Uvas. Poña un friqui na súa vida!

    ResponderEliminar
  42. Non. Eso é "T-odd-ay".

    ResponderEliminar
  43. T(odos)O(s)D(ías)A(ndo de)Y(luso).

    ResponderEliminar
  44. Too, too dei

    too, too dei
    dicíalle o meu avó a un boi medio bravo cando quería que parase e ciase (ou sexa metese a marcha atrás, recuase).
    Cando quería que só parase dicíalle: Ferma, ferma Dei.
    Non sei porque carallo lle puxera DEI.
    Se cadra porque lle dicían que era un tacaño.

    ResponderEliminar
  45. Pois, tararí, que foi para o franchute Le Clézio. Bonne rentrée pour moi.

    ResponderEliminar
  46. Para animar o cotarro: unha dose de Boyero.

    Hola Carlos, para ti, cual ha sido la mejor pelicula europea de lo que llevamos del 2008, y si crees que la crisis financiera actual puede ser positiva para evitar la financiacion de los muchos bodrios que se ven por el momento en muchos festivales y salas de cine, gracias y bonne journée

    Acabo de salir del dentista y tengo un vacío mental notable. Es terrible que no pueda recordar inmediatamente una película europea que me haya removido las entrañas últimamente. Hágale esa pregunta a los críticos como dios manda y seguro que le dan una lista interminable. Al igual que muchos de los bodrios que defienden, ellos tampoco podrían vivir sin las subvenciones. Su poder de comunicación es muy limitado, pero entre ellos se lo pasan de puta madre jaleándose. No tengo nada en contra del onanismo mental, pero si contra la impostura.

    ResponderEliminar
  47. Estes do club de fans de Dylan son uns pesadiños. Aprecio a Dylan pero por eso non quero que lle den o premio nobel de fisica.
    Bravo por Dylan, pero dan pena os seus fans solainiños.
    Un nobel tivo que se ir hai ben anos para Anxel Fole.

    ResponderEliminar
  48. Le Clézio: Resulta moi interesante tirar de información primeira de xornais. Cantos xornalistas tirarán da WIkipedia?
    Grandísima definición:
    "Su estilo es sencillo y clásico, a la par que refinado y colorista."

    Vive en Albuquerque (EE.UU.)
    Blanca Riestra, que foi directora do Cervantes dalá, terá que coñecelo. Artigo mañán na Voz ao peto.

    ResponderEliminar
  49. Na miña aldea TOO-TOO! era pra tranquilzar ás vacas se se puñan nervosas e ameazaban con embestir.
    A orde de parada: Uója!. Será prelatino?. POrque o de ferma!, que nunca oín é "italiano".
    E como eu non posso estare fermo con le mani su le mani, dedícolle esta ao Arume dos Piñeiros, que mo tedes "queimado":PREMER.

    ResponderEliminar
  50. Le Clézio, escribe ben, máis nada.

    Como lin en algún sitio: "vos os franceses non sufrides o suficiente como para facer unha grande literatura". Eu xa calculara que como moito, Le Clézio, é impotente. Máis nada.

    Hoxe xa nin sendo maricón se fai grande poesía, porque está "legalizado".

    Penso que se pode aplicar a toda Europa. E ó primeiro mundo en xeral.

    Pero que quixeron premiar os do nóbel premiando un francés?.

    É portador Le Clézio de algunha mensaxe política? ou social?.

    ResponderEliminar
  51. Piñeiros, xa apuntei a tua frase no caderno de notas. Penso presentala ao Nobel das frases célebres que circulan pola rede, por portentosa, contundente, excesiva, desmesurada e moitas mais cousas que calo. Non temas polo primeiro posto. Teu é o loureiro nobélico, Piñeiros. Noraboa.

    ResponderEliminar
  52. "Su estilo es sencillo y clásico, a la par que refinado y colorista."

    E non será aburrido?

    ResponderEliminar
  53. Que frase? A do estilo de LeClézio? Miña non é. Atopeina por aí. Pero é verdade que vale para todo. Eu xa a vou empregar cando poida, calquera que sexa o tema.
    Co meu irmán sempre teño unha brincadeira a ver se é quen de poñer unha frase determinada, un latinajo, unha cita ou calquera outra cousa nun libro, por suposto sen vir moito a conto? Eu díxenlle unha vez a de "umbilicus mundi" e o gracioso foi que lle atopou incluso coherencia e todo.

    ResponderEliminar
  54. non estou en nada de acordo coa opinión de X. Constenla sobre Vargas Llosa; por riba das súas opinións ideolóxicas, é un gran escritor e demostrouno ben en LA SOMBRA DEL CHIVO.

    ResponderEliminar
  55. Xa sei que non ten nada a ver co tema que se está a falar, mais gustaríame que aparecesen, se puder ser,
    *A señorita Eu Mesma
    *A señorita Doniña
    *O señor Leituga One

    para tentar convencelos da súa asistencia ao II Contubernio Xeral Ordinario das Uvas, que se vai celebrar (D.M.) en Recatelo, Reino da Gallaecia, este sábado.
    Alguén me pode axudar a dar con eles??

    Obrigadinho!

    ResponderEliminar
  56. CLÉZIO EN GALEGO, de Brétemas:

    Le Clézio, Nobel 2008
    O bretón Jean Marie Gustave Le Clézio é o Nobel de literatura 2008. Como case sempre a elección semella inesperada, a pesar de que neste caso era un dos candidatos que se manexaban nas quinielas. Ao coñecer a noticia axiña nos decatamos de que se trataba do membro da xeración do «nouveau roman» do que Xerais publicara en 1987, dentro da colección Xabarín (daquela dirixida por Ferrín e Luís Mariño), Mondo e outras historias. A tradución de Valentín Arias e Raquel Villanueva (ademais de premiada co Nacional e co Ramón Cabanillas) fora a primeira desta obra a outra lingua. O Nobel constitue unha oportunidade para descubrir a un dos autores da literatura contemporánea francesa máis aclamados. Precisamente, a pasada semana, apareceu nas librarías francesas a súa última novela, Ritournelle de la faim, publicada por Gallimard (como a maioría dos seus case cincuenta libros), a historia dun rapaz de vinte anos que se converte en heroína.
    Marcadores: Autores, Narrativa, Premios

    ResponderEliminar
  57. Arume tería que facer unha compilación de todas as frases feitas que adoitan incluír os críticos literrios e recensionadores varios.
    Velaí algúns exemplos:

    "Cómpre, pois, darlle unha calorosa benvida a esta nova entrega..."
    "Emporiso, a pesar dalgunhas chatas/pexas que lle atopamos..."
    "Bótase en falta..."
    "Parécenos uno descuido..."

    Iso, se a recensión cha escribe un colegui. Mais cando as cousas van mal, poderemos atopar:

    "Porén, o noso autor sorpréndenos negativamente..."
    "Por riba, non demostra suficientemente..."
    "É un autor de culto, certamente, mais..."
    "Non podemos negar que escribe moi ben..."
    "Unha narración moi entretida..."

    ResponderEliminar
  58. A falta de ler nada de Le Clézio (nome só coñecido polo mesmo que di o Brétemas), subscribo o que di o patrón e engado como argumento tres títulos do Vargas Llosa: La ciudad y los perros; La guerra del fin del mundo; e, sobre todo, La casa verde. Todo constitúe, xaora, opción de parte.

    ResponderEliminar
  59. Algúen sabe onde é que está Leituga One??

    ResponderEliminar
  60. Se non entro no blog, ata berra por min Jaco Pastorius... Se entro, silencio sepulcral!

    ResponderEliminar
  61. Doutor Piñeiros, a frase á que me refería escribiuna vostede onte ás 09:16:00 PM. Unha frase soberbia onde as haxa. Onte tiña o día inspirado, sen dúbida. Aquí a temos:

    "Non fai falta dicir que un verso de Bob Dylan vale máis ca toda a literatura (e xa non digo o pensamento) de Sartre."

    Para enmarcar. Como se alguén dixese: "Jaureguizar é o mellor escritor do mundo mundial. Unha inxustiza que non lle deran o Nobel." Aquí o auténtico ciclón é vostede, Doutor Piñeiros, co permido do Medela, que anda o home "antimaterial" de todo e con ganas só para tecer contubernios. Doutor Piñeiros, despois da de onte á noite, non tarde moito en estupefactarnos con outra do mesmo calibre.

    ResponderEliminar
  62. Boto en falta a Marcel Swann.

    ResponderEliminar
  63. E servidor, a don Jimi de Rairo.-

    ResponderEliminar
  64. Sabe que lle digo, mon ami Medela? Debaixo da casa duns amigos están a piques de abrir un bar que se vai chamar Whiskería Lupanar. Sic.

    ResponderEliminar
  65. jajajajajajajajajajajajajaja
    Ben seguro que un dos macarras (agora asesores técnico-fiscais) fixo a tese de doutoramento sobre a tautoloxía na toponimia paleoeuropea en Galiza... jajajajajaja

    ResponderEliminar
  66. Eu sabía que tiña polo menos un libro de Le Clezio publicado por Barral Editores nos anos 70 do século pasado e que trataba da guerra. Pois si, foi coller a escada e por alá arriba andaba, polas alturas dos estantes. LA GUERRA, Barral Editores, 1972. Para que vexades a cualidade de frase do Nobel/2008, nada sartriana, por certo, copio o comezo do libro:

    La guerra ha comenzado. Nadie sabe dónde ni cómo, pero es así. Está detrás de la cabeza, hoy, ha abierto la boca detrás de la cabeza, y sopla. La guerra de los crímenes y los insultos, la furia de las miradas, la explosión del pensamiento de los cerebros. Está allí, abierta sobre el mundo, cubriéndolo con su red de hilos eléctricos. Cada segundo progresa, arranca algo y lo reduce a cenizas. Todo le sirve para golpear. Tiene infinidad de colmillos, uñas y picos. Nadie quedará en pie hasta el final. Nadie será perdonado. Así es. Es el ojo de la verdad.

    Cuando es de día golpea con la luz. Y de noche, se sirve de la marea de su sombra, de su frío, de su silencio.

    La guerra está en marcha para durar diez mil años, para durar más largo tiempo que la historia de los hombres. Non hay huida posible, non hay paso atrás. NOsotros estamos con la frente inclinada ante la guerra, nuestros cuerpos van a servir de blanco a las balas. El sable agudo busca las gargantas y los corazones, a veces los vientres, para hurgar. La arena tiene sed de sangre. Las duras montañas desean abrir sus precipicios bajo los pies de los caminantes. El mar necesita romper los cauces. Y en el espacio, hay voluntad terrible de apretar el tornillo del vacío sobre las estrellas, y de ahogar los parpadeos de la materia.

    Etc, etc, etc.

    Moi de época, non é?

    ResponderEliminar
  67. "Tornillo del vacío". Hummm.

    Non lembro que Einstein falara dun "torque" espacio-temporal nas situaciós de colpaso gravitacional. Hummmm.

    Pero...qué pasa coa "onda gravitacional de alta frecuencia" xerada polo "buraco negro" que incrementa a súa velocidade angular hasta un "infinito potencial" durante o colapso?. Violarase aparentemente o ppio. de conservación do momentum , mediante o salto de partículas fora do "horizonte de acontecementos" por "efecto túnel"?.
    HUmm.
    Era de Literatura ou de Física, o Nobel?.

    ResponderEliminar
  68. JAJAJAJAJAJAJ...

    Veño de lembrarme de que ,fai anos, durante unha charla nocturna con amigos,empezaron a falar de mecánica cuántica. Un deles berróu: "Parade, parade un anaco...!". Púxose a liar un "porro" ,ás presas. Cando rematóu, dixo:"Podedes seguir. Estas cousas hai que facelas ben".

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.