19 dic 2008




Perspectivas.

MARCOS VALCÁRCEL

ANDOLIÑA,19 diciembre 2008.

En cumprimento da Lei de memoria histórica, retírase a estatua de Franco a cabalo en Santander. Por certo, unha cidade moi fermosa, pero tamén chea de símbolos franquistas por todas as partes. Fernando Ónega di que, ademais de praza do Generalísimo, a nivel popular a praza da estatua "era a dos seis ovos: os do cabalo, os do ditador e os do alcalde que mantivo alí o monumento". Porque ese é o tema: suprímese a última estatua do xeneral empoleirado e ben está, pero pasaron xa 33 anos da súa morte física. Hora era, dende logo.

Porque todo é cuestión de perspectiva, claro. Ou "asegún" que dicía don Vicente. Os nostálxicos falanxistas protestan, pero a maioría dos cidadáns ve ben esta limpeza, pura "hixiene democrática".

Escoito tamén o presidente do goberno eloxiar o labor das forzas de seguridade contra o terrorismo etarra. Labor encomiable, sen dúbida. Zapatero dá a cifra de 365 detidos en dous anos, un etarra cada dous días. O dato ten unha lectura positiva. Pero tamén aquí hai outras perspectivas: despois de baleirar os cárceres de presos políticos coa amnistía en 1977, é tremendo tamén pensar que cada dous días hai un novo mozo ou moza vasco disposto a penetrar no camiño da barbarie.

33 comentarios:

  1. Franco es parte de nuestra historia. Seamos tolerantes,contención señores. Que no les gusta franco, pues a mi tampoco Moncho Reboiras, ni Alejandre Bóveda. Vivamos en paz!.

    ResponderEliminar
  2. Esta ben, mais como dicía o Manolo Forum: !que culpa ten o cabalo!...

    ResponderEliminar
  3. Señor Martínez: parécelle pouca tolerancia a habida deica o momento co franquismo e franquistas?
    Señor Martínez: parécelle serio meter no mesmo saco a quen convertiu o Estado español nun enorme cárcere como miles e miles e miles de mortos e desaparecidos xunto a un home que non fixo mal a ninguén e que só é culpable do seu amor á Terra?
    Señor Martínez: vivamos en paz e,por favor, non tomemos a coña a Memoria Histórica!
    E como di a anterior "uva", que culpa ten o cabalo!

    ResponderEliminar
  4. sr. martinez, desculpe mas quando leio o seu nome vem a mente e nom podo saca-lo da cabeza, paxina de "martinez el facha" de el Jueves, prego-lhe que cambie de nome, xa que co discurso que fai nom podo evitar ise pensamento, e claro nom quero pensar mal, nim vostede o merece, xa que é um "tolerante", engadiría tolerante liberal.

    ResponderEliminar
  5. Estaría tamén moi ben que o goberno eliminara outros residuos , como o carácter militar da Garda Civil, e moitos aspectos anacrónicos do seu reglamento. Cousa que, por outra parte, prometeu facer.
    E a institución monárquica, estatua que nos deixóu él aí "colocada".
    Pero claro, para eso fan falta dirixentes "de verdade". Có par de ovos do cabalo do Espartero, ou do de Santander, novia a "domar".

    ResponderEliminar
  6. Qué lles parecería si un alcalde "do Real Madrid" quixera facer unha enorme estatua có escudo de ese equipo de fútbol?. Ou un do BarÇa.

    ResponderEliminar
  7. Eu non sei se os nostálxicos do franquismo non seguirán "nas suas trece" en cuestiós "sensoriáis" como esta, pra irlle concedendo unha victoria pírrica ós seus detractores de vez en cando, e así manteñeren eles a vixencia do "espíritu de Franco" en cousas como as que dixen antes.

    ResponderEliminar
  8. E logo onde andan os amigos, Dacova? Abandonárono? Fuxiron para as segundas residencias? Deixárono só fronte ao perigo da estatua de Franco? Teña conta non se lle veña enriba e o esmague? Mire que todo se pega e as estatuas de Franco sonlle tan ruíns como lle era o xeneral que que "posou" de modelo. E do pobre cabalo non se fíe nin un pelo. Todo se pega e o cu do caudillo...

    ResponderEliminar
  9. É a primeira vez que vexo alguén que afirma non lle gustar Alexandre Bóveda!!!
    Evidentemente, unha escolla respectable.
    Bóveda, que foi fusilado, de certo, por pretender que o país tivese sistema tributario, catastral, notarial e rexistral de seu.
    É claro, non hai nada como a lei castellana para o minifundio galego. É moi enxebre partir casas, minileiras, afectos familiares e espetar de cando en vez unha aixada na caluga do veciño. E o refugallo, a emigrar.
    Home non; para iso estamos os galegos. Para despezarmos barcos no mar de Aral.

    Por se opoñer a iso, asasinaron a Bóveda.

    Viva Alexandre Bóveda!!!

    ResponderEliminar
  10. E Reboiras, galeguista nas miñas antípodas ideolóxicas, enxeñeiro que renunciou ao cargo para traballar de peón, e que morreu despois de dúas horas a enfrentarse con quiñentos axentes de policía, garda civil e exército, para dar cobertura a dous compañeiros que tentaban pór a salvo unha imprenta vietnamita.
    É claro, Franco ten estatua.
    Reboiras e Bóveda, penso que non.

    ResponderEliminar
  11. Se cadra, Franco tamén é historia.
    E Reboiras e Bóveda, tamén non.
    Pode ser que eu non me tivese decatado do tema...

    ResponderEliminar
  12. Nótase que o Medela estivo toda a tarde lendo contra Franco e as suas estatuas: VIDA, PAIXÓN E MORTE DE ALEXANDRE BÓVEDA. O Medela é un bon galeguista e sabe moi ben que cousas ler.

    ResponderEliminar
  13. Grazas!
    O de bo galeguista é a maior flor que nunca me botaron. Créame que estou emocionado, a serio. Mais son un galeguista inserido na máis solemne mediocridade, infelizmente.
    Ah, estiven todo o día fóra de casa, ata hai un momentiño que cheguei. Sobre Bóveda, máis que ler, teño testemuños dun neto, Vicente.
    Cos meus cumprimentos.-

    ResponderEliminar
  14. Ehem.
    Falando noutra cousa... Nada dixen sobre a estatua de Franco.-

    ResponderEliminar
  15. Medela, voulle contar un conto, miniconto, contobreve ou como for; ou mellor, vou deixar que llo conte Augusto Monterroso, o autor. Se xa o coñece, faga como que non o coñece e disfrute del como se fora a primeira vez. Se non o coñece, seguro que lle vai soar de algo. Tanto se o coñece como se non o coñece, estou seguro que vai gostar del e seguirá gostando del para sempre, porque os bons contos, como os que conta o XDC ou o seu avó, que para o caso é o mesmo, son como o rumor da corrente do río, cachóns incluidos, que leva toda a vida acompañando aos habitantes dos povos por onde pasa. Léao como unha fábula e non pense que ten algo a ver co caudillo.

    LA OVEJA NEGRA

    En un lejano país existió hace muchos años unha Oveja negra.

    Fue fusilada.

    Un siglo después, el rebaño arrepentido le levantó una estatua ecuestre que quedó muy bien en el parque.

    Así, en lo sucesivo, cada vez que aparecían ovejas negras eran rápidamente pasadas por las armas para que las futuras generaciones de ovejas comunes y corrientes pudieran ejercitarse también en la escultura.

    ResponderEliminar
  16. Non o coñecía. E é ben representativo, absolutamente representativo, antes, do que está a acontecer.
    Obrigado.-

    ResponderEliminar
  17. A qué amigos meus se refire, cabalo?. Eu, téñolle moitos, anque non o pareza. Ando moito solo, pero é porque me gusta, non porque non teña amigos.

    ResponderEliminar
  18. Vaia. Monterroso.

    Non será vostede, Fábulas, un seu grande admirador , ao que tamén lle gusta "contar contos"?.

    Pode falarnos vostede das moscas?.

    ResponderEliminar
  19. Referíame aos amigos internético-solaineiros. Amigos de carne e oso xa me imaxino que ten moitos, e destes de pantalla e mascarada sóbranlle tamén.

    ResponderEliminar
  20. A mín, unha vez tomada a decisión de quitar a estatua,gustaríame máis que, no canto de mandar a operarios, deixaran á xente ir alá, con todo tipo de ferramentas, e que o pasaran ben, e fixeran festa ,chimpándoa eles abaixo.

    Como cando a multitude tiróu o muro de Berlín, ou como cando aqueles cidadáns tumbaroan a efixie do Hussein.

    Si eu fora o alcalde, facíao así, escollendo ademáis unha efeméride axeitada, e mandando, lóxicamente, policia local, protección civil e unha ambulancia por si había algún problema. COn actuación músical, voladoras, churrerías, e todo. Unha boa festa.

    E deixáballes tamén coller os cachos que quixeran, de lembranza. Así, hasta os nostálxicos do caudillo, estaría ledos de levar un souvenir, e non protestarían.

    ResponderEliminar
  21. Eu non conto contos nin conto nada nin pinto nada nin sei quen son, Dacova. Pero Monterroso si conta, e tamén ten un de cabalos, que non é dos mellores. Recórdollo, por se non ten o libro a mao. O dormileoncio do Medela xa o lerá mañá.

    CABALLO IMAGINANDO A DIOS

    A pesar de lo que digan, la idea de un cielo habitado por Caballos y presidido por un Dios con figura equina repugna al buen gusto y a la lógica más elemental, razonaba los otros días el Caballo.

    Todo el mundo sabe -continuaba en su razonamiento- que si los Caballos fuéramos capaces de imaginar a Dios lo imaginaríamos en forma de Jinete.

    Se monterroso vivise e estivese agora mesmo metido neste fío, seguro que lle viñan ganas de agregarlle este final tópico e elemental ao conto:

    ... en forma de Jinete. Como Franco.

    ResponderEliminar
  22. Se "deixaran á xente ir alá" co material de derrubamento libremente escollido para a desfeita da estatua caudillesca, non sei se se xuntarían tantos como os curiosos que se ven na gravación.

    Os cidadáns que "tumbaron a efixie do Husseis" eran catro gatos irakís contratados polas forzas invasoras, se é que non eran catro gatos do exército invasor disfrazados para tan solene ocasión de irakís rabiosos e, por suposto, "demócratas" sen ánimo de lucro nin de destrución.

    ResponderEliminar
  23. A mín gustame poñerme de estatua nos museos de cera. Séntaste quietiño, sin moverte, e ao cabo dun anaco tés xente arredor, mirando para tí, e preguntandose uns aos outros quén vés sendo.

    ResponderEliminar
  24. NOTICIA DE ÚLTIMA HORA

    Onte á noite, o Profesor Henry Jarrod Medela, mentres andaba entretido en labores de reconstrución do seu particular e terrorífico Museu de Cera de Auria, pudo comprobar estarrecido como a estatua "vivente" de Xan Da Cova desaparecera do sitio que lle tiña asignado. O acontecimento ten conmociado aos habitantes de Auria, xa que Xan Da Coba é un home moi coñecido e querido por todos, e de todos é coñecida tamén sua afeición a facerse pasar por estatua (e non só por estatua). O tamén promotor do Museu de Cera e socio do Profesor H. J. Medela de Lobeira, Marcos Valcárcel, anda moi preocupado polo acontecido e xa moveu a todas as forzas fácticas de Auria para que dean co malvado ladrónde na maior brevidade de tempo. Escusamos dicir que o Profesor H. J. Medela está tan afectado pola desapartición que non sai de si e non pensa pasar polo Micalla mentre non apareza o seu amigo estatua-vivente.

    ResponderEliminar
  25. A mín gústame moito cómo lle chaman os ingleses ás fotos ou estatuas"de tamaño natural": "Tamaño vivo" (live-size).
    Cómo din os portugueses, Medela?.

    ResponderEliminar
  26. jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja
    O senhor Ladrão de Estátuas é Godddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddd!!!!!!
    Adoro as pessoas que me fazem rir!!!!!!!!!!!!

    Do resto, todo o que di o señor Ladrão é rigorosamente certo e verídico! Lamento inmenso o acontecido... Dacova é God! Ossian redivivo, versión kallaikoi.

    De todo o modo, aínda estiven hai dúas horas no Micalla, onda a Perséfone Mary.
    Meu Deus, Mary é ao Allariz underground o que en tempos foi Nico á Velvet, ou Anita Pallenberg aos Stones, a musa de Petrarca, Beatriz, acho, ou o brazo incorruto de Santa Teresa para o quinqui ese que lle chimparon a estatua en Ferrol.-

    ResponderEliminar
  27. Dacova: En portugués élle 'Tamanho natural?. Repare: EM TAMANHO NATURAL. Non 'de tamaño natural', ni 'al tamaño natural'. Sempre precedido da preposición 'em'.
    Eeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeei carballeira!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  28. Hace más de treinta años y ya está
    cansado de aguantar
    sobre su lomo aquel gesto marcial
    en botas de montaaaar


    Piensa que el de la estatua sólo es
    un trozo de metal
    algo que nunca puede deteneer
    sus ansias de galopaaar

    Libreeeeee
    ya sin silla y sin jinete yo soy libreeeee
    como el mar
    Libreeeeee
    el alcalde lo sacó de su prisióon
    y puede al fin volar

    Libreeeeee
    ya sin riendas descubrimos a un jumento sin igual
    Pegaso puede ya
    sus alas desplegar
    y en el cielo encuentra al fin la Libertaaaad.

    ResponderEliminar
  29. hostias, volveu o anónimo-politico-cultural!

    ResponderEliminar
  30. En el Ministerio Acebes ( en Interior) se batió el record de detenciones de miembros de la banda terrorista........

    ResponderEliminar
  31. En el cómic Martínez el Facha, también aparecía "Peláez", con típico bígote propio de le época......

    ResponderEliminar
  32. Os contos do dacova co seu avó son antropoloxía-poética e non invención.
    Dacova alén de ter unha enorme curiosidade (motor de coñecemento) tamén ten grandes dotes de observación.

    E creo que tamén capacidade de fotolectura. As moitas lecturas lle puliron as dotes narrativas. Ou algho parecido. E como dacova é humano, faltaría plus, tamén ten o seu puntiño de vanidade. Pero fai falta para sobrevivere.

    Non vexo que haxa que sair a defender ó dacova. Un, alén da súa xaramea, é amigho.

    Acabo de refucir as mangas.

    ResponderEliminar
  33. Mary a do Micalla coma o brazo incorrupto de santa Teresa? Como se lle nota que nunca foi a Alba de Tormes, amigo.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.