28 dic 2008


Unha homenaxe lembrará a Xaime Quessada no aniversario da súa morte

LVG 28-12-08
O día 31 de decembro de 2007 faleceu o pintor Xaime Quessada Porto. Cando está a piques de cumprirse un ano da súa morte, organizarase un acto en homenaxe ao personaxe ourensán. O evento terá lugar mañá ás 20.00 horas no Centro Cultural da Deputación.
Ademais da súa viúva, María Jesús Blanco , intervirán Jose Luis Baltar, Manuel Peña Rei, José Gómez Alén, Marcos Valcárcel e Xosé Manuel do Caño.

(Engadido: infórmanme que agasallarán ós asistentes cun exemplar do libro de entrevistas de X.M. del Caño con Xaime Quessada)

2 comentarios:

  1. Estaría mellor que o agasallo fose un propio cadro de Quessada, non si?

    ResponderEliminar
  2. quizais unha pequena litografía, non? o outro paréceme moito pedir ...

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.