3 ene 2009





Cine de calidade para empezar o 2009

Reviso nestes días obras mestras do cine en DVD.
Non fai falla nin poñer os títulos: seguro que as identifican vostedes cos fotogramas...

13 comentarios:

  1. Despois de manifestar a miña admiración por "Cinema Paradiso" e "El mundo está loco, loco, loco, loco", quero nomear dúas películas:
    "El General de la Rovere" de R.Rosselini e "Trenes rigurosamente vigilados" de Jiri Mezel. O mesmo de "Mi dulce pueblecito" e "Yo serví al rey de Inglaterra" que aínda podemos ver en http://www.cinetube.es/peliculas/h2o_la_pelicula.html

    ResponderEliminar
  2. Ao meu ver, "Cinema Paradiso" é unha película sobrevalorada, moi tramposa pola súa forzada nostalxia e sensibleira de máis. É, naturalmente, a miña discutible opinión.

    ResponderEliminar
  3. A primeira é "El chico, ladrón de bicicletas", cando o inspector Lestrade de Scotland Yard pilla ao rapá "in fraganti".

    A segunda é fotograma de "Orgullo e prexuizo", cando a muller tenta convencer ao home de que non lle deixe herencia ningunha ás sobriñas.

    A terceira é aquel famoso fotograma de "Un home tranquilo", onde a muller está animando ao seu home a que lle zurre aos outros,sen saber que foi un famoso boxeador e que pode matalos a todos de un golpe.

    Non sei. Digo eu.

    ResponderEliminar
  4. fRÍO, FRÍO, XDC.
    Só acertou parcialmente a primeira, pero non a escena concreta: aquí é o pai co seu fillo,que limpa a bicicleta con agarimo e detalle, antes de saír ó traballo...

    ResponderEliminar
  5. A segunda coido que é "Lo que queda del día" con Emma Thompson e Anthony Hopkins.

    ResponderEliminar
  6. Acertou Balonga, extraordinaria película.
    NON ME digan que non identifican a terceira, con Víctor McLaglen de protagonista?

    ResponderEliminar
  7. Pois ten a mesma pinta que este:PREMER.

    Por tanto, é Charlie Chaplin na famosa escea na que come un zapato cocido cós cordeles...como era?..."La tijera de oro"...non...esa é unha sastrería que hai debaixo da miña casa.

    Perdoen. Teño as neuronas feitas cisco.

    ResponderEliminar
  8. Esto do "came up" do fotograma anterior, lémbrame unha reflexión que me fixen o outro día, e que lla conto ós expertos filólogos do blog.

    Estaba tentando explicarlle a unha persoa extranxeira, via internet, o senso da expresión galega "acabar por" como na frase "tanto lle insistiu, que acabóu por ter que collelo". Resulta que o "verbo frasal" inglés equivalente é "end up". Penséi,qué curioso, no galego tamén hai "verbos frasales" (verbo+preposición) que alteran, ás veces sustancialmente, o senso do verbo inicial. O que xa non sei, e aí pídolle axuda ao Medela, é si en castelán estaría ben dito "Acabó por... tener que cogerlo", ou si é "castelán de Galicia" (con substrato galego), como di o Arume.
    Xa saben. Eu fun por Cencias.

    ResponderEliminar
  9. Cinema Paradiso ten o mérito de suscitar emocións aos espectadores, especialmente a aqueles que viven con nostalxia a desaparición dun modo de vida, dunha forma de mirar o mundo. Pero, fóra desa innegable virtude, a película non ofrece gran cousa.

    ResponderEliminar
  10. Por se quedan dúbidas, a terceira foto é da obra mestra de John Ford, O DELATOR.

    ResponderEliminar
  11. Xa sei que é moi vella esta escea, pero a mín encántame:PREMER.

    ResponderEliminar
  12. Foi así nun xuizo:
    Digame o seu nome!
    Pepepedro Pepepérez
    É vostede zarabeto?
    Non o son. O zarabeto era o meu pai e o do Rexistro Civil un fillo de puta.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.