29 ene 2009

OUTRA FOTO (clicar nela para ampliala) E UNHA SORPRESA!

Do blog Ourense no tempo, tomo prestada esta foto de Maristas, semellante á que eu saquei o outro día. Segundo X.L. Carrión, sería o primeiro de Bacharelato de 1968-1969. Están moitos compañeiros que saían na outra e outros novos, entre eles amigos como Javier Pazos, campión de España de natación anos despois, e Quique Pedrido, o bo de Suso o músico (falecido hai moitos anos) ou Ubaldo, fillo dun avogado (tiña eu estado na súa casa, na praza de San Cosme).

Están case todos identificados no blog citado. Eu estou na segunda fila por riba, o terceiro á dereita. E a gran sorpresa. Na primeira fila, quinto pola dereita creo, está Fernando Ferrín Calamita. Sóalles o nome? O xuíz de Murcia inhabilitado por negarlle o dereito de adopción a dúas lesbianas.

26 comentarios:

  1. Nunca sei se a dereita é a nosa ou a da foto. Xúrolles que as veces non cadra. Non vexo un criterio único nestas explicacións, e, as veces resulta ser unha dereita e outras veces a outra.
    Como non teño máis referencias, non coñezo a ninguén, pois teño que preghuntare.
    Cuala dereita?. E non vos é coña.

    ResponderEliminar
  2. Xúrolle Lobo que o día que me examinei do carné de conducir por primeira vez, o Buján -que existía, non era só un mito- díxome serío: "Tuerza a la derecha" e eu, por pura ignoracia e por agradar ao señor nos seus desexos, constesteille: ¿Para cual? ¿Para allí o para allá?
    Contestou seco: "Pare".
    Despois o Dacunha, o meu profe, case me pega. Insistiu en que debía ter o concepto dereita e esquerda ben clariño.
    Aínda dubido. En serio.

    ResponderEliminar
  3. Por certo, ¿viron na afoto como se ve a Torre de Ourese por detrás...? ángulo hoxe imposible polos muros de casas...

    ResponderEliminar
  4. Por certo, ¿viron na afoto como se ve a Torre de Ourese por detrás...? ángulo hoxe imposible polos muros de casas...

    ResponderEliminar
  5. Desculpe a miña ousadía, ao emendarlle a resposta, pero hai que explicar que a dereita da fotografía, é a nosa, non a dos retratados.
    Se estou nun erro por favor corríxame.

    ResponderEliminar
  6. Non lles é unha cuestión nada fácil a de localizar a dereita...

    ResponderEliminar
  7. A Etxe,
    non fai falla derrubar as casas, xa o novo pavillon do colexio, impide a vista da Torre.

    ResponderEliminar
  8. Para rematar as dubidas, o Xuíz Ferrín Calamita, segundo me informan e o quinto pola dereita da fila de abaixo, pero ademaís e o unico desa fila que ten lentes.
    Boas noites

    ResponderEliminar
  9. A mín tamén me suspendéu o Buján nun exame de conducir. Cando me mandóu parar, eu miréi interrogativamente ao meu monitor, pra que me dera un sinal de si aprovara ou suspendera. Él fíxome un xesto como dándome a entender que non tiña nin idea.O tipo era moi arbitrario. Hasta que omonitor non leeu o acta non soubo que estaba suspenso porque non lle cedera o paso a unha señora que camiñaba por a acera e que, según él, se dirixía a un paso cebra nun semáforo en intermitencia.

    O músico Suso é o falecido Suso, que tocaba o saxo ,que tocóu con Abuña Jazz?????.

    ResponderEliminar
  10. Etxe o seu caso non é o meu. O seu caso é como o de Freud, e inclusive Rockefeller. Intentarei engadirlle máis nomes de persoeiros moi destacados que tiñan a lateralidade trabucada, e non sabian con certeza cal era unha e cal era a outra.
    O meu caso é máis pedestre, anxelis acaba de darme a regla fundamental, o cal agradezo. Aínda así algúns xornalistas usan referencias contrarias.

    O da lateralidade é a hostia, vostedes comprenderán mellor que hai persoas que a teñen cambiada se lembran que outras persoas en troques da lateralidade teñen cambiado o sexo, que é ben máis fodido. Eivas deste tipo que pasan desapercividas hainas a eito.

    ResponderEliminar
  11. Apreciado señor XDC: efectivamente ese Suso, o amigo Suso, foi un dos integrantes de Abuña jazz. Como sempre di o noso bo amigo José Francisco R.B. cando se refire a el,"un saxo soa no ceo".
    Por outra banda, eu tamén padecín ao señor Buján como examinador do carné de conducción. Suspendeume tres veces consecutivas:a primeira polo mesmo que indica o señor Etxe un pouquiño máis arriba. A segunda,algo semellante ao que lle pasou ao señor XDC e a terceira porque, como le dixo ao meu monitor,eu aínda era moi novo e tiña tempo para aprobar! Indicar que á semana seguinte, sen el no coche, aprobei.

    ResponderEliminar
  12. Pois imaxinade un paxariño que teña as duas lateralidades cambeadas. A do "dereita-esquerda" e a do "arriba abaixo". O probiño non sae do nio.

    O señor Etxe non ten problema pra conducir por a dereita. Ao sacar o coche do garaxe, sinxelamente vai atrás dos outros. Como fago eu cando vou á misa. Nunca aprendín cando hai que levantarse ou sentarse,fago coma os outro. O malo é si o Etxe sae a rúa e non hai ningún coche. Entón sí que é perigo.

    ResponderEliminar
  13. Non sei se leeron o libro "izquierda y derecha en el cosmos", de Martin Gardner. Delicioso:PREMER. É unha colección de artigos sobre diferentes ámbitos, física,anatomía, psicoloxía, cosmoloxía, nos que se trata de xeito profundo e intelixente o que parece unha chorrada pero en realidade non o é.

    ResponderEliminar
  14. Tiñan vostedes que examinarse do carné en Vigo, e para máis inri co famoso Paco Suspensos, como me pasou a min.

    ResponderEliminar
  15. Non recoñezo ao Suso nin ao Quique.

    ResponderEliminar
  16. O certo é que o Buján tivo, comigo, razón.
    Non só confundín a dreita coa esquerda senón que cheiraba a licor café.
    ¿Lembran a época en que es facía o teórico, dábanche o resultado no momente e logo a esperar a que che tocase o turno para examinarte, no bar da esquina enfronte da estación?
    Pois nos, arrichados mozos de 18 anos, puxémonos a copas de licor ás nove da mañá coa felicidade de ter superado xa a metade do carné. Creo que ás once cando me tocara examinarme levaba tres ou catro. Non moitas, pero excesivas, sen dúbida.Fixo ben.

    ResponderEliminar
  17. para etxe
    QUIQUE PEDRIDO, na primeira fila superior, primeiro da esquerda da foto.
    SUSO O MÚSICO, segunda fila dende abaixo, primeiro da dereita
    os dous inconfundibles

    ResponderEliminar
  18. IDENTIFICADOS NO BLOG OURENSE NO TEMPO. Copio

    A fotografía é doutro grupo de estudantes de Maristas, quen ma envía naceu no 57, pero como xa sabedes naquela época, os cursos formábanse pola data de nacemento, (Ex. Setembro 57 a Agosto 58, ou Setembro 56 a Agosto 57).
    Eu só recoñezo a Ricardo (primeiro pola esquerda na segunda fila) que foi quen ma presto, aos demais teredes que axudarme vós a identificalos.
    Sen confirmar penso que na primeira fila esta un dos irmáns Nogueiras, e con moitas dubidas Pepe Machicha.
    "Fila de arriba de izquierda a derecha
    QUIQUE PEDRIDO - VALENCIA - CARBAJALES - ? - Santiago Corral - ? - PABLO-NOGUEIRA ALVAREZ - JAVIER PAZOS - ALEJANDRO DE LA FUENTE QUINTELA - Cobo
    SEGUNDA FILA
    RICARDO BLANCO NESPEREIRA - JOSE ANTONIO PEREZ FDEZ. - Eladio? - TABOADA - RAMON PETER CACHAFEIRO - Cabrera - DE MIGUEL - ?- CAMILO SINFORIANO REBOLLEDO - MARCOS VALCARCEL LOPEZ - ? - ?
    TERCERA FILA
    BENJAMIN - ? - EXPOSITO - ?- RICARDO CEBREIROS - LLAMAS -?- ALEJANDRO - ? - ? - ? - SUSO
    CUARTA FILA
    Jose Francisco Rey Barahona - NOVELLE-ELADIO - ? - Miguez - CARRERA - FERNANDO FERRIN CALAMITA - UBALDO - ? - ? - REY"
    Remitido por Ricardo Blanco Nespereira, ( asi me gusta, o traballo ou se fae ou non se fae)
    Gracias Ricardo
    As achegas en azul, son de Don José Francisco Rey Barahona e remitiumas o amigo Xosé Lois Carrión, tamen informan que a fotografía corresponde o curso de 1º, no ano 1968-69.
    Doulle as grazas aos dous por botar unha man.

    ResponderEliminar
  19. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  20. Con perdón O Sr. Calamita estudou en Maristas Ourense uns anos, pero non e ourensá, si non lembro mal, e Zamorano de nacemento.

    ResponderEliminar
  21. Javier Gómez de Liaño y Botella, orensano de nacimiento (Orense, 1948)

    ResponderEliminar
  22. Ola!, quixen entrar no blog Ourense no tempo e en todos os buscadores aparece o aviso: "este sitio pode estragar a súa computadora". Pode alguén avisar o administrador? Non tiña noticia deste sitio e paréceme unha mágoa non poder visitalo.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  23. En resposta o post anterior, son o administrador do blog http://ourensenotempo.blogspot.com
    e no vexo que ocurra eso que dís, nos principais, Google, Yahoo, etc vay perfectamente e sin ningún aviso de perigo, no msn, vieiros e hispavista, non existo, pero e por que eles non gustan de arrimar audiencia os blogs de blogger.
    De todolos xeitos se continua a ver ese mensaxe por favor comuniquemo.
    Desculpe Sr. Valcarcel por abusar do seu blogue.
    Un Saudo e grazas.

    ResponderEliminar
  24. de UBALDO ÁLVAREZ TORRE,
    REENVIADO POR MONXARDÍN, MÁIS IDENTIFICACIÓNS.
    2) O Ubaldo Alvarez Torre, compañeiro teu de Maristas, escribiulle ao meu cuñado Juan a propóstico da foto de grupo dos maristas que colgaches. Rebótocho por se che serve prás identificacións...

    ...hay muchos nombres que los tengo "en la punta de la lengua" pero no logro "escupirlos", pero alguno me va saliendo
    .
    Francisco Rey Barahona es el del extremo de la derecha de la fila inferior. A su lado está Manuel Cobo Arias. Y el que está entre éste y yo (que no estoy casi al lado, sino totalmente al lado de "Ferrín") es, si mal no recuerdo, Manuel Carballal.

    Todavía en esa fila, ahora empezando por la izquierda, el 2º creo que es Gutiérrez, el 3º, aunque su cara está borrosa, creo que es Francisco Coello Delgado (afable, conversador y bonachón donde los haya; también le guardo muy buen recuerdo y aprecio), y el 4º es Lovelle (no Novelle).

    A la izquierda de Marcos, derecha mirando la foto, está José Manuel Losada López. Compartía con él, entre otros, el regreso a casa, porque como yo vivía lejos (o sea, ¡a 15 minutos!). Recuerdo que le gustaba el boxeo y quería que entrenase con él.

    Me van saliendo algunos nombres más. Por ejemplo, en la 3ª fila empezando por arriba, el 3º por la derecha es Venerando Outeiriño. En esa misma fila, Eladio es el que está entre Manuel Expósito y Cebreiros. A continuación está Llamas, como dice el blog y a su lado está Cabrera.

    Con más dudas, creo que el que está a continuación de J A Perez Fdez es Saco, y en la fila superior, el 6º por la izada, antes de Pablo, es Julio Cabanelas.

    Bueno, tengo que dejarte.

    ResponderEliminar
  25. Ha sido una grata sorpresa descubrir este Blog y escontrar esta foto de mi primer año en los Maristas. Me fui de Orense con 18 años y no he vuelto a ver a nadie, voy recordando a medida que los citais. Un abrazo para todos. Cebreiros

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.