
La Region 16-01-2009.
Modelos. Cando estamos aínda empezando a albiscar o que supón a crise económica e financeira, é obvio que hai que reflexionar e cambiar de modelo. A crise afecta xa ás potencias emerxentes como China e Brasil e as súas consecuencias no Terceiro Mundo serán desoladoras. O mundo non é un chicle que se poida estirar ata o infinito sen rachar. Os recursos son limitados e empeñámonos en camiñar cara un desenvolvemento sen límites. Págao a natureza, o medio ambiente, en forma de contaminación, cambio climático, extinción de especies Hai que limitar os excesos da globalización, crear cidades de tamaño medio e recursos e enerxías sostibles, revalorizar o mundo rural e producir sen tóxicos nin pesticidas, causantes logo de enfermidades ambientais que non somos quen de controlar. Non o debemos facer moi ben, á vista dos resultados. Deámoslle unha oportunidade ás xeracións que veñen detrás.
(Na imaxe pedras erosionadas, As Cíes)
Comparto con vostedes este video que veño de atopar en iutube. Un inmigrante senegalés advirte aos seus compatriotas de que non veñan a España, que aiquí non hai nada:PREMER.
ResponderEliminar"Saludos, xente de Senegal,chámome Serigne e son de Touba. Viñen a España no 2006 en patera. A patera é moi dura, moitos morreron. En España, sin papeles non hai traballo, e os papeles son moi difíciles de conquerir. A única saída é a venta na rúa, pero a xente non compra nada, e mírate mal. E hai moitos problemas coa policía. Aiquí, gano menos do que gañaba no meu traballo en Senegal, teño menos do que tiña en Senegal. Moitos compañeiros pasan fame e teñen que dormir na rúa. Os que estén pensando en vir, que o pensen ben, é mellor que non veñan, porque aiquí non hai nada, nada, nada. Saludos."
Algo terá que ver coa crisis, digo eu.
Esquecín transcribir esta frase, que tamén ten a sua importanza: "Non temos pra pagar o viaxe de volta a Senegal".
ResponderEliminar