20 ene 2009



Ós que deteñen a súa mirada en nós.
Graciñas, grazas... outra vez.
(Ós outros mellores 2008, parabéns).



Fervenzas Literarias :



Tras case un mes de votacións e con case o dobre de participantes que na edición do pasado ano, xa están dispoñibles os resultados de O mellor do 2008. Queremos dar as grazas a todos e a todas os que participaron nesta enquisa e os nosos parabéns aos gañadores.
O mellor do 2008 segundo os lectores:
Mellor libro de narrativa adultos do ano: Festina lente (Xerais) de Marcos S. Calveiro.
Mellor libro de poesía adultos do ano: construcións (Positivas) de Eduardo Estévez.
Mellor libro de ensaio adultos do ano: Os Grouchos (Xerais) de Manuel O'Rivas.
Mellor libro para adultos traducido ao galego do ano: Lolita (Faktoría K) de Vladimir Nabokov.
Mellor libro xuvenil do ano: O libro das viaxes imaxinarias (Xerais) de Xabier P. Docampo.
Mellor libro infantil do ano: Das novas cousas de Ramón Lamote (Galaxia) de Paco Martín.
Mellor libro infantil e xuvenil traducido ao galego do ano: Un casoiro ben mal amañado (Sotelo Blanco) de Bali Rai.
Autor/a do ano: Marcos S. Calveiro.
Mellor ilustrador/a do ano: Xosé Cobas.
Mellor portada adultos do ano: Pan e coitelo (Galaxia).
Mellor portada infantil/xuvenil do ano: O libro das viaxes imaxinarias (Xerais).
Mellor editorial do ano: Xerais.
Mellor crítico/a literario do ano: Ramón Nicolás.
Mellor iniciativa literaria do ano: Cultur.gal
O mellor acontecido no 2008: Premios Nacionais/Recoñecemento a Xusto Beramendi e a Agustín Fernández Paz.
O peor acontecido no 2008: Consellería de Cultura e Deporte.
Mellor libraría: Libraría Arenas (A Coruña).
Mellor medio de comunicación: Diario Cultural de CRTVG.
Mellor blog: As uvas na solaina.

7 comentarios:

  1. Campeooones oeeeeeeeeeeeeeeee
    campeooones oeeeeeeee
    campeoones oeeeeeeeeeeeeeee
    capeoones eee o eeee


    (mi re mi do mi reee
    re do# re si re doooo
    mi re mi do mi faaaa
    sol fa mi do re si doooooo)

    ResponderEliminar
  2. Parabéns, Marcos. Unha vez máis máis, o pobo é sabio, quem máis ordena...
    Apertas fondas.

    ResponderEliminar
  3. "O peor acontecido no 2008: Consellería de Cultura e Deporte."

    HA HA HA!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Eu non sei que é o peor nin o mellor, pero debo dicir que me econtro moi a gusto nesta casa.
    Gracias, don Marcos, e todos os concorrentes.

    ResponderEliminar
  5. Vostede, o mesmo que me coñece, dixo que ía saír do armario. Qué, que quentiño se está na casiña, ca estufa, e escribindo do divino e do humano?. Seña home, diga en alto que lle gustan o viño e as mulleres -póñao na orde que queira, eu falo por min-, que anda todo bastante fodido, e que lamentablemente ZP, e o seu cónsul en Monte Pío non dimiten, e por riba convocan elecións para gañalas de calle.
    Destápese, reivindique un parque eólico, fágase de Galicia Bilingüe, anime ao Medela a retirarse, métase co Apicultor por mandamais, chámelle facha ao XDC, xuntaletras ao Etxe, guaperas ao Arume, Lobo ao Lobo, e a mín pódeme chámeme o que queira, xa me dixeron de todo.
    Non se preocupe, todos perdoan, pero non olvidan.

    ResponderEliminar
  6. Picapleitos, que é Iacobus.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.