5 feb 2009







Contos.
pan por pan 5-2-09

Estivo nos Encontros Literarios do Liceo Bieito Iglesias. Coa súa brillantez de sempre, falou do conto popular e do conto literario e fíxonos rir a esgalla varias veces. Detívose nos seus contos preferidos como esa marabilla que é ‘A señorita Cora’ de Cortazar. Neste relato un adolescente está ingresado nun hospital para ser operado de apendicite; Cora, a enfermeira, ten que afeitarlle o pube para a operación e o rapaz, avergoñado, imaxina que lle crava vinte veces un puñal á enfermeira. O Bieito tamén contou un motivo oculto polo que gusta tanto deste conto. De neno, eivado, o futuro escritor era levado ó lombo ata o colexio pola súa avoa. Non había baños daquela, íase ó monte. Cando o neno tiña necesidades, a mestra encargaba as dúas rapazas máis fortes da clase que o levasen fóra colléndoo en brazos. Na infancia do noso amigo había, pois, dúas señoritas Cora.

3 comentarios:

  1. Bieito Iglesias (que, malia os seus apelidos non ten nada que ver con Ratzinger) parece home de cazadoras e camisas de leñador Husqvarna.
    Mágoa non ter máis tempo para ler as súas novelas e os seus non menos interesantes contos ourensaos, ou as súas traducións.

    ResponderEliminar
  2. Amigo MS, non sabe vde o que se perde.

    ResponderEliminar
  3. Magoa non ter chegado a Ourense á hora debida para deleiltarme co home do Ribeiriño das Caldas - Vilarchao de Coles.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.