13 feb 2009


DENDE A PALABRA, DENDE O CORAZÓN (PRIMEIRAS ANDOLIÑAS)

O próximo domingo, día 15 de febreiro, o xornal GALICIA HOXE agasallará a todos/as os seus lectores cun exemplar de
DENDE A PALABRA, DENDE O CORAZÓN (PRIMEIRAS ANDOLIÑAS),
unha escolma do primeiro ano da miña sección nese xornal, outubro 2003-outubro 2004, antes de abrir o blog.
Son un total de 180 artigos de moi variada temática, enriquecidos cun fermoso e xeneroso limiar do amigo Afonso Vázquez-Monxardín.
Moitas grazas dende aquí a Caetano Díaz, a Miguel Seoane e a Afonso.
Reserven o seu exemplar no quiosco. Se lles parece.

11 comentarios:

  1. Xa o deixamos reservado no quiosco habitual.

    ResponderEliminar
  2. Poreino a vista e lerei desordeadamente nel, sen contar os días.

    ResponderEliminar
  3. Outro libro mais na biblioteca
    Será lido de corrido

    ResponderEliminar
  4. Por favor, señores, contención, non se me amontonen, que o quiosco é pequeno...

    ResponderEliminar
  5. Non o dubido, lereino : será gorentoso...

    ResponderEliminar
  6. Eu xa o teño. O Galicia Hoxe có libro do Marcos, O Magazine coa película "Unha habitación con vistas", e o fascículo coa "Coroa da Inmaculada COncepción" da colección de rosarios, para a miña aboa de 97 anos, e que lee con fruición , eso sí, con gafas.
    Dimanche matin...

    ResponderEliminar
  7. Un libro de edición sobria pero digna, cunha letra (Benito, atende!!!) que se le perfectamente. As andoliñas cobran nova vida e a escritura do Marcos vese máis transparente ca nunca. O prólogo do Monxardín, moi acaído. Mágoa que non leve índice.

    Agardamos por un segundo volume.

    ResponderEliminar
  8. ¿De que serve que se lea a letra nun libro?
    Se cadra era mellor imprimir con tinta branca sobre fondo branco.
    A creación pura pola creación pura. Sen pensar na obra, sen pensar no lector... Acaso pensou deus este mundo para facelo? Non seremos só tinta negra sobre fondo negro cunha luz de esguello que permite ás veces albiscar retallos de palabras dispersas?

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.