
A barra lateral dereita do blog indícanos os seguidores que temos. Un importante número, polo menos de amigos, declarados. A todos, declarados ou non, moitísimas, sobremaneira a Camilo de Allariz, que sabemos del polo seu caderno dixital, Desbarres. Nós Camilo non só te lemos, tamén te queremos.
Apertas, moi fortes.
Que surpresa mais agradábel vir do bar de ver gañar o Barça (hoxe, Arume, tivemos a sorte dos campións e dos penaltis da nosa parte, aínda que eu confiei até o último segundo na "remontada épica" pasada pola elegancia de Iniesta) e atoparse co Camilo. Un home ben sensato, xeneroso, boa xente, cheo de vida e amante da sabedoría. Unha aperta para o Camilo desde a euforia da vitoria culé.
ResponderEliminarPero vostede escribe desde as Ramblas: nótaselle na gorxa.
ResponderEliminar